Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

A penitencia da Virxe ante a aberración urbanística

29 Dec

Antes de nada teño que dicir que estas imaxes son reais. Non hai nada de fotomontaxe. Está entre Fincheira e As Cortes, en pleno cruce que nos leva á praia de Tanxil de Rianxo.

A min particularmente é que me dá vergoña ver como se fan estas cousas sen que pase nada e como se todo fose perfectamente normal. Temos unha aberración urbanística diante dos nosos ollos, fronte a un cruceiro que seguramentente máis dun século de vida, e dende Urbanismo, dende Patrimonio ou dende o organismo pertinente non se fai nada, é máis, permítese que pasen estas cousas. Se é que máis gañán e paleto non se pode ser. De verdade custaba algo facer as cousas doutro xeito? Pois está visto que a penitencia da Virxe é esta, estar castigada de cara á parede.

As obras do AVE

19 Dec

Aquí vos deixo unhas cantas fotos das obras do Ave na zona.

A Pobra? Non, Rianxo

13 Dec

Non vaiades pensar que perdín a memoria e non sei onde estou. A sorpresa non é porque non coñecese A Pobra do Caramiñal, senón porque este cartel está situado en Rianxo, na parroquia de Isorna. Se todas as indicacións están igual de ben colocadas que Deus nos pille confesados.

Se ides da ponte de Catoira cara á autovía, veredes este cartel, xusto un pouco antes das obras do AVE. Leva aí anos, pero ata esta fin de semana (que pasei por alí en bicicleta) non lle puiden facer unha foto a esta curiosa estampa. Cal será a explicación? Un poltergeist? Sobraban carteis?

Trial 4×4

30 Nov

Seguindo coa aficción ao motor, ademais de ir ata o Araño para desfrutar do Rally do Botafumeiro, esa mesma fin de semana tamén asistín ao trial 4×4 en celebrado no circuíto de Taragoña. Aquí podedes ver algunas das impresionantes situacións que se deron. Aínda que o mellor era estar alí para velo. Lástima de mal tempo e de tanta lama.

Fotos das festas de Guadalupe de Rianxo 2010: o último día

8 Nov

E cun pouco de pena chegamos ao remate das festas.  Pero para o ano máis e que non falte ninguen.
Aquí vos quedan as últimas fotos onde podedes ver distintos momentos ao longo da noite: a cantata da Rianxeira coas vengalas, o chocolate con churros,  a festa ata as nove da mañá (aínda que este ano acabou un pouco antes debido a uns “graciosos” que a última hora se dedicaron a cortarlle a luz á orquestra) e moito alcol. Vamos, que de novo as nosas felicitacións para a xente da Comisión de Festas, porque este ano as festas foron de novo as mellores!

Aínda que igual non se poida apreciar moi ben, este home leva un par de globos atados á súa coleta. Para quen non o saiba, a rapaza é Dora la Exploradora, e el estaba explorando as combinacións de distintas bebidas espirituosas.

As festas fan que nos convirtamos en máis amigos:

“Espero que os xelos non nos senten mal, que sempre pasa o mesmo”.

Hai, o que une unha boa botella de viño. O amor, que xorde así, cando menos o espera un:

Ata os confederados viñeron ás festas 😀

O chocolate con churros este ano tomámolo a iso das 5 da mañá no Refugio. Para a nosa pena o Toffe non estaba aberto (o ano pasado estaba riquísimo e saiunos moi barato). Do cholocate do Refugio non hai queixa, pero dos churros si: auténticos ladrillos en tiras. Estaban durísimos, todo o mundo estaba flipando, porque había que ter bos dentes para abordalos e non morrer no intento. De feito, eu saín do local para ir compralos a unha churrería e recibín aplausos por parte dunha mesa.

Velaquí un auténtico festeiro rianxeiro ás 8 da mañá, fresco como unha leituga:

O atuendo destoutro tampouco é menos curioso: o que queda dunha guitarra desas que venden os marroquís e un modelo de gafas que arrasaron estas festas. Creo que moito non vía (a foto está moi pixelada porque a saquei de moi lonxe e tiven que aumentar o detalle).

A que é apetecible? Creo que o que se vía no Banco Pastor ás 9 da mañá estaba rico, rico:

Algúns, con tanta festa, volveron á súa infancia:

E pola mañá podíase ver esta estraña estampa: mentres algúns se erguían e comezaban a ler o xornal, outros aínda non tiñan claro que facer, se tirar para a cama ou seguir.

Está claro que se as igrexas fosen bares, non lle faltarían fieis 😉

Festas da Guadalupe de Rianxo 2010: a festa da escuma

8 Nov

Como non podía ser menos, este ano tamén houbo moitos nenos e grandes (aínda que destes menos ca noutros anos) na festa da escuma que se celebra na praza de Castelao. Iso si, pouca escuma e moita auga por parte dos bombeiros 😀

San Cristóbal 2010

12 Xul

Como sabedes, o patrón dos condutores é San Cristóbal (ou San Cristovo en galego), unha festividade que ten unha celebración moi curiosa en Rianxo. Non sei se noutras localidades galegas se celebra da mesma forma ou non, pero no noso concello organízase unha caravana de coches totalmente engalandos que percorres Rianxo, Asados, O Araño e Taragoña facendo soar os pitos e dándolle moito colorido ás estradas.

Edito: noutros concellos tamén se celebra, como acabo de descubrir no xornal Certo.es

Ademais, este 2010 a caravana foi un auténtico éxito, pois nunca vira tanta participación: máis de 6 minutos consecutivos de coches, motos e camións.

Unha árbore? Non

21 Xuñ

Parece de lonxe unha árbore, verdade? Pero en realidade trátase do hórreo da casa reitorial de Leiro, que está totalmente abandonado e comido polas hedras.

Arroás morto

31 Mai

A pasada fin de semana, xusto o domingo, un día no que os areais se encheron de xente querendo desfrutar do bo tempo e do que se presumía un adianto do verán, na praia das Cunchas había un arroás morto. Non sei o tempo que levaba alí nin se se ía analizar, pero boa imaxe non daba.

Pampillos

28 Mai

Grazas ao colorido dos pampillos, cada mes de maio, xusto antes do tempo de sementar, as leiras teñen un amarelo intenso e cheo de vida.