Cartel das festas de Leiro 2014
5 Out
Os días 10, 12 e 12 de outubro celébranse as festas de Leiro na honra da Virxe do Carme (xa se sabe que esta festividade se celebra ao longo de todo ano). Como gran novidade, destacamos ás 12 da noite do venres 10 o pregón a cargo do adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Que visto o visto, máis dun o está a botar de menos no Deportivo a día de hoxe.
Un par de horiñas antes comezará na parroquia de Leiro unha gran churrascada. E xusto despois do pregón terá lugar a actuación da orquestra Atenas. Á 1.30 haberá unha queimada gratuíta e sortearse un porquiño.
O sábado 11 será na honra de Santa Bárbara (agardemos que non trone). Ás 12.00 horas celebrarase Leiro Landia, ás 12.30 haberá misa, ás 13.30 festa da escuma, ás 17.00 horas partida de fútbol sala entre solteiros e casados. Ás 22.00 horas comezara a verbena con Triunfo, Marbella e De la Cruz Show.
O domingo 12, na honra do Carme, comezará un pasarrúas ás 10 da mañá da Banda da Escola de Música de Rianxo, actuarán tamén Aires do Río Vello, ás 12.30 misa cantada e procesión, ás 14.00 horas concerto da banda e, pola noite, ás 22.00 horas, comezarán a tocar as orquestras Filadelfia e Aché.
Actividades de Fogo Fatuo para o curso 2014-15
5 OutA Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza unha serie de cursos que comezaron este mes de outubro. Así, os que o desexen poden aprender a tocar a gaita ou a pandeireta, a bailar, ou ben mellorar na súa aprendizaxe.
Para apuntarse hai que escribir a fogofatuo@fogofatuo.es ou pasar pola rúa do Hospital, 24.
Actividades 2014 da Asociación de Veciños do Araño
5 Out
As actividades que se están a desenvolver durante este curso a Asociación de Veciños do Araño son as seguintes:
- Informática: martes (20-22 h) e venres (17:30-19:30 h) na escola de Buía.
- Bolillos: xoves (15:45-17:45 h) no centro da Capela.
- Bordado: xoves (19-21 h) no centro da Capela.
Zumba: luns e venres (21:30-22:30 h) no centro da Capela. - Taller de memoria: martes (10:30-12 h) na escola de Buía (organizado polo Concello).
- Ximnasia mantemento para os maiores: luns e mércores (9-10 h) no centro da Capela (organizado polo Concello).
Os interesados en asistir ou ben impartir outras activides poden contactar coa Asociación de Veciños no seu facebook.
Sinalización para localizar o patrimonio arqueolóxico en Rianxo
5 Out
A semana pasada, paseando entre o monte de Rianxo e o de Leiro, descubrín con asombro que ao lado dos camiños puxeron carteis indicativos de que preto hai petróglifos ou mámoas. Ata o de agora, os únicos carteis que podíamos atopar estaban a carón das estradas e, despois, alá te mataras no monte. Dende a Alcaldía, explícannos que foi unha acción de “Arousa Norte coa indicación do Concello”, e que sinalizará un roteiro arqueolóxico.
Camiñata ata o Pazón Bastón do Araño (2014)
4 OutO pasado domingo 28 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño (a única que existe en Rianxo), organizou por cuarto ano consecutivo unha camiñata ata o pozo Bastón de Buía. Ao final, xuntáronse preto de 50 persoas, polo que ano a ano vai collendo pulo a iniciativa. Saíuse pasadas as 9.20 da mañá, xunto ao hórreo máis longo do mundo, e chegouse á fervenza a iso das 11.10 horas. Aquí deixamos unhas fotos do que deu de si a mañá, pero tedes moita máis en Rabunho Rexeita, co avituallamento e todo.
Rexistros eléctricos sen protección no recheo
3 OutHoxe queremos difundir as imaxes que nos pasa un lector do blog sobre uns rexistros eléctricos que hai no recheo de Rianxo. Non sabemos se están conectados á luz ou non, pero non teñen ningún tipo de protección, polo que están expostos ao aire e a que calquera os poida tocar. Actualización: dende o Concello xa nos comunicaron que se van poñer en contacto con Portos, xa que esta zona depende deles. Seguir lendo
Os máis bailongos de Rianxo
28 SetHoxe queremos adicarlles este post ao grupo de rianxeiros marchosos que sempre animan as festas. Son varios veciños de diferentes parroquias que enchen o campo coas súas coreografías.
Fotos do I Trial Concello de Rianxo: a proba dos adultos
27 SetO 21 de setembro tivo lugar nos montes de Leiro a segunda das xornadas do I Trial Concello de Rianxo. Era unha proba puntuable para o campionato galego e os maiores dérono todo, cunhas vistas e un tempo moi de agradecer. O evento foi posible grazas ao Sabadell, o Concello de Rianxo, o Toffe, talleres Milocho e moitos outros colaboradores.
















