José Ángel, un veciño de Rianxo de 20 anos, foi un dos protagonistas do reality de citas “First Dates”, que cada noite emite a canle Cuatro. Acudiu ao programa de onte na busca do amor. Tería sorte? Podes ver un adianto pinchando sobre a imaxe, ou ben o programa completo aquí.
Encontros de folclore en Rianxo
28 Out
Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.
XVII Autocross O Castro
19 Out
O pasado 8 de outubro, celebrouse no circuito do Castro a XVI edición do Autocross O Castro.
Durante todo o día sucedéronse as distintas quendas de entrenamentos e clasificación en tódalas categorías.
Deixámovos a continuación unha serie de imaxes tomadas nas quendas finais:

































I Mostra de teatro afeccionado Alter Ego
11 Out
O domingo pasado dou por finalizada a Mostra de teatro afeccionado Alter Ego organizado pola Agrupación teatral Criaturas e co patrocinio do Concello de Rianxo, Toffe Rianxo, Zona Comercial A Martela e a Diputación da Coruña.
Polo escenario do auditorio Rianxeiro e durante duas semanas pasaron agrupacións da talla de Ditea coa obra Animaliños, Vacaloura teátrica con Mousike e as Kronomusas, Pinchacarneiro Teatro con L, Grupo de teatro Airiños con Hoxe non se paga e para rematar a Agrupación Teatral Criaturas coa obra O Paxaro de Osiris


Comezou a función cos agradecementos por parte de Criaturas, a intervención da concelleira de Cultura do Concello de Rianxo Raquel García e a entrega do premio a Airiños, premio que foi outorgado por votacións efectuadas nas diversas funcións da mostra e feitas polo público asistente.
Deixámovos a continuación unha serie de fotografías feitas durante a obra O Paxaro de Osiris:
















































Fotos da andaina ao Pozo Bastón 2016
2 OutUn ano máis, a Asociación de Veciños do Araño organizou unha andaina dende o hórreo máis grande do mundo ata o Pozo Bastón. Con 10 minutos de atraso sobre a hora da saída, as 9 da mañá, uns 65 veciños e visitantes animados pola marcha comezaron a ruta para combater o fresco da mañá. Polo medio do camiño fóronse unindo máis veciños, ata completar en total as 75 persoas. Velaquí algunhas fotos da cita.
Novo curso en Vai de Roda
27 Set
Vai de Roda comeza o novo curso. Podes apuntarte a clases de acordeón e gaita, pandeireta e canto, percusión e gaita e tamén baile.
Resultados das eleccións autonómicas 2016 en Rianxo
26 SetComo podemos ver nos datos de participación, aínda que a porcentaxe foi dous puntos por riba de 2012 (65,17% vs 63,18%), a nivel global global só houbo un voto máis, porque hai catro anos se contaron 6.231 papeletas. O que si, baixou moito o número de votos en branco e de nulos, que daquela sumou o 4,38%.
En canto ao detalle por partidos, o PP practicamente mantense. É certo que perde un punto porcentual, pasando do 41,4% ao 40,47%, pero o reconto total é moi semellante ao de 2012: unicamente perde 22 papeletas e hai preto de 2.500 rianxeiros que confiaron nos populares para gobernar en Galicia.
Eses 22 votos igual foron parar a Ciudadanos, que contou con 121 apoios. Hai catro ano, con UPyD, a representación foi de 73 papeletas.
Por outra banda, ao igual que en Galicia, a formación de En Marea supera lixeiramente ao PSOE. No primeiro caso irrompe con 1.188 papeletas. Se tomamos como referencia a AGE no 2012, daquela tiveran 920 votos, co que a subida é considerable.
O PSOE descende en 137 votos, pasando do 20,5% dos apoios ao 18%.
Por último, e aínda que no resto de Galicia perde apoios, o BNG en Rianxo consegue aumentar os seus votos nas autonómicas. Un punto porcentual máis, do 16,45% ao 17,51% e 79 votos máis, en concreto 1.078 papeletas. Igual se agardaba máis sendo Rianxo un concello gobernado polo BNG, pero é que precisamente en Rianxo sempre se vota PP tanto nas xerais como nas autonómicas, polo que o dato é relativamente bo con respecto a hai catro anos se temos en conta a tendencia dos frentistas. Sorprende, pero hai moitos rianxeiros que a pesar de votar PP en determinados comicios, a nivel local votan BNG.













