Nos últimos anos, centos e centos de casas galegas coñeceron e presumiron do Apalpador grazas a unha empresa rianxeira. Ademais, este negocio familiar está a levar aos fogares galegos as figuras do entroido, reivindican as mulleres esquecidas galegas ou converten aos escritores galegos en estrelas de rock. Como é posible? Xuntando un bo produto artesanal cun deseño moi coidado no que se conta parte da nosa historia. Iso é o que fan dende Quinteiro Doce.
Produtos con moita arte dende Rianxo para todo o mundo
1 NovO rianxeiro Iago Hermo e ButacaZero preestrean no Auditorio a ópera electrónica ‘Papagena’: “Temos ganas de dar o mellor de nós”
28 Ago
Os días 2 e 3 de setembro asistiremos no Auditorio de Rianxo a unha preestrea. Alí poderemos desfrutar por primeira vez da ópera electrónica en galego Papagenea, que despois viaxará por catorce concellos de toda Galicia. O seu autor é o compositor rianxeiro Iago Hermo, quen se uniu neste proxecto coa compañía ButacaZero. Na dirección, unha coñecida tamén da casa, Esther F. Carrodeguas, quen codirixe xunto con Xavier Castiñeira.
Murais de Viladomar Rianxo 2019
13 Set
Por segundo ano consecutivo, a asociación Ondiñas Maiñas puxo en marcha a iniciativa Viladomar Rianxo – Máis alá dos muros. De que se trata? Pois de levar a arte preto das nosas casas. De converter os muros nun lenzo para que diferentes artistas nos acheguen historias, cores e beleza. O resultado é espectacular.
Viladomar Rianxo 2019: 5 novos muros convertidos en arte
5 Set
Do 6 ao 13 de setembro teremos a enorme fortuna de desfrutar de Viladomar Rianxo. Máis alá dos muros. Nesta ocasión serán 5 artistas que pintarán en Rianxo, no Araño e en Isorna.
Rianxo, recibe axudas da UE para instalar wifi en lugares públicos
9 DecO concello de Rianxo é un dos poucos concellos galegos (xunto con Oleiros, Toén, Cerdido e Salceda de Caselas) que van recibir axudas da primeira convocatoria de WiFi4EU (Wifi para Europa). Trátase dun programa comunitario que ofrece axudas de 15.000 euros para instalar puntos de wifi gratis en espazos públicos.
Maite Mosconi: “Cando alguén se achega co meu libro, non podo evitar emocionarme”
20 Xul
Maite Mosconi é unha das autoras rianxeiras que presentarán a súa obra na Feira do Libro de Rianxo. Nacida en Asados en 1985, comenta que lle produce moita ledicia presentar a súa obra na terra. Sempre tivo a ilusión de poder contar a súa historia, algo que conseguiu con Gaedheal. Trátase do primeiro libro dunha triloxía de aventuras para a que se documentou moito, e que non deixa de ser unha homenaxe á cultura galega. Coñecemos un pouco mellor a Maite.
Feira do Libro de Rianxo 2018: todo o que non podes perder
18 Xul
Esta semana temos un evento de primeiro nivel en Rianxo: a feira do libro. Ademais de múltiples actividades, teremos a presentación de libros de veciños rianxeiros. Porque ademais de Castelao, Dieste e Manuel Antonio seguir a ter escritores e primeiro nivel, non deixes de descubrir a estes autores nin de desfrutar dos eventos programados.
Amanda Seibiel: “La primera vez que vi mi libro en el nº 1, me dio un parraque”
17 XulDentro duns días teremos a sorte de desfrutar dunha autora que colocou algún dos seus libros entre os máis vendidos de toda España. Se non che soa o seu nome, apúntao ben: Amanda Seibiel. Ademais de ser veciña de Rianxo, é unha escritora que no último ano publicou con grande éxito tres libros. Un deles está especialmente dedicado aos seus pais e cóntanos que podemos ver cousas de Rianxo. Leva máis de dúas décadas viviendo en Alacante, pero non pode evitar a morriña pola súa terra. Iso si, como ten o galego algo esquecido, nesta ocasión a entrevista é en castelán.
Abrir Rianxo ao mundo
11 XuñEste curso escolar, o centro CEIP ADR Castelao de Rianxo comezou a traballar coa metodoloxía de tratamento integrado das Linguas (TIL) no que participa todo o profesorado e os equipos do centro, a Biblioteca Escolar, o EDLG… Para comezar esta andaina, decidiuse que os nenos e nenas coñeceran a súa contorna máis próxima, Rianxo.
Baixo o lema “Abrir Rianxo ao mundo”, cada aula ou nivel elaborou distintos materiais relacionados con esta temática que podedes ver no Auditorio Municipal ata o 21 de xuño.
Hai materiais moi diversos: carteis con información sobre as parroquias, lendas, traballos de investigación, materiais elaborados cunha impresora 3D, xogos de preguntas, taboleiro para usar os “escornabots” (robots), libros de poesía, de contos, un video-roteiro…
Para inaugurar a exposición, o pasado venres 8 de xuño o alumnado de sexto de primaria representoulles ao resto dos compañeiros Os vellos non deben de namorarse de Castelao.































