Archive by Author

Día das Letras Galegas 2014 en Taragoña

23 Mai

Taragonha01

O pasado 17 de maio, a xente da Asociación Antrospinos organizaba en Taragoña unha festa. Celebrábase a festa das nosas letras, o Día das Letras Galegas 2014. Ademais, pedían ir coa indunmentaria de 1906 para facelo máis enxebre.

Seguir lendo

IX Serán Mar de Rianxo

20 Mai

A Asociación de música e baile tradicional de Rianxo Vai de Roda organiza o próximo 31 de maio no Campo de Arriba o IX Serán Mar de Rianxo.

IXSeraMarRianxo

Peña Cicloturista Castro Barbudo, amigos da bicicleta e do monte

12 Mai

castrobarbudo

Este sábado 17 de maio, terá lugar a XV Subida ao Castro Barbudo, que organiza a pena cicloturista que leva o mesmo nome que o coñecido monte de Taragoña. Aínda estades a tempo de apuntarvos e desfrutar dos montes rianxeiros. Como xa van alá 15 anos organizando esta proba, quixemos coñecer un pouco máis sobre eles e por iso lle mandamos un pequeno cuestionario ao seu presidente, Moncho. Fálanos do bo ambiente que se respira, da paixón pola bicicleta e do traballo ao longo de todo o ano para preparar non unha proba, senón tres.

Seguir lendo

Presentación do disco Once Badaladas

27 Abr

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, organiza o 4 de maio concerto-presentación do disco Once Badaladas da agrupación Alvariza. Será no Auditorio de Rianxo a partir das 19:00 h. Alí poderán mercarse as entradas (1€) e entrar no sorteo de 2 CDs de Alvariza.

Concerto e inchables en Isorna

27 Abr

 

Este xoves, 1 de maio, en Isorna, haberá un concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. Realizarase no Souto de Isorna e, dende as 16.00h haberá inchables, xogos e obradoiros. No evento, no que colabora o Toffe, poderase desfrutar do concerto a partir das 18.00h

Moncho Ces, investigador de petróglifos en Rianxo

26 Abr

De novo, os rapaces do Félix Muriel realizaron un interesante documento: unha entrevista a Moncho Ces, dos primeiros rianxeiros en comezar a investigar sobre os petróglifos en Rianxo, ata o punto de qeu foi o descubrir dos Mouchos, en Leiro.

Como nos contou o seu fillo, Carlos Ces, “estaba aquela tempada rastrexando o monte entre Rianxiño e Brión porque hai aí unha liña importante de gravados. E un día deu con eles, que eran difíciles de ver pola terra e vexetación que os cubría”. O caso é un día Carlos acompañou o seu pai. Tiña daquela 16 anos Carlos, cando o seu pai lle “pediu que o axudase a turrar dunhas xestas para seguir unha liña grosa que ao principio pensamos que era da pedra. Ata que, sorpresa, apareceu o gran cervo da pedra nº1, ese de case 1 metro de altura. Imaxina o gozo de tal descubrimento!”

A información sobre estes petróglifos foi recompilada no traballo “Un complexo de gravados rupestres en Rianxo”, da revista Brigantium (volume 8, anos 1993/94), elaborador por Xoán Andrés Fernández Castro, Pedro Piñeiro Hermida e Ramón Ces Castaño.

XV Subida o Castro Barbudo: 17 de maio

26 Abr

Como cada mes de maio, os amigos da Pena Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña organizan unha proba polos montes de Rianxo, a Subida ao Castro Barbudo. Este ano realizarase o sábado 17 de maio.

Hai un límite de 200 participantes e o prazo de inscrición remata o 15 de maio. Este ano rebaixaron a cota de inscrición, que será de 10 euros para federados e de 12 euros para non federados (polo seguro obrigatorio de un día por imposición da Federación Galega de Ciclismo).

Os que se queiran inscribir teño que facelo a través deste web.

Máis información e perfil da ruta en castrobarbudo.com

Vídeo da procesión do Santo Enterro en Rianxo

25 Abr

Fotos da I Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo – Conservera de Rianxo

17 Abr

kayak1

O pasado sábado, 12 de abril, celebrouse na nosa localidade a I Regata de Kayak de Rianxo. Aquí vos deixamos algunhas estupendas fotografías realizadas por Xigui. Iso si, trátase dunhas poucas imaxes que forman parten dun completo álbum que podedes visitar en tufutografia.es

Seguir lendo

Os pazos de Rianxo

14 Abr

De novo, na canle de Youtube do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto Félix Muriel atopamos outro documento moi interesante. Neste caso é un vídeo explicando os distintos pazos que hai en Rianxo, así como información do hórreo do Araño. Foi realizado por Sandra Castaño e por Lara Gómez.