Concentración diante do CEIP Ana María Diéguez de Asados

10 Set

IMG_0383

Como esta previsto, a primeira hora desta mañá o curso escolar non comezou para as nenas e nenos de Asados. Pola contra, foron os pais os que acudiron ás portadas do centro para reinvidicar o que lles corresponde por lei, un mestre mestre especialista en Audición e Linguaxe para que os cativos estean ben atendidos. Ao tempo, tampouco se dota dun mestre de apoio como correspondería ao novo número de unidades de infantil.

Seguir lendo

Duarte Galbán, xefe de produción e guionista de Gafas e Pallaso: “Nunca pensamos que a nosa webserie tería esta repercusión”

10 Set
gafasepallaso

Duarte Galbán (con gravata) co resto do equipo da webserie. Cedida.

Na web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.

Seguir lendo

Os nenos do CEIP Ana María Diéguez non irán ao inicio do curso escolar

9 Set
ANPAAsados

Imaxe de canalriasbaixas.com

Dende a Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” do CEIP Ana María Diéguez de Asados coméntanos que onte decidiron, nunha reunión, non mandar mañá aos seus fillos á presentación do curso escolar. Nesta xuntanza estivo un representante do CEP de Taragoña (con que comparten o mestre especialista en Audición e Linguaxe), ademais de membros do Concello, o BNG, o PSOE e Rianxo en Común.
Seguir lendo

Todo listo para a Guadalupe 2015

9 Set

Todo listo para comece unha das mellores festas de Galicia. Todo preparado para 8 intensos días de festas que lle poñen o colofón ao verán. Chega a Gualudape 2015!

Seguir lendo

O CEIP Ana María Diéguez, sen cubrir as súas necesidades educativas

8 Set

Imaxe da ANPA Fonte da Revolta

A Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” vén de informarnos que despois das mobilizacións do pasado mes de maio, “as necesidades dos alumnos e alumnas do CEIP Ana María Diéguez seguen sen estar totalmente cubertas pola Xunta de Galicia”. Comentan que para este curso non se asigna “un mestre especialista en Audición e Linguaxe a tempo completo, como o precisan os alumnos e alumnas do Centro, e non dota dun mestre de apoio como correspondería ó novo número de unidades de infantil”.

Seguir lendo

Tanxil no programa “Aquí hai praia” da TVG

4 Set

tanxil

O programa Aquí hai praia, que percorre distintos areais de toda Galicia que se emite cada xoves na TVG tamén estivo en Rianxo. En concreto a parte relativa a Tanxil comeza no minuto 30:24. E, como non, os entrevistados falan de temas como o tipo de area que hai agora e tamén da lonxitude da nova praia, aínda que sen polemizar demasiado 🙂

O Rianjo FC

2 Set

c (126)

Se hai algo que me escoce é ver ou escoitar por aí Rianjo en lugar de Rianxo, porque ademais de soar horrible, non llo escoitei a ninguén do noso concello na vida. Pero vese que hai anos, na escrita, con outro réxime, era habitual escribilo así. Mirade senón este documento gráfico cedido por Manolo Franco, no cal se ve ao Rianjo FC.

Evangelina, 103 anos, e unha memoria prodixiosa

30 Ago

Evangelina (1)

É unha das persoas con máis anos do Concello de Rianxo. Igual ata é a que máis, pero iso non o sabemos ao 100%. O que si, para os anos que ten, está estupenda. De feito, non fago máis que repetirlle que coñezo xente de setenta e pico anos que está peor ca ela. Ela, Evangelina Frieiro Varela, rise e dime que foi unha lástima que non a collese cunha roupa mellor, para disimularlle as engurras da gorxa. Vamos, que xa que lle saco as fotos, que saia o mellor posible.

Seguir lendo

Foto antiga da rúa do Medio

30 Ago

15-11-2009 10-46-32_0340

Velaquí unha fodo que nos cedeu Manolo Franco da rúa do Medio, onde podemos apreciar o antigo bar Ela e tamén, en fronte, a terraza do Feliciano.

Praias de Rianxo: A Torre

29 Ago

torre1

Velaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.

Seguir lendo