Arquivo | deporte RSS feed for this section

Moito ánimo a Manuel Bouzas, do CD Unión

12 Abr

Dende aquí tamén queremos mandarlle ánimo a Manuel Bouzas, xogador dos xuvenís do CD Unión, e á súa familia, uníndonos así a moitos outros veciños que desexan que teña unha pronta recuperación.

No partido que enfrontaba aos de Asados cos de Ordes no campo de Vista Alegre, a partir dun mal lance durante o partido, Manuel tivo que ser operado, polo que agardamos que o terrible susto quede só niso.

Dende o Facebook do CCD Taragoña tamén lle mandan moitos ánimos, indicando que “desexamos unha pronta recuperación a Manuel Bouzas despois do ocurrido no partido do sábado”.

Dende o SD Araño fan o mesmo, ao “desexarlle unha pronta e boa recuperación a Manu Bouzas, xogador xuvenil do CD Unión de Asados, que durante o encontro do seu equipo esta fin de semana sufreu un grave percance. Moito ánimo campeón”

Pola súa banda, moitos outros coñecidos tamén agardan que se recupere o antes posible. Polo que puidemos ler nas redes sociais, tras pasar por quirófano está “loitando como un campión”, así que esperamos ansiosos velo outra vez xogando ao fútbol en breve.

Subida ao Pico Muralla

9 Abr

A finais deste mes, en concreto o 24 de abril, terá lugar I Trail 500 verticais Pico Muralla – Concello de Rianxo, organizado tamén pola Asociación Barbantia Roda.

Para os que vos preguntades que é iso do trail, vén a ser algo así como unha modalidade deportiva na que corres por camiños e corredoiras no monte, cruzandoi regueiros e tamén un importante desnivel. Neste caso, o terreo para desfrutar deste deporte será o monte do Araño, xa que os participantes sairán do lugar da Hermida (O Araño) ás 11 da mañá para subir ata o Pico Muralla. Un desnivel nin máis nin menos que de 530 metros en 6 quilómetros. O punto de chegada será precisamente o Pico Muralla, que con 678 metros é o punto máis alto de Rianxo, cunhas vistas espectaculares.

Se desexas participar, podes inscribirte no I Trail 500 verticais Pico Muralla dende esta web.

Fotos da regata galega de kayak de mar 2016

26 Mar

kayak 001

O pasado sábado, 19 de marzo, o Club Piragüismo Rianxo-Toffe organizou en Rianxo a primeira regata da liga galega de kayak de mar. Participaron 268 deportistas pertencentes a 22 clubes galegos, toda unha marca. O gañador foi o Club de Mar Ría de Aldán.

Seguir lendo

Presentación equipacións do Clube Voleibol Rianxo

2 Mar

presentación

.- O pasado domingo, 21 de febreiro, ás 11 h., no salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a presentación das novas equipacións do Club Voleibol Rianxo – Mexillón de Ouro para o ano 2016. O club lucirá a partir de agora camisetas cun deseño inspirado en elementos da cultura rianxeira e que inclúe debuxos “Cousas da vida” de Castelao e a imaxe da escultura da Rianxeira de Buciños. O obxectivo é mesturar deporte, cultura e tradicións de Rianxo, dándoos a coñecer por toda Galicia nos desprazamentos da entidade.

Seguir lendo

Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

Seguir lendo

IV Marcha BTT Concello de Rianxo

3 Feb

Xa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.

Seguir lendo

III Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo

4 Nov

_MG_5574

O pasado luns celebrouse en Rianxo a III carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo, cunha grande afluencia de público e participantes, que acadaron entre tódalas categorías mais de 1000 inscripcións.

Seguir lendo

Partido Unión femenino- C.D. Sar

3 Nov

_MG_5463

O pasado domingo achegámonos ó campo municipal de Vilas para presenciar o partido que enfrontaba ó Unión femenino co C.D. Sar.

Seguir lendo

I Regata amistosa Banco Sabadell Gallego-Concello de Rianxo

26 Out

_MG_4598

O pasado sábado 26 celebrouse no peirao rianxeiro a I Regata amistosa Banco Sabadell Gallego-Concello de Rianxo. Baixo o patrocinio do Banco Sabadell e coa colaboración do Concello de Rianxo, durante todo o día desputáronse diferentes quendas competitivas que abarcaron dende os máis cativos ós máis veteráns remeiros da contorna.

Seguir lendo

2 de novembro, III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo

21 Out

É, sen dúbidas, unha das citas deportivas do ano en Rianxo, non porque veñan corredores de todos os lados, senón sobre todo polo volume de xente que move o evento. Hai que pensar que o ano pasado se inscribiron máis de 900 persoas, e este ano agárdanse, alomenos, outras tantas. É a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.

Seguir lendo