Este venres, sábado e domingo terán lugar as Festas do Carme de Rianxo. O día 10 a música virá da man da orquestra Israel, do grupo América e do dúo Calú.
O sábado continuarán Ritmo Joven e Compostela, e o domingo só tocará o grupo De Moda, xa que o luns pola mañá hai que madrugar.
Os actos propiamente relixiosos terán lugar o xoves 16, na honra, evidentemente, da Virxe do Carme.






Imos hoxe coa oferta cultural para a fin de semana en Rianxo. E comezamos coa exposición “Retrospectiva” do pintor noiés Nacho C. Beiro. A expo, poderá visitarse dende hoxe mesmo (inaugúrase ás 20.30 horas no Auditorio) até o vindeiro 14 de marzo.

