Este pasado venres tivo lugar unha xornada moi especial no instituto Félix Muriel. Remataba o primeiro trimestre, entregábanse as notas e… tamén se realizaba a presentación do libro Creadores de Rianxo. Pero non se fixo de calquera forma, senón da mellor posible, intentando establecer un vínculo entre os rapaces e os creadores, para que estes lles puidesen contar a súa experiencia, o seu traballo, e os mozos puidesen preguntar coñecer de primeira man como se documenta un historiador, como alguén compón música, redacta un libro…
Manuel Vicente “Chapí”, o perruqueiro amante da música e da historia
21 Dec
La Voz de Galicia. Carmela Queijeiro
Hoxe recuperamos unha entrevista do ano 2000 a Manuel Vicente Chapí realizada por Fernando Sarasqueta para La Voz de Galicia. Foi autor de obras como Louvanzas e lembranzas rianxeiras ou Antoloxía poético musical rianxeira. Ademais, era o posuidor do único disco que se conserva a día de hoxe da canción “Ondiñas da nosa ría”.
Tiña unha perruquería na rúa do Medio. Coméntame un amigo que era todo un espectáculo ir cortar o pelo ao seu local, xa que de súpeto deixaba o traballo a medias e collía a guitarra para tocar ou compoñer.
Así que copiamos e pegamos a entrevista:
“A miña foi unha vida adicada á música e ó espectáculo”, di Manuel Vicente “Chap” cando se lle pregunta pola antigüedade da súa entrega ás artes e á cultura. E o seu, como demostra no libro recentemente publicado, Louvanzas e lembranzas rianxeiras, tamén é a literatura, en forma de poemiñas sinxelos adicados á súa vila e ós veciños, de composicións feitas a xeito de agradecementos por toda a materia prima que lle proporcionaron as xentes de Rianxo para vivir e, en última instancia, para escribir.
O rianxeiro Manuel Vicente Chapí é un home delicado de saúde. Pero coma o guerreiro das artes que en realidade é, aínda ten folgos para publicar dous libros -o último editado é Louvanzas e lembranzas rianxerias-, fundar un grupo de música, editar un disco e lle dar os derradeiros retoques a outro libro máis sobre os persoeiros da cultura da súa vila, obra lista para ir ó prelo.
_Vostede atópase máis activo ca nunca nestes últimos anos. Publica dous libros e funda e lidera a agrupación Chapí, ¿non é verdade?
_Si, é verdade. Saquei á luz dous libros e fundei o grupo.
_Respecto ó seu conxunto musical, tamén foi editado un disco hai pouco, ¿nonsi?
_Si, hai uns dous meses. Títulase Cantando a Rianxo.
_E agora o libro...
_Si, o libro Louvanzas e lembranzas rianxeiras.
_Fálelle un pouquiño ós lectores del, do que vostede incluiu nas súas páxinas.
_Si, en primeiro lugar, hai corenta poemas meus nos que louvo a Rianxo e ás súas xentes. Nun segundo capítulo, incluín composicións sobre as fermosas mulleres desta vila mariñeira. A continuación, hai unha serie de relatos en verso, coma o que conta a amizade entre a mariscadora María a de Xan de Tello e un gardapraias, ou a da historia do castelo da Lúa, tamén de Rianxo, pertencente á Orde dos Templarios.
_Pero hai máis, ¿non?
_É certo. Hai longos poemas adicados ó director de El Barbero Municipal, Xosé Arcos Moldes, o home que se afanou coma ninguén por mellorar esta vila.
_E tamén hai cancións…
_Si, unhas 55 cancións miñas, con letra e música.
_Poderíase dicir que este libro e máis o outro publicado, son unha recopilación de toda a súa obra.
_Polo menos da máis destacada. Teño máis cousas feitas pero hai algunhas delas que non poderán ver nunca a luz.
A igrexa de Rianxo, por Castelao
20 DecSabemos que Castelao ten moitos debuxos. Seguramente tantos, que non adoitamos relacionalos con Rianxo. Noutro post xa vos amosamos os dos escudos do concello. Hoxe queremos que vexades un par deles sobre a igrexa de Rianxo.
Non me digades que non está igual a igrexa de Santa Columba que hoxe en día:

O primeiro deles é do tímpano da igrexa de Santa Columba. A imaxe está sacada do blog de Xosé Comoxo:
E aquí a comparativa cunha foto da igrexa:
Outono cultural 2014 en Rianxo
27 Nov
O venres 28 de novembro, ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo, a obra “As do peixe”. Un espectáculo no que se rende homenaxe ás traballadoras da conserva. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.
Fotos do magosto do Araño (2014)
25 NovO pasado sábado, a Asociación de Veciños do Araño organizou un magosto popular na centro social. Había quilos e quilos de castañas asadas gratis. E prezos populares na cantina, con viños a 50 céntimos, refrescos, cervexas e chupitos a 1€ e combinados a 2,5€. O malo foi o mal tempo que acompañou durante ese día. Velaquí algunhas fotos da xornada. Tedes algunha máis en Rabunho Rexeita. Seguir lendo
As casas das cunchas rianxeiras
16 NovTodos coñecemos de seguro a capela da Illa da Toxa. A súa gran peculiaridade é que está cuberta de cunhas de vieira. Aínda que no noso concello esa solución non é habitual, si que temos algúns exemplos parecidos.
A que lle chaman “rianxo” en Ourense?
16 Nov
Faro de Vigo. Foto de Jesús Regal
Para nós Rianxo é o noso concello. A terra de grandes escritores, de bos músicos, de mellor xente, de grandes produtos do mar e da terra… Pero en Ourense, a palabra “rianxo” ten o seu propio significado.








