Archive by Author

Faleceu Andrés Lojo

8 Nov

24082013-varias 017

Onte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.

Seguir lendo

Rianxo, no programa “España, entre el cielo y la tierra”

1 Nov

rianxo

Nun dos programas de TVE, “España, entre el cielo y la tierra”, podemos ver un minutiño a Rianxo dende o ceo. O programa era sobre Galicia, pero no minuto 44:30 pasan por Rianxo.

O programa emitiuse por primeira vez o 17 de xullo de 2005, polo que podemos apreciar algún que outro cambio. O máis chamativo, sen dúbida, é o do porto, totalmente cambiado. Hoxe en día a distribución é moi diferente e non estaba tampouco o peirao da T.

Entrevista e fotos de Che Tembra, o ferreiro de Beluso

1 Nov

José Andrés Tembra Redondo (1955), máis coñecido como Che Tembra, o ferreiro de Beluso, é un artista do ferro. Nacido en Taragoña, onde tamén ten o seu taller e a súa forxa, dálle voltas e reviravoltas ao metal para transformalo en creacións artísticas. Algunhas delas xa as puidemos desfrutar no noso concello: viñetas de Castelao, personaxes rianxeiros, da cultura e da política, festas e celebracións, etc. A súa obra ten un marcado carácter galego, moi comprometido co noso. Coñecemos algo máis de Che.

Seguir lendo

O esteiro de Beluso dende o aire

23 Out

beluso

Entre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.

> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.

Incidente no XIII Autocros O Castro 2014 de Taragoña

17 Out

Alucinante o que pasou o outro día en Taragoña. Os pilotos deberían ter un pouco máis de coidado, porque xa é complicado o que pasa ao volante, como para poñerse a pelexar no medio da pista.

O garaxe máis curioso de Rianxo

17 Out

Velaquí un curioso e moi ben pensado garaxe. En realidade son dous. Atópanse na parroquia de Isorna e, como vedes, é amplo e colle perfectamente un coche grande e todo o que se vos ocorra. Antes eran remolques dun camión e agora están reaproveitados como un espazo para gardar vehículos. Un dos remolques era do Froiz e outro dunha froitería. Así que xa vedes, baratos e funcionais 🙂

varias 2 042

varias 2 043

varias 2 044

Xornadas da RAG sobre Castelao

16 Out

Como podemos ler na web do Concello, “comezan en Rianxo as xornadas dedicadas a Castelao que vai a organizar a Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra”. Inícianse hoxe, xoves 16 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo e continúan o 21 e o 30 de outubro.

Santiago Agrelo en “Galegos no mundo”

15 Out

O programa “Galegos no mundo” desta semana na TVG estivo en Tánxer. Así que falaron co noso veciño, o arcebispo Santiago Agrelo. A partir do minuto 42:20 podedes velo dando misa, na catedral ou no seu despacho.

agrelo2

Rianxo perde nunha década un 10% de persoas que sempre falaban galego

14 Out

galego

 

O noso segue a ser un concello de galegofalantes. Non obstante, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), nunha década Rianxo perdeu máis dun 10% de habitantes que usan o galego como primeira lingua.

Así, mentres no 2001 había un 96,77% de rianxeiros que dicían falar “sempre en galego”, fronte ao 2,18% que o facían “ás veces” e ao 1,04% que non o facían “nunca”, a cousa mudou. No ano 2011 (non sabemos que é o que pasa a día de hoxe) os que se comunican en galego sempre pasaron ser o 85,73%, fronte ao 14,27 que din falalo “non sempre”. O que non me queda claro é porque non se manteñen as opcións de “ás veces” ou “nunca”.

Se falamos dos municipios que están próximos a nós, onde máis baixou a porcentaxe de galegofalantes foi en Boiro. Aí baixaron un 20,89% (do 88,36 ao 67,47%).

En Lousame baixou un 12,89% (do 97,80 ao  84,91%). En Dodro a porcentaxe baixou en 10,73 puntos (do 97,30 ao 86,57%). Pola súa banda, en Padrón é onde menos se fala galego entre maiores de 5 anos. A porcentaxe entre 2001 e 2011 baixou nun 11,37% (do 70,58 ao 59,21%).

Da outra banda da ría, en Catoira a coua baixou en 14,67 puntos (do 84,36 ao 69,69%). Pero onde case non hai galegofalantes a tempo completo é en Vilagarcía, xa que no 2011 declaraban que só o falaban o 24,05% , fronte ao 36,8% da décad anterior.

Cursos de Vai de Roda para o 2014-15

8 Out

Velaquí os cursos que imparte Vai de Roda. Para máis información, podedes contactar co teléfono 654412094 ou co correo vaiderodarianxo@gmail.com