Arquivo | deporte RSS feed for this section

I Slalom Concello de Rianxo

15 Xuñ

cartaz slalom

No día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.

Seguir lendo

Fotos do III Torneo Memorial Abel (EBO)

3 Xuñ

Os días 29, 30 e 31 de maio, celebrouse no campo do Unión de Asados o III Torneo Memorial Abel (EBO). O nivel do torneo ano a ano supérase, xa que nesta edicións, ademais de moitos equipos da comarca e de zonas próximas, viñeron os equipos do Oporto, do Celta de Vigo, do Deportivo ou  Bilbao.

Seguir lendo

Fotos e crónica da XVI Subida ao Castro Barbudo 2015

27 Mai

Saida patrocinadores blog (1 de 1)

O pasado sábado 23 de maio celebrouse a décimosexta edición da Subida Ao Castro Barbudo organizada pola Peña Cicloturística Castro Barbudo de Taragoña.

Seguir lendo

Campionato de Traineriñas e XVI Subida ao Castro Barbudo

22 Mai

Esta fin de semana non só se decide a Liga de 1ª División, senón que tamén hai eventos deportivos de excepción en Rianxo, como a Regata de Traineriñas, pertencente ao Campionato Territorial Norte. En Taragoña, pola súa banda, cambian os remos polos pedais, xa que se celebra a XVI Subida ao Castro Barbudo. Bici de montaña a tope, con churrascada final!

traineras

catr

O próximo sábado, XVI Subida o Castro Barbudo

15 Mai

Xa te podes apuntar para participar na XVI Subida ao Castro Barbudo, que terá lugar o sábado 23 de maio en Taragoña. Ademais, rematará cunha churrascada espectacular, como cada ano. Para repoñer ben as forzas despois das pedaladas 😉

O prezo este ano será de 12 euros (festa final incluída), tanto para federados como non federados. Disporase dun avituallamentos un sólido e doutro líquido e todos os inscritos entrarán no sorteo de varios regalos.

Ás 3 da tarde en Campo de Pazos comezarán as inscricións, e ás 16.00 horas comezará a proba. Se vos gusta a bici de montaña, non deixedes de ir, que ademais dos montes de Taragoña, Rianxo e Lousame formaredes parte dunha proba que leva 16 anos, que se di pronto.

IX Día do Deporte

9 Mar

_MG_2994

Un ano máis, e van xa nove, celebrouse no auditorio o Día do Deporte. En concreto foi o pasado sábado ás 21.00 horas, momento no que o Concello de Rianxo recoñeceu o traballo dos nosos clubes de deportistas en prol do desenvolvemento do deporte local durante o 2013 e o 2014.

Nesta ocasión ,14 clubs deportivos, 10 deportistas e 13 patrocinadores foron os principais protagonistas da gala. Ademais, fíxose entrega do Premio ó Mérito Deportivo 2015, que recoñece a unha persoa cunha traxectoria de especial entrega e dedicación na promoción do deporte e dos valores deportivos en Rianxo.

Seguir lendo

Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo

26 Feb

24022015-BTT_Rianxo_saida (19)

Xa temos lista a colección completa de imaxes do que deu de si a III Marcha BTT de Rianxo. En concreto xuntamos 2.530 fotografías de distintos puntos da proba. Para que vexades mellor as imaxes, velaquí todo organizadiño por zonas:

Seguir lendo

Oferta cultural da fin de semana

20 Feb

NACHO C BEIRO cartel WEBImos hoxe coa oferta cultural para a fin de semana en Rianxo. E comezamos coa exposición “Retrospectiva” do pintor noiés Nacho C. Beiro. A expo, poderá visitarse dende hoxe mesmo (inaugúrase ás 20.30 horas no Auditorio) até o vindeiro 14 de marzo.

Seguir lendo

III Marcha BTT Concello de Rianxo

3 Feb

Xa non queda nada para unha das grandes probas deportivas que se celebran no noso municipio. Neste caso trátase da III Marcha BTT Concello de Rianxo, que terá o domingo 22 de febreiro. Se queres participar, podes apuntarte xa porque as prazas son limitadas por 7€ antes do 18 de febreiro.

Seguir lendo

Torneo de Nadal da Escola de Xadrez de Rianxo

1 Dec

_MG_0166

Onte, 30 de novembro, celebrouse no Feliciano o Torneo de Nadal que disputa a Escola de Xadrez de Rianxo. Este evento, que xa vai pola segunda edición, resulta moi divertido, pois tod@s @s alumn@s da escola xogan entre si.

Seguir lendo