Arquivo | deporte RSS feed for this section

XIII Bandeira Concello de Rianxo de Traiñeiras

30 Xul

Maña, 31 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar no peirao a XIII Bandeira de Traiñeiras “Concello de Rianxo”. Os locais están de segundos na liga LGT-B 2016, polo que están a nada de ascender e precisan dos ánimos dos veciños para sacar un bo resultado e seguir con aspiracións. Así que mañá non deixes de animar ao Club de Remo de Rianxo.

ligab

Andaina nocturna 2016

18 Xul

Outro verán máis organízase en pleno verán unha andaina nocturna. En concreto será o venres 22 de xullo. Terá un percorrido de 14 quilómetros, comezará ás 22.30h e rematará a iso das 2.30h da madrugada. É preciso inscribirse previamente en deportes@concelloderianxo.gal ou ben no teléfono 981.86.63.81 e pagar os 3€ da inscrición (supoñemos que polo bus e pola auga que pon a organización).

Seguir lendo

Así foi o comezo das escolas do Barbanza Rugby Club

2 Xul

rugby_nenos (23)

O 25 de xuño as escolas do Barbanza Rugby Club comezaban a súa andaina en Rianxo, en concreto na parroquia de Asados, onde terán terán a súa base. De feito, adestrarán e xogarán no Campo de Fútbol da Santa Lucía. Non obstante, en Vilas foi onde tivo lugar a inauguración das escolas deportivas deste club que busca por riba de todo fomentar os valores, o respecto e o campañeirismo.

De feito, adestrarán en Vilas mentres o Concello de Rianxo acondiciona as instalacións da Santa Lucía, con novo alumeado, luz e vestiarios. A Concellería de Deportes foi quen se moveu para traer aos do Rugby Barbanza ata Rianxo, e quen conseguiu un convenio coa Comunidade de Montes de Asados, que cedeu o campo durante uns anos para usos deportivos. A verdade é que é unha moi boa noticia que dende Rianxo haxa está implicación deste xeito co deporte. Ao tempo, dende o clube pintarán o recinto e tamén se encargarán de facer unhas porterías de rugby para o campo.

Seguir lendo

Escola de triatlón

21 Xuñ

Un dos deportes de moda nestes momentos é o triatlón, no que se combina natación, ciclismo e atletismo. O caso é que Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 contará cunha escola para esta disciplina, centrada nos rapaces de entre 7 e 16 anos.

Segundo comentan dende a Concellería de Deportes de Rianxo, “dun xeito ameno e divertido”, practicaranse estes tres deportes “de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do triatlón como un deporte e non como tres independentes”. Iso si, din que hai que saber xa nadar e montar en bici e ter xa o material para practicar estes deportes.

Os adestramentos terán lugar os martes, xoves e venres, entre a piscina municipal, as pistas poliedeportivas do colexio Castelao e o aparcadoiro do instituto Félix Muriel.

Para inscribirse, hai que chamar ao móbil 661 247 136, ao fixo 981 866 381 ou escribir ao correo deportes@concelloderianxo.gal

Fotos e crónica da XVII Subida ao Castro Barbudo

16 Xuñ

IMG (103)

Semella complicado que en 17 edicións dunha proba se poida innovar e sorprender, pero a Peña Cicloturista Castro Barbudo fíxoo no evento deste ano. Na súa tradicional proba de xuño non só ofreceron unha nova variante polas corredoiras e camiños de Rianxo e Lousame, senón que tamén incorporaron unha nova andaina, demostrando que peóns e bicicletas son os mellores compañeiros de viaxe no monte.

Seguir lendo

Mañá, último día para apuntarse á XVII Subida ao Castro Barbudo

8 Xuñ

Os amigos da Peña Ciclista Castro Barbudo organizan nin máis nin menos que a 17ª edición da súa tradicional Subida ata o monte que dá nome á súa asociación. Este ano, ademais, organizan unha andaina e a actividade será pola mañá, en concreto o domingo 12 de xuño.

Seguir lendo

Crónica do IV Torneo EBO, memorial Abel

30 Mai

IMG_20160528_091647_1

Esta fin de semana, o campo de fútbol de Vilas, en Asados, acolleu o mellor fútbol. Os rapaces que seguramente nuns anos estean a xogar nas categorías superiores do fútbol, nos equipos máis recoñecidos e nas competicións máis esixentes, pasaron por aquí para deleitarnos co seu fútbol.

Seguir lendo

O deporte base rianxeiro imparable

9 Mai

IMG_0285

Despois dos logros acadados pol@s padexeir@s de remo e piragüismo as pasadas semanas, onte pola tarde, no Campo Municipal de Vilas fíxoselle unha homenaxe ás categorias inferiores do clube, consistente nun corredor feito polos seniors do Unión e os do Carcacía, previo ó encontro que estes últimos desputaron.

Seguir lendo

Open de Galicia BTT no Castro Barbudo

19 Abr

Este sábado 23 de abril terá lugar no monte Castro Barbudo o V Trofeo Castro barbudo XCO 2016. As inscricións serán alí mesmo antes da carreira, a partir das 15.00 horas. a

Moito ánimo a Manuel Bouzas, do CD Unión

12 Abr

Dende aquí tamén queremos mandarlle ánimo a Manuel Bouzas, xogador dos xuvenís do CD Unión, e á súa familia, uníndonos así a moitos outros veciños que desexan que teña unha pronta recuperación.

No partido que enfrontaba aos de Asados cos de Ordes no campo de Vista Alegre, a partir dun mal lance durante o partido, Manuel tivo que ser operado, polo que agardamos que o terrible susto quede só niso.

Dende o Facebook do CCD Taragoña tamén lle mandan moitos ánimos, indicando que “desexamos unha pronta recuperación a Manuel Bouzas despois do ocurrido no partido do sábado”.

Dende o SD Araño fan o mesmo, ao “desexarlle unha pronta e boa recuperación a Manu Bouzas, xogador xuvenil do CD Unión de Asados, que durante o encontro do seu equipo esta fin de semana sufreu un grave percance. Moito ánimo campeón”

Pola súa banda, moitos outros coñecidos tamén agardan que se recupere o antes posible. Polo que puidemos ler nas redes sociais, tras pasar por quirófano está “loitando como un campión”, así que esperamos ansiosos velo outra vez xogando ao fútbol en breve.