A última vez que coincidín con ela foi hai 7 anos. Daquela, ao igual que nesta ocasión, eu ía en bicicleta de montaña cara ao miradoiro do Pico Muralla.
O Rock in Rian 2021 celebrarase en agosto
8 Abr
É un dos festivais máis coñecidos na comarca e que cada verán atrae a miles de persoas, tanto pola calidade dos grupos que veñen como porque ano tras ano, dende a organización, traballan para que sexa gratuíto. É o Rock in Rian, un festival de música que este ano se deixa de celebrar durante a semana das festas da Guadalupe, como viña a ser habitual.
Old Memories Tattoo e RodaRianxo, dous novos emprendedores para novos tempos
7 Abr
Houbo un tempo no que se preguntásemos polo tipo de negocios que había en Rianxo, todo o mundo diría que “bares”. Curiosamente moitos foron baixando as persianas. E agora incluso dá pena pasar por algunha rúa, onde tamén pecharon tendas de toda a vida. Por iso, que en plena pandemia, dous emprendedores se animen a abrir un negocio na vila, é de agradecer. E se aínda por riba é un negocio diferente dos habituais, a sorpresa é aínda maior. Eles son Sandro García, de Old Memories Tattoo e Xoán Silva, de RodaRianxo. Se nestes días que fai bo queredes alugar una bici, podedes facelo a través da web de MercaRianxo. E se queredes facervos unha tatuaxe (dicirvos que a día de hoxe ninguén lles pediu gravar sobre a pel a Rianxeira), podedes pasar polo Subcampo de Rianxo ou ben mandarlles un whatsapp ao 637227646.
Información e respostas sobre a Tarxeta Benvida da Xunta de Galicia
12 OutEste ano tiven unha nena. Foi no mes de abril, en pleno confinamento. Co cal tiven tempo de buscar información sobre as diferentes axudas coas que contamos os pais. Unha delas é a Tarxeta Benvida, ofrecida en Galicia pola Xunta.
Fotos do entroido de Taragoña 2020
7 Mar
Outro ano máis o mal tempo fixo que o concurso de carrozas se atrasase. Nesta ocasión houbo sorte e só tardou unha semana en volver o sol. Algúns, incluso aproveitaron para ir fresar e, de paso, unirse á comitiva 😀
Superadas as expectativas na inaguración do Mirador do Pico Muralla
25 FebA semana pasada inaugurábase no alto do Pico Muralla un mirador que medios como a Cope chegaron a definir como “un dos mellores de todo o Noroeste da Península”. Encravado entre Lousame e Rianxo, buscaba converterse nun referente turístico dentro do Barbanza, como tamén o é o mirador da Curota.
Carrozas no entroido de Rianxo 2020
24 Feb
O bo tempo permitiu que a animación na rúa e as ganas de festa non faltasen neste entroido. Como tampouco os premios, que foron ben xenerosos coas carrozas gañadoras. Facemos un repaso do visto onte en Rianxo.
Entroido no colexio de Rianxo 2020
21 Feb
Todos os anos centos de rapaces desfilan polas rúas de Rianxo dándolle a benvida ao Entroido. Este ano o tema escollido dos disfraces é o cambio climático, unha mensaxe para concienciarnos de que de seguirmos así estamos poñendo en risco o Planeta.
A Patrulla Caprina, unha oportunidade para o monte e para o futuro
20 Feb
Dende hai uns días nos montes de Taragoña habitan novos veciños. En concreto cinco cabuxas, un castrón e varios cabritiños. Son a punta de lanza dun proxecto posto en marcha polo movemento veciñal Fousas ao Monte e que supón unha oportunidade para o monte. Seguir lendo
Resultados das eleccións xerais de novembro de 2019 en Rianxo
11 NovAnalizados os resultados das eleccións xerais de novembro no concello de Rianxo, a pregunta que nos facemos moitos é: cambiou moito o voto? Hai partidos que gañan e que perden votos. Vaiamos cos titulares:


