Arquivo | cultura RSS feed for this section

Curso da Universidade da Coruña sobre rehabilitación e exposición sobre António Menéres

20 Xul

Cartel António Menéres

Hoxe comeza en Rianxo o Curso de Verán da Universidade da Coruña “De porto a porto. Estratexias de Rehabilitación“. No programa, que vai durar toda a semana, estudarase a nivel práctico a costa comprendida entre o Porto de Rianxo e Rinlo, así como os muíños, petróglifos, mámoas e demais elementos de interese da zona.  Seguir lendo →

Programación da fin de semana (18-19 de xullo de 2015)

18 Xul

veran cultural

Continúan as programacións dentro deste xullo quentiño e deixámovos o que hoxe poderemos desfrutar en Rianxo.

Seguir lendo →

115 anos do nacemento de Manoel Antonio

12 Xul

Hai 115 anos, un 12 de xullo do ano 1900, nacía en Rianxo o principal poeta das vangardas galegas, Manoel Antonio.

11701226_841141465961782_6128801885777501731_n

O veleiro Joaquín Vieta en Rianxo

6 Xul

_MG_0656

Dende o 30 de xuño e ata o 5 de xullo estivo en Rianxo o historico veleiro Joaquín Vieta para uso e desfrute de quen quixera dar un pequeno paseo pola ría de Arousa. Nós non quixemos perder a oportunidade e embarcamos o venres nesta singular singradura que só poidemos desfrutar polo interior da ría, debido ó mar picado que tivemos esa tarde.

Seguir lendo →

Corpus 2015

8 Xuñ

_MG_0113

Un ano máis, as rúaas de Rianxo víronse engalanadas coas tradicionais alfombras florais para celebrar o día de Corpus.

Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes do que poidemos desfrutar nun día solleiro e no que en Rianxo non collía unha alma.

Seguir lendo →

“200 nenas galegas”, vídeo-poema de Marina Losada

6 Xuñ

No 2013 celebrouse en Rianxo o Slam Ferve a Lingua de poesía, que gañou Marina Losada Vicente, coa súa creación titulada “200 nenas galegas”.

O premio era a edición dun vídeo-poema co texto. O traballo final é certamente moi fermoso e moi reinvidicativo, polo que o difundimos co permiso de Marina. A final do certame foi no Día das Letras Galegas, así que esa foi a temática.

Final do certame de poesía erótica Ferve a Lingua

17 Mai

IMG_7069

Onte tivo lugar na cafetería Castelao a terceira xornada e final do certame de poesía erótica “Ferve a lingua”. Despois dunha estupenda introdución de Esther Carrodeguas, falou Hadriana Ordóñez, que se amosou orgullosa da participación e de toda a xente que acudía ao evento.

Seguir lendo →

Presentación do novo disco de Carapaus, final de Ferve a lingua e Letras Galegas

15 Mai

Carapaus_CartazPresentación Este sábado, 16 de maio, Carapaus presenta o seu novo álbum “Déixao andar”. Será nun concerto gratuíto ao que todos estades convidados na Sala Capitol de Santiago de Compostela, ás 22.00 horas.

Seguir lendo →

“Tronzar Os Valos”, de Sés, no auditorio rianxeiro

4 Mai
_MG_3349

Portada do disco, moi ilustrativo sobre o carácter artístico e o contido musical do novo traballo, o 3º disco de estudo da artista bergantiñana Sés (María Xosé Silvar, nada na Coruña en 1983)

Crónica e fotos de Carlos Bastos. Esta longa fin de semana vivíronse varios actos culturais en Rianxo. O venres, solapáronse o Desfile da Pasarela do Castelo da Lúa organizado pola ARE no pavillón polideportivo, e a presentación do disco da artista Sés no auditorio.

Seguir lendo →

Crónica e imaxes do 2º Foro de Rehabilitación de Rianxo

1 Mai

f00

Crónica e fotos do arquitecto Carlos Bastos. A pasada fin de semana vivimos en Rianxo o 2º Foro de Rehabilitación. Despois do inicio no ano pasado a través do 1º Foro, o cal estaba máis dirixido a estudantes de arquitectura e a un campo de traballo sobre o tema, este ano de forma decidida centrouse no desenvolvemento arquitectónico a través da rehabilitación, dende puntos de vista técnicos, construtivos, políticos e sociais.

Seguir lendo →