Hoxe queremos difundir as imaxes que nos pasa un lector do blog sobre uns rexistros eléctricos que hai no recheo de Rianxo. Non sabemos se están conectados á luz ou non, pero non teñen ningún tipo de protección, polo que están expostos ao aire e a que calquera os poida tocar. Actualización: dende o Concello xa nos comunicaron que se van poñer en contacto con Portos, xa que esta zona depende deles. Seguir lendo
Os máis bailongos de Rianxo
28 SetHoxe queremos adicarlles este post ao grupo de rianxeiros marchosos que sempre animan as festas. Son varios veciños de diferentes parroquias que enchen o campo coas súas coreografías.
Fotos do I Trial Concello de Rianxo: a proba dos adultos
27 SetO 21 de setembro tivo lugar nos montes de Leiro a segunda das xornadas do I Trial Concello de Rianxo. Era unha proba puntuable para o campionato galego e os maiores dérono todo, cunhas vistas e un tempo moi de agradecer. O evento foi posible grazas ao Sabadell, o Concello de Rianxo, o Toffe, talleres Milocho e moitos outros colaboradores.
Fotos do I Trial Concello de Rianxo: os nenos
27 SetGrazas ao Banco Sabadell, ao Toffe, ao Concello de Rianxo, a talleres Milocho e ao clube de Trial de Teo, entre outros, en Rianxo puidemos desfrutar dunha proba de trial valedoira para o campionato galego. Velaquí algúns dos momentos da xornada do sábado 20 de setembro, cando participaron os máis cativos.
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro
26 SetEste ano, o feirón mariñeiro foi o domingo. E o ambiente foi inmellorable. O sol e as ganas de festa fixeron que todo Rianxo saíse a celebralo.
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o último día
25 SetAquí tedes as fotos do, a priori, último día de festa, o venres das bengalas.
Seguir lendo
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: Rianxolandia e a festa da escuma
24 SetVelaquí o que deu de si a festa da escuma, que este ano cambiou de emprazamento. Pola súa banda, a carpa acolleu Rianxolandia.
O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro
22 SetUn dos momentos máis fermosos do feirón mariñeiro tivo lugar ás 8 da tarde na praza da Igrexa. Alí xuntouse boa parte do pobo de Rianxo para cantar unidos a unha voz a “Rianxeira”:
Como a xente pedía máis, os músicos animáronse e cantaron tamén “Rianxo, pájaro pinto”:
Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: os fogos artificiais
22 SetUn dos momentos das festas que conta con máis público é o domingo pola noite, cando podemos contemplar no porto o espectáculo pirotécnico.
















