Arquivo | cultura RSS feed for this section

Salvemos o xeito

28 Abr

_MG_4690

Esta fin de semana pasada tivemos a oportunidade de desfrutar de novo counha nova entrega do Teatro Express, interpretado polo Teatro Airiños de Asados, baixo unha idea da Área de Educación e Normalización Lingüística do concello de Rianxo.

Seguir lendo

A sala Castelao no Museo de Pontevedra

3 Abr

No Museo da Deputación de Pontevedra alberga unha sala adicada en exclusiva ao rianxeiro máis coñecido: Castelao. Alí poderemos atopar moitas das súas obras, algunhas de seguro que sorprendentes para o visitante, así como as caretas da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Comentar que a entrada é gratuíta, así que se ides por Pontevedra, non deixedes de ir.

Seguir lendo

Concerto “A Música da Belle Epoque”

30 Mar

_MG_3498

Dende o sábado 28 podemos visitar no primeiro andar do auditorio rianxeiro a expo do fondo musical de Rianxo. A inauguración da expo estivo presidida polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a presidenta da UNED Galiza, Susana Blanco Miguelez e por José Luís do Pico Orjais. Ademais, contouse con moita xente que se achegou a ver tan singular material que se expón por primeira vez na localidade.

Seguir lendo

A Música de Rianxo na Belle Epoque

27 Mar

concerto

O vindeiro sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto histórico A Música de Rianxo na Belle Epoque.

Seguir lendo

Colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe a Manuel Antonio

23 Mar

_MG_3035

O pasado sábado 20 de marzo, e dende o concello de Rianxo procedeuse á colocación dun monolito nas illas Malveiras en homenaxe ó escritor Manuel Antonio. Acto enmarcábase dentro das xornadas “De Catro a Catro, catro singladuras en homenaxe a Manuel Antonio” que se están a levar a cabo durante este mes de marzo.

Seguir lendo

II Torneo de Poesía Recitada Erótica, ferve a lingua

10 Mar

Ferve

O vindeiro sábado 14 de marzo, vaise presentar no Bar A Lareira do Pazo o II Torneo de Poesía Recitada Erótica, ferve a lingua. Ademais, este ano vén nin máis nin menos que cun premio de 1.000 euros para a/o gañador/a do torneo. Aí é nada.

Seguir lendo

Homenaxe a Rosalía de Castro

28 Feb

_MG_2858

Hoxe 28 de febreiro celebrouse en Rianxo a homenaxe a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do nacemento da escritora padronense o pasado 24 de febreiro, cunha lectura de textos tanto da autora, como propios de entidades, particulares..

(foto propiedade de Fogo Fatuo)

fogo fatuo 3

(foto propiedade de Fogo Fatuo)fogo fatuo1

 

 

Todo comezou na praza de Manuel Antonio, onde tamén está a estatua de Rosalía, á cal lle puxeron unha touca feita polo colectivo artesanal Ondiñas Mainas de Rianxo, seguindo a proposta da SEGA (http://www.asega-critica.net/2015/02/rosalia-de-castro-aterece.html), o acto estivo acompañado polos gaiteiros de Fogo Fatuo que fixeron primeiro un pasarúas pola vila.

_MG_2784

De seguido, as lecturas de texto traladáronse ó salón de actos da casa consistorial do concello debido ás inclemencias do tempo, onde Adolfo Muiños abreu o acto coa lectura dun texto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

_MG_2786

Para dar paso ó acto actuaron as Rianxeiras da Covecha, un grupo de tres irmáns afincadas en A Pobra do Caramiñal pero con fondas raices rianxeiras (como elas se definiron).

Logo pasouse á lectura en si dos textos e das cales vos imos poñendo unhas fotos:

-Comezou Hadriana Ordoñez:

_MG_2794 _MG_2796

 

-Marité Iglesias:_MG_2799

 

-Adelina Ces:_MG_2801

 

-Mauricia Ces:_MG_2805

 

-Marina Losada:_MG_2809 _MG_2810

 

-Pepa Martinez:_MG_2813

_MG_2817

Logo, tamén Pepa se encargou de dar a coñecer o colectivo Artesanal Ondiñas Mainas que escomeza a sua andadura en Rianxo, e foron @s encargad@s de confecionar o chal que se lle colocou ó busto de Rosalía.

Logo voltaron a actuar as Rianxeiras da Covecha.

_MG_2820 _MG_2850

O acto rematou cun convite a tod@s @s asistentes e a quen se queira xuntar  ás próximas xornadas a Rosalía de Castro o vindeiro ano que ven.

 

 

 

 

 

 

Oferta cultural da fin de semana

20 Feb

NACHO C BEIRO cartel WEBImos hoxe coa oferta cultural para a fin de semana en Rianxo. E comezamos coa exposición “Retrospectiva” do pintor noiés Nacho C. Beiro. A expo, poderá visitarse dende hoxe mesmo (inaugúrase ás 20.30 horas no Auditorio) até o vindeiro 14 de marzo.

Seguir lendo

Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo

14 Feb

entroido 001

Antes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.

Seguir lendo

Programación do Entroido 2015 en Rianxo

12 Feb

cartaz definitivo

Xa está lista a programación do Entroido 2015 no Concello que este ano vén cargadiño de actividades moi variadas. Moitas delas realizaránse na carpa instalada na praza de Castelao. De todos os xeitos, se a chuvia nos abanadona, algunha poderase realizar na praza. E senón, pois estaremos abrigados. Incluso haberá calefación no caso de que vaia frío!

Seguir lendo