
A ensenada de Rial, en Leiro, é un sitio estupendo para pasear. Non obstante, cando baixa a marea podemos ver que serve como tumba para moitas gamelas e embarcacións antigas que o tempo e o uso acabaron por liquidar. Entre a area e o fango, emerxen os esqueletos de madeira do que antano era unha chalana para ir ás fanecas, para ir ata barcos máis grandes ou para moverse preto da ría.
O cemiterio de embarcacións na ensenada de Leiro
12 XuñTeño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía
11 XuñPero digo que ao final, se quedaría coa de Rianxo. Non credes? 😉
A letra, para os que non a sabedes, é esta. Sacada de ogalego.eu:
Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.
Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores
pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.
Non lle temas, mariñeiro…..
Vai pola noite a escoitar.
Cando vaias a Rianxo vai pola note a escoitar
as estrelas e a lúa os biquiños que se dan; ( 3 veces)
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitar.
Non lle temas, mariñeiro…..
Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.
Non lle temas, mariñeiro….
Eu caseime no Araño
10 XuñSe era do Araño, de seguro que tiña cartos (hai que lembrar que o Gordo de Nadal tocou aquí) e honrada por suposto. E de misa diaria, que non se diga 😉
O legado de Tibu en Rianxo
9 XuñComo vedes, o legado de Tibu tamén chegou a Rianxo. Aquí vedes como se cumpre xunto á estatua da Rianxeira e no porto:
Aquí temos a outro rianxeiro, Adrián, cumprindo co legado a base de mangueirazo:
O novo cura de Rianxo
8 Xuñ
Dende hai bastantes semanas, unha das noticias que ronda polas cabezas dos rianxeiros é quen vai ser o novo párroco. Como sabedes, o sacerdote Fernando Palleiro leva moitos anos oficiando misa e distintas cerimonias relixiosas na igrexa de Santa Columba, polo que é normal que haxa curiosidade en saber quen vai ser o novo sacerdote.
IV Travesía a Nado Vila de Rianxo
6 Xuñ
Este domingo 8 de xuño, terá lugar en Rianxo a IV Travesía a Nado. Apuntáronse nin máis nin menos que 140 nadadores, o que supón segundo o Concello supón “duplicar a participación do ano pasado”.
Canto debe Rianxo?
28 Mai
Grazas a un amigo meu, a Tato, descubrín unha aplicación moi interesante do xornal Cinco Días que permite coñecer a débeda de cada un dos concellos españois. Incluso é posible descargar un documento en pdf con todos os datos.
A quen se votou en Rianxo nas Europeas?
26 MaiOnte tiveron lugar as eleccións ao Parlamento Europeo. Xa co 100% dos votos escrutados, podemos ver como foi a tendencia en Rianxo. A nivel estatal, os partidos maioritarios (PP e PSOE) tiveron unha porcentaxe de votos inferior ao 50%. No caso do noso Concello non pasou o mesmo, xa que entre estes dous partidos sumaron algo máis do 54% dos sufraxios.

