Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas

14 Set

Guadalupe 2015 Juadalupeñas 001

Un dos mellores día das Guadalupe, sen dúbida, é o das Juadalupeñas, onde as novas xeracións de rianxeiros se unen para desfrutar botando unha risas durante todo o día. Durante os xogos juadalupeiros que se fan pola mañá estivo un equipo de Vaia Troula da TVG, así que este domingo todos a ver a Galega 😉

Darlle a noraboa á Comisión polos novos xogos deste ano, xa que o curling humano e o rebenta-cús fixeron rir aos centos de persoas que estabamos alí, e sempre é de agradecer que se vaian renovando para ben as probas.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: a procesión do domingo

14 Set

inicio (1)

Velaquí as fotos do que foi a procesión do domingo, moi marcada pola ameaza da chuvia. De feito, a misa fíxose na igrexa en lugar de no Campo de Arriba, xunto á capela da Guadalupe. E se ben durante a misa o mal tempo non foi impedimento, nada máis chegar ao barco para a procesión marítima, houbo que gardar as imaxes a resgardo pola que caeu.

Seguir lendo

Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso

12 Set

IMG_9603

A pesar das previsións de chuvia para este venres en Rianxo, na praza de Castelao o único que choveron foron litros e litros de alcol. Nada máis entrar no Campo xa chegaba o olor a viño tinto. As peñas ían inundando o lugar, con ganas de dar comezo a unha das festas máis importantes de Galicia. É o caso de Perdoa… estaba borracho, que cada ano nos sorprenden e diverten coa súa idumentaria e posta en escea.

Seguir lendo

Tanxil no programa “Aquí hai praia” da TVG

4 Set

tanxil

O programa Aquí hai praia, que percorre distintos areais de toda Galicia que se emite cada xoves na TVG tamén estivo en Rianxo. En concreto a parte relativa a Tanxil comeza no minuto 30:24. E, como non, os entrevistados falan de temas como o tipo de area que hai agora e tamén da lonxitude da nova praia, aínda que sen polemizar demasiado 🙂

Fotos do Mercado Pirata en Rianxo

16 Ago

mercadopirata

Estes días celebrouse en Rianxo o Mercado Pirata. Unha sorprendente aposta que busca darlle unha pequena volta aos cada máis estendidos mercados medievais, celtas, da historia…

Seguir lendo

Rianxo dende o aire

15 Ago

Velaquí unha serie de fotos de Rianxo dende o aire, nas que se pode apreciar tamén a fermosura da ría de Arousa. Son fotos de hai varios anos, xa que o dique grande aínda non estaba rematado, nin existían as casetas novas dos pescadores ou do Bingo.

Rianxo

turgalicia1

turgalicia2

turgalicia3

turgalicia4

Imaxes de Turgalicia

A Rúa de Arriba

11 Ago

Nela non viviron nin Manuel Antonio, nin Dieste nin Castelao. Nin falta que fai.
Nos seus 100 metros non hai o bulicio de xente doutras rúas da vila. Nin tampouco o necesita.
Ao seu paso non hai terrazas que esquivar, nin luces de neón. Só unha pequena perruquería. A vista do transeúnte ten tempo para admirar as pequenas e humildes vivendas, nas que habitan rianxeiros tamén humildes, boa xente que non precisa ser un Manuel Antonio para ver que a súa calzada contén poesía e historia.
De noite vólvese máxica. As súas luces descubren recunchos, balcóns, sombras na pedra, curvas nas fachadas, esconden cables e iluminan os vidros dos seus senlleiros edificios.
É a rúa de Arriba. Cando vaias por ela, ben para conectar co Campo ou coa rúa do Hospital, detente só un anaco, xira en derredor e verás que as rúas sinxelas e modestas son as máis fermosas.

_MG_3009

Festival de Música Tradicional Aleivosía 2015

6 Ago

aleivosía

Como cada ano, a Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía (pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o Festival de baile e música tradicional Aleivosía. E xa van 13 edicións que de seguro traen moi boa sorta á formación.

Seguir lendo

Festa da Xouba de Rianxo 2015

16 Xul

 

Este ano a Festa da Xouba de Rianxo adiántase, para ofrecer novas propostas. Cumpre desta vez a súa 23 edición e durante o venres 17 e o sábado 18 de xullo poderemos desfrutar dunha ruta gastronómica da xouba por distintos locais do Concello, votando pola mellor preparación. Ademais, o sábado tocarán os Perucos.

Ademais, o venres, David Alcalde, do Toffe, ofrecerá un taller de cociña ás 17.00 horas no restaurante Pachín de Taragoña sobre as posibilidades da xouba.

O día grande seguirá a ser o 25 de xullo, que este ano cae en sábado. Haberá actuacións musicais, concurso de pratos coa xouba como elemento principal, regata de traiñeiras, inchables…

Festas do Carme de Rianxo 2015

8 Xul

Este venres, sábado e domingo terán lugar as Festas do Carme de Rianxo. O día 10 a música virá da man da orquestra Israel, do grupo América e do dúo Calú.

O sábado continuarán Ritmo Joven e Compostela, e o domingo só tocará o grupo De Moda, xa que o luns pola mañá hai que madrugar.

Os actos propiamente relixiosos terán lugar o xoves 16, na honra, evidentemente, da Virxe do Carme.