Cartel das festas de Isorna 2014

20 Ago

Esta fin de semana son as festas de Isorna. Tocará a banda de gaitas Airiños do Río Vello, e o venres actuarán a orquestra Gran Vía e o trío Alba. Pola súa banda, o sábado 23 tocarán D’Tacón e o grupo M5.

isorna

Fotos do Festival Aleivosía 2014 (II parte)

19 Ago

aleivosia 062Volvemos con máis fotos do que deu de si o Festival Aleivosía organizado por Fogo Fatuo.

Seguir lendo

Fotos do XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía

18 Ago

aleivosia 002O pasado sábado, Fogo Fatuo organizou o XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía, no que participaron pequenos e maiores, o que dá boa mostra de toda a xente que move esta asociación sociocultural. 

Seguir lendo

Frases do arcebispo Santiago Agrelo

14 Ago

Fonte: Twitter

O noso veciño Santiago Agrelo, como todos sabedes, é arzobispo en Tánxer. É unha persoa que coñece moi ben o problema da emigración e todos os dramas que move. Temos preparada unha entrevista con el, pero antes pareceunos moi interesante recompilar aquí algunhas das frases que comparte nos seus perfís do Facebook e do Twitter, nun momento no que se fala tanto da emigración, pola chegada a Melilla e a tarifa de tantas persoas.

Seguir lendo

Deporte na Rúa 2014

14 Ago

DEPORTE-NA-RÚA-2014-ancho-600

Hoxe xoves, 14 de agosto, a partir das 20:30 h. na praza de Castelao celebrarase unha nova edición do Deporte na rúa, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3×3, fútbol 3×3, bádminton, xogos tradicionais, tenis de mesa…

Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness: zumba, spinning e remo-ergómetro.

As inscricións faranse na praza de Castelao no momento da actividade.

Mapas de Rianxo en 1939

13 Ago

Grazas ao arquitecto Carlos Coto e ao perfil no twitter de Urbanismo de Rianxo, puidemos saber o aspecto que tiña Rianxo hai uns 85 anos. A través destes mapas antigos, podemos ver as edificacións naquela época, así como as estradas:

Mapa de Rianxo en 1939:

 

Mapa de Taragoña en 1939:

Seguir lendo

XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía

11 Ago

AleivosíaO vindeiro día 16 de agosto celebrarase o XII Festival de baile e música tradicional Aleivosía. Será a partir das 21:30h na praza de Rafael Dieste (Rianxo). Participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía, cun total de 7 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 50 anos de idade, que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

O festival está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo e colabora o Concello.

“Irmán Daniel!”. O poema de Cabanillas a Castelao, cantado por Juan Pardo

10 Ago

Sei que é unha estraña mestura, pero aquí tedes esta canción en galego sobre a morte de Castelao, cantada por Juan Pardo.

A letra é orixinal de Ramón Cabanillas, o poeta de Cambados. Vese que vía a Castelao coma un irmán. A continuación, reproducimos a letra:

Seguir lendo

Festa do Mexilón de Rianxo 2014

9 Ago

Este sábado e domingo, 9 e 10 de agosto, celébrase a Festa do Mexillón de Rianxo, que chega á súa quinta edición. Conta coa colaboración do Clube de Remo de Rianxo, da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, da Xunta e do Concello, entre outros.

Hoxe, a partir das 20.00 horas, haberá degustación no Campo de Arriba. E mañá haberá unha andaina, para a cal se hai que apuntar nesta web, ademais de música e xantar a partir das 11.30 horas.

Cartel das festas de Asados 2014

7 Ago

Deixamos hoxe o cartel das festas de verán de Asados. Son esta vindeira fin de semana, do 8 ó 10 de agosto e estarán adicadas o venres a San Roque, o sábado ó Carme e o Domingo a Santa Ana.

Entre os grupos musicais teremos ao grupo De la Cruz Show (vellos coñecidos da romaría de San Pedro de Vilas), a orquestra Acordes Son de Swin e a disco móbil Troula. O venres e o sábado tamén haberá grupos de gaitas e o grupo Vai de Roda. O domingo pola tarde haberá unha festa da escuma e hinchables para @s máis cativ@s.

IMG-20140806-WA0000