Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

Primeiro día do verán

21 Xuñ

Chega o 21 de xuño e con el aparece de xeito oficial o verán. Xa levaba con nós uns días, iso si, pero hoxe a calor seguiu pegando duro, superando os 30 graos. Así que moitos rianxeiros e outros que veñen de concellos próximos decidiron estrear praia e botar man da sempre fresca auga da ría de Arousa, aínda que moitos non chegamos a ir máis alá dos xeonllos, por medo á conxelación 😉

Crónica e imaxes do 2º Foro de Rehabilitación de Rianxo

1 Mai

f00

Crónica e fotos do arquitecto Carlos Bastos. A pasada fin de semana vivimos en Rianxo o 2º Foro de Rehabilitación. Despois do inicio no ano pasado a través do 1º Foro, o cal estaba máis dirixido a estudantes de arquitectura e a un campo de traballo sobre o tema, este ano de forma decidida centrouse no desenvolvemento arquitectónico a través da rehabilitación, dende puntos de vista técnicos, construtivos, políticos e sociais.

Seguir lendo

Programa da Semana Santa 2015 en Rianxo

26 Mar

Velaquí os actos desta Semana Santa no noso Concello. Fai clic sobre a imaxe para ampliar.

triptivo interior

Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo: “Somos unha gran familia que continúa coa tradición dos nosos maiores”

24 Mar

irmandade (1 de 1)

A piques de chegar a Semana Santa, falamos coa Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo, que promove e organiza os actos litúrxicos deste período. O cuestionario está contestado por Gustavo Galbán, irmán maior da Irmandade.

Seguir lendo

Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo

26 Feb

24022015-BTT_Rianxo_saida (19)

Xa temos lista a colección completa de imaxes do que deu de si a III Marcha BTT de Rianxo. En concreto xuntamos 2.530 fotografías de distintos puntos da proba. Para que vexades mellor as imaxes, velaquí todo organizadiño por zonas:

Seguir lendo

Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo

17 Feb

planpxom

Un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.

Seguir lendo

Foto antiga do paseo da ribeira coa igrexa ao fondo

6 Feb

Rianxo

Agradecémoslle a Manuel Franco que nos deixara as fotografías. Son da familia de Moncho Bravo.

A antiga “molinera” de Rianxo

3 Feb

Hoxe queremos compartir con vós unha foto desa historia non tan antiga, xa que moitos dos nosos pais e avós de seguro que se lembran. É o tempo no que case todo o mundo tiña leiras e cultivaba millo para darllo aos animais.

molinera

E moitos rianxeiros, o que facían era acudir ata a chamada “molinera”, que tedes na imaxe. Pertencía á familia Pérez, polo que nos contou algún veciño. Polo visto, orixinalmente estaba situada preto do Castillo, onde a rexentaba o señor José e a súa muller Urbana (da familia Pérez).

Máis adiante levouse para Rinlo, onde seguiron os fillos, Lucho e Ramón. Estivo activa ata que comezaron a construír pola zona, pero ata a década dos 80 aínda funcionou.

As mozas adoitaban ir con sacos co millo en gran e alí moíano para despois darllo ás galiñas ou aos porcos da casa en forma de fariña. E para que vexades como eran as cousas, o muiñeiro non cobraba en pesetas, senón en especies. Quedábase coa chamada maquía. É dicir, unha parte da fariña que se quedaba o muiñeiro do traballo.

Esta palabra deu lugar a varias frases ao longo da nosa xeografía. Recollemos algunha presente no Corpus lexicográfico da lingua galega:

  • “Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.
  • “O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro”.
  • “O muiñeiro que oi e ve non pode ser paroleiro”.

Rematamos o post agradecéndolle a Manuel Franco que nos cedera a imaxe para a súa difusión.

Fin de ano 2014 en Rianxo

29 Dec

finano

A chegada do 2015 poderemos celebrala outro anos máis grazas á Comisión de Juadalupeñas, que instalará unha carpa na praza de Castelao.

Actuarán DJ Peri, Goxi DJ, H. Freak e o trío Unión y Fuerza. A apertura será á 1 da mañá, momento para darlle xa movemento ao corpo. Ás 3.30 horas celebraranse as baladalas con gominolas en lugar de uvas, e un cuarto de hora despois cantarase a Rianxeira, como non podía ser menos. E para os que teñan fame e frío, ás 5.30 haberá chocolate con churros.

Así que un ano máis, podes quedar na túa vila para despedir o ano e desfrutar do novo.

O porto de Rianxo dende o aire

23 Dec

portoPlan de Ordenación do Litoral de Galicia: Rianxo