Como eran as imaxes da capela do cruceiro de Meiquiz antes do roubo

6 Xul

meiquiz001

Queremos agradecer a José Luís do Pico Orjais que nos pasara esta imaxes a raíz do post sobre o cruceiro de Meiquiz. Pertencen a unha colección de fotografías realizada polo profesorado e polo alumnado do colexio Brea Segade de Taragoña.

Trátase de instantáneas realizadas antes do 2002, aínda que non sabemos a data concreta. De todos os xeitos, grazas a elas pode apreciarse claramente como eran as tres figuras roubadas.

Seguir lendo

O veleiro Joaquín Vieta en Rianxo

6 Xul

_MG_0656

Dende o 30 de xuño e ata o 5 de xullo estivo en Rianxo o historico veleiro Joaquín Vieta para uso e desfrute de quen quixera dar un pequeno paseo pola ría de Arousa. Nós non quixemos perder a oportunidade e embarcamos o venres nesta singular singradura que só poidemos desfrutar polo interior da ría, debido ó mar picado que tivemos esa tarde.

Seguir lendo

O cruceiro de capela de Meiquiz

5 Xul

cruceiromeiquiz2

En Rianxo temos moitos e moi variados cruceiros. Un dos máis antigos está na aldea de Meiquiz, en Leiro, e data de 1651. É dicir, que ten máis de 350 anos de historia ás súas costas. Curiosamente, foi hai non moito tempo, o 1 de maio de 2002, cando sufríu o roubo das imaxes da súa pequena capela.

Seguir lendo

De Taragoña a Rianxo en kayak

4 Xul

varias 002 Grazas a D’Fábula Ocio puidemos desfrutar dunha experiencia estupenda, xa que durante toda unha mañá nos cederon dous kayaks para poder fotografar parte da nosa costa. A verdade é que dende o mar as cousas se ven dun xeito moi distinto e, para os que acostumamos a andar máis por secano que por zonas de mollado, é algo sorprendente. Un punto de vista novo das cousas que coñeces.

Seguir lendo

Entrevista a Óscar Reboiras

1 Xul

_MG_0547

Once da mañá do domingo despois da romaría de San Pedro. Aproxímome ó Toffe, onde quedei con Óscar para comezar a mañá. Vese que está algo impaciente, pois xa ten o zume de pexego a medias e normalmente é el quen chega tarde (eu son máis puntual….).

Pido un café con leite con xeo para coller forzas e logo de falar un par de cousiñas para ir tranquilizando ó xefe. Decidimos facer a entrevista na contorna do muíño da Laxe, en plena ruta do río Té.

Seguir lendo

Fotos de San Pedro de Vilas 2015

29 Xuñ

IMG-20150627-WA0016

O pasado sábado 27 de xuño, baixo un sol de verán duro e a sombra das árbores de Vilas, tivo lugar a romaría de San Pedro. Nesta ocasión o día non amenceu cun torrente de auga, como si acontecera no 2014. E tendo a opción de ir á praia, moitos rianxeiros decidíronse por unha festa no monte cun encanto que non atopamos noutras celebracións.
Seguir lendo

Festas de San Pedro de Vilas 2015

25 Xuñ

Este sábado 27 de xuño terá lugar a romaría de San Pedro de Vilas de Asados, con música e festas ata a madrugada e todo nun escenario incomparable, en pleno monte.

sanpedro

Viaxa gratis no veleiro máis antigo de Galicia

24 Xuñ

cartaz_vieta_web

Do 30 de xuño ao 5 de xullo tes a ocasión de poder desfrutar dun paseo pola ría de Arousa a través do Joaquín Vieta, o veleiro máis antigo de Galicia. A travesía é gratuíta e forma parte dunha acción da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

En concreto, dende o noso concello haberá saídas neste histórico barco tres veces ao día: unha pola mañá (12.00 horas) e dúas pola tarde (15.00 e 18.00 horas). O veleiro realizará unha ruta náutica pola nosa ría para dar a “coñecer o patrimonio vinculado ao mar”. A duración da ruta é de 2 horas máximo.

Para apuntarse hai que ir ata a oficina de Turismo de Rianxo. Máis información a través da Mancomunidade no 981 845 236.

Imaxe

Mariñeiros con Rinlo de fondo

23 Xuñ

Juan José e César, Os Resotes.

04-01-2010 18-16-37_0560

Primeiro día do verán

21 Xuñ

Chega o 21 de xuño e con el aparece de xeito oficial o verán. Xa levaba con nós uns días, iso si, pero hoxe a calor seguiu pegando duro, superando os 30 graos. Así que moitos rianxeiros e outros que veñen de concellos próximos decidiron estrear praia e botar man da sempre fresca auga da ría de Arousa, aínda que moitos non chegamos a ir máis alá dos xeonllos, por medo á conxelación 😉