Un ano máis, no pavillón de deportes de Rianxo, celebrouse o Día do Deporte Choqueiro, organizado pola Concellaría de Deportes. Aquí vos traemos algunha imaxe das actividades, xa que ademais de inchables os nenos puideron montar en triciclos, xogar a derribarse ou botar partidas en videoconsolas.
Entroido no colexio de Rianxo 2017
24 FebE aquí temos tamén os disfraces dos cativos de Rianxo. Baixo o lema da biblioteca, “Comer e ler, fante crecer” este ano desenvolveuse a temática desta celebración. Así que trunfou a cociña. Os galegos en xeral e os rianxeiros en particular somos de bo dente, así que don carnal tivo a súa particular homenaxe a través da comida, dos produtos típicos galegos e de programas que están a triunfar entre pequenos e non tan pequenos. E por suposto, ademais de bos alimentos, que na casa non falten grandes libros.
O Sal da Terra, a serie da TVG que ten lugar en Rianxo
9 FebOnte comezou na Televisión de Galicia “O Sal da Terra”, un programa que ten lugar en Rianxo.
Non é o típico formato de televisión, xa que é unha mestura entre serie de ficción, reportaxes e receitas cociña, pero a verdade é que está simpático. A idea xira arredor de Carmela, unha muller que se viu a vivir a Rianxo. Alí múdase tamén o seu fillo Berto despois de quedar sen traballo e sen moza.
Carmela podemos ver como visita o mercado de Rianxo, como vai mercar ao posto da Montañesa e tamén como visita diferentes postos no mercadillo na praza da Guadalupe. Ademais, tamén vai coñecer o Museo do Mar, onde lle explican a arte tradicional do xeito, coa que se pescan as xoubas.
Como curiosidade, indicar tamén que colaboraron varios compoñentes do grupo de Teatro Airiños. En concreto Raquel, Xián, Ramona e Saro.
Os nenos de Asados cantan aos Reis
6 XanPrecioso o vídeo no que cantan os cativos de 6º de educación infantil do CEIP Ana María Diéguez de Asados. Interpretan a canción “Metido nun ovo” con música da Charanga Vai de Roda. A montaxe e gravación foi realizada por Fachico Gómez.
Rianxo dende o espazo: como evolucionou dende 1984 a 2016
4 DecGrazas a Google Earth Engine temos a oportunidade de ver como cambiou Rianxo nestes últimos 32 anos. Podemos ver dende o aire como foi a evolución dende 1984 a 2016, como se constrúe a autovía do Barbanza, o polígono de Te, as vías do AVE, como medra o porto de Rianxo…
Convidámoste a ver este timelapse:
Un veciño de Rianxo, en First Dates
1 NovJosé Ángel, un veciño de Rianxo de 20 anos, foi un dos protagonistas do reality de citas “First Dates”, que cada noite emite a canle Cuatro. Acudiu ao programa de onte na busca do amor. Tería sorte? Podes ver un adianto pinchando sobre a imaxe, ou ben o programa completo aquí.
Encontros de folclore en Rianxo
28 Out
Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: o último día
18 SetO último día das festas da Guadalupe comezaba co festival de música Rianxo on Fire, que tivo lugar ao lado da praza da Manuela. Moi preto, centos de pais acompañaban aos máis cativos nas atraccións, mentres miles de persoas tomaban algo nas terrazas ou bailaban na praza de Castelao.
Fotos das Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: a festa da escuma
18 SetDucias e ducias de rapaces e non tan rapaces xuntáronse na praza de Castelao para celebrar a festa da escuma. Como curiosidade, dicir que este ano a escuma era diferente. Non tiña tanto volume, polo que non cubría a xente e era máis divertido moverse e xogar. Vamos, que os pais de seguro que o agradeceron.
Fotos das Festas da Guadalupe 2016: o feirón mariñeiro pola tarde-noite
17 SetXa está aquí a segunda parte das fotos do feirón mariñeiro, cun mometo moi emotivo, cando todos os veciños se xuntan para tocar A Rianxeira, o Pájaro Pinto, A Camposa e calquera outra cancións tradicional que se poña por diante.






