Día das carrozas de entroido en Taragoña 2017

14 Mar

 

IMG_1454-1

O pasado sábado 11 de marzo pola tarde celebrouse en Campo de Pasos, o tradicional desfile de carrozas e entroido que este ano tivo que ser adíado unha semana por mor do tempo. Aquí vos deixamos unhas cantas instantáneas do que por alí se viu así como a entrega de premios.

Seguir lendo

O grupo Os Chapís cantan ao paraíso de Rianxo

12 Mar

Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.

Seguir lendo

O Casco de Ouro de Leiro, no castelo de Santo Antón da Coruña

12 Mar

Se algunha vez visitades A Coruña, lembrade pasarvos polo castelo-museo de Santo Antón. Alí tedes exposto o chamado Casco de Ouro de Leiro, que en abril de 1976 atopou José María Vicente. Ademais, os sábados a entrada é gratis, polo que non tedes excusa 😉

Seguir lendo

O himno de Rianxo

11 Mar



Grazas á presentación do libro de Arcos Moldes de Comoxo e de Santos descubrín que Rianxo ten un himno, que foi interpretado alí en directo pola Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior en Rianxo.

Seguir lendo

Presentación do libro “Arcos Moldes, mestre sen escola”

10 Mar

O pasado sábado, 4 de abril, tivo lugar no auditorio de Rianxo a presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola. Trátase dunha revisión, máis detallada e con máis información da biografía publicada en 1994 por Xosé Comoxo e por Xesús Santos. Levaban varios anos traballando nesta obra, que agora ve a luz grazas á Deputación da Coruña e ao Concello de Rianxo.

Seguir lendo

Imaxes do entroido no CRA Rianxo Irmáns Ínsua, celebrado en Leiro

1 Mar

Este ano o entroido vén cargadiño de fotos. Desta vez é a ANPA do Colexio Rural Agrupado Irmáns Ínsua de Rianxo quen nos facilita as imaxes da festividade. Este ano os centro a celebración tivo lugar na escola de Abuín, en Rianxo. O CRA de Rianxo abarca as escolas rurais de Cuvide, Cruceiro, Outeiro, A Capela, O Pazo, Rañó, Abuín e Quintáns.

Seguir lendo

Martes de entroido 2017

1 Mar

img_1256-1-2

Deixámovos unhas cantas instantaneas do que deu de si o martes de entroido rianxeiro, con exhibición de Capoeira, obradoiro de caroutas, bingo…

img_1259-1-3img_1266-1-4img_1267-1-5img_1268-1-6img_1270-1-7img_1273-1-8img_1274-1-9img_1275-1-10img_1276-1-11img_1279-1-12img_1281-1-13img_1282-1-14img_1284-1-15img_1287-1-16img_1290-1-18img_1299-1-19img_1306-1-20img_1311-1-21img_1314-1-22img_1321-1-23img_1326-1-24img_1331-1-25img_1335-1-26

O Día do Deporte Choqueiro 2017

28 Feb

entroido-rianxo-pavillon

Un ano máis, no pavillón de deportes de Rianxo, celebrouse o Día do Deporte Choqueiro, organizado pola Concellaría de Deportes. Aquí vos traemos algunha imaxe das actividades, xa que ademais de inchables os nenos puideron montar en triciclos, xogar a derribarse ou botar partidas en videoconsolas.

Seguir lendo

Fotos do entroido na escola Brea Segade de Taragoña 2017

26 Feb

entroido-brea-segade-2017-1

Queremos darlle as grazas ao CEP Brea Segade de Taragoña, que nos pasaron as imaxes de como pasaron alumnos e mestres o venres de entroido.

Seguir lendo

Fotos do entroido no Araño 2017

25 Feb

aranho-entroido-2017-1

Queremos darlle as grazas antes de nada a Eduardo por pasarnos as fotos de como foi a festa de entroido organizada pola Asociación de Veciños do Araño. Un ano máis, non faltaron as filloas, a orellas e a comida gratis. Ademais de moito humor e moitas risas.

Seguir lendo