Arquivo | deporte RSS feed for this section

XV Autocross O Castro

5 Out

autocross

Este próximo sábado, 10 de outubro, terá lugar en Taragoña o XV Autocross o Castro. A xornada comezará cediño, ás 9 da mañá, coa chegada dos participicantes e as oportunas verificacións. Así e todo, os motores comezarán a ruxir a partir do mediodía, cos adestramentos. E a adrenalina, derrapes e aceleróns viviranse sobre todo a partir das 14.45 horas, cando comezan as semifinais.

Os Irlandeses de Rianxo gañan o I Torneo de Rugby Praia celebrado no noso concello

25 Ago

Rubgy 001

O pasado sábado, 22 de agosto, celebrouse no areal de Tanxil o I Torneo de Rugbi praia de Rianxo, onde participaron distintos equipos de toda Galicia, ao tempo que se contaba cun clube local, Os Irlandeses. Había equipos femininos e masculinos e, a pesar de que o tempo facía pensar que non se podería xogar, ao final disputáronse todos os partidos nun moi bo amabiente.

Seguir lendo

Os Carapaus e rugby esta fin de semana en Rianxo

21 Ago

Mañá sábado, ás 22.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo Carapaus. Estaba previsto na praza de Castelao, pero como está previsto que chova, ao final cambia un lugar onde non nos mollemos e onde os músicos poidan tocar sen resfriarse 😉

Seguir lendo

Programación do 14 ó 16 de agosto

12 Ago

Seguindo coa programación do Verán Cultural en Rianxo para este mes de agosto, deixámovos a info de todo o que poderemos desfrutar esta fin de semana de mediados de agosto no concello.

Seguir lendo

Ruta polo río Te ata o Pozo Bastón

2 Ago

rutapozobaston

Dende Rabunho Rexeita e dende Fotos de Rianxo gústanos presumir, e moito, das paraxes de Rianxo. Por esa razón, o próximo domingo, 9 de agosto se nos ocurríu facer unha ruta de sendeirismo, á que vos animamos a unirvos. Se queres pasar unha agradable mañá desfrutando da paisaxe rianxeira, só te tes que apuntar en http://ir.gl/rutaTe

Seguir lendo

Andaina nocturna en Rianxo

31 Xul

Esta noite haberá unha ruta por Rianxo. Para apuntarvos (andar polo de agora é gratis) hai que ir aos pavillóns polideportivos ou ao Servizo de Deportes. Tamén podedes enviar un correo a deportes@concelloderianxo.gal

A saída será ás 22.30 horas na praza de Castelao. Serán uns 16 quilómetros e irase polas praias de Tanxil e As Cunchas, por camiños de Leiro, Asados e Taragoña, para rematar outra vez en Rianxo. Velaquí o percorrido en Google Maps.

Cristina Noya, este venres no Mundial

22 Xul

cristina1

A  deportista rianxeira Cristina Noya Río, quen conta con grandes títulos ás súas costas, como o Campionato de España na modalidade C-1 sénior en 200 metros, estará este venres no Campionato do Mundo na modalidad de C2 sub 23 mulleres. Sen dúbida, xa un merecido premio para o Club Piragüismo Rianxo, canteira de grandes palistas como a propia Cristina.

Seguir lendo

Programación da fin de semana (18-19 de xullo de 2015)

18 Xul

veran cultural

Continúan as programacións dentro deste xullo quentiño e deixámovos o que hoxe poderemos desfrutar en Rianxo.

Seguir lendo

Vídeos do I Slalom Concello de Rianxo

20 Xuñ

E aquí dende o punto de vista dos pilotos:

150 superhomes sairán hoxe de Rianxo

20 Xuñ

Imaxe de itrekkers.org

Un total de 149 inscritos na edición deste ano International Trekkers Barbanza Sar sairán hoxe ás 17.00 horas dende Rianxo para iniciar unha camiñata brutal de 100 quilómetros. Trátase de supermulleres e de superhomes que percorrerán camiñando ou correndo durante horas toda a xeografía do Barbanza.

Seguir lendo