Mañá, último día para apuntarse á XVII Subida ao Castro Barbudo

8 Xuñ

Os amigos da Peña Ciclista Castro Barbudo organizan nin máis nin menos que a 17ª edición da súa tradicional Subida ata o monte que dá nome á súa asociación. Este ano, ademais, organizan unha andaina e a actividade será pola mañá, en concreto o domingo 12 de xuño.

Seguir lendo

As revistas musicais dos anos 20

6 Xuñ

(1)

O pasado venres, 3 de xuño, presentouse na Biblioteca Municipal de Rianxo a exposición “As Revistas Musicais dos anos 20”, vinte reproducións das portadas das revistas depositadas no Fondo Local de Música do concello de Rianxo.

Seguir lendo

Restauración do cruceiro de Pousada, no Araño

5 Xuñ


Hai 15 días, o lugar de Pousada, no Araño, volveu recuperar o seu cruceiro, despois de que no ano 2009 se partise. O motivo foi un temporal, que provocou que caese ao chan, partíndose en varios cachos, como se pode ver nas imaxes.
Seguir lendo

Chat

Retirada de abellas na praza da Guadalupe

2 Xuñ

Durante esta tarde a policía municipal de Rianxo acordoou parte da praza da Guadalupe. O motivo foi un exame de abellas.

Nun primeiro momento pensamos que podían ser avespas asiáticas, pero xa nolo desmentiron dende o Concello, polo que pedimos desculpas polo erro.

image

image

image

Ao pouco, chegou un apicultor, protexido totalmente cun traxe. Colleu algunhas abellas, coa raíña, e pouco a pouco o resto fóronse introducindo. Dese xeito xa se evita todo perigo na zona. A actuación, como vino, foi moi rápida.

image

image

image

A romaría de San Pedro de Vilas, escenificada no Luar da TVG

31 Mai

O pasado 27 de maio, moitos veciños do concello estiveron no plató do Luar da TVG. Alí representaron a romaría do San Pedro de Vilas, cantaron e bailaron. Velaquí ese marabilloso momento. Estivo a xente de Vai de Roda, a agrupación Río de Anxo e a xente de Airiños.

Alfombras florais no Corpus de Rianxo 2016

31 Mai

alfombraprazaigrexa (1)

Hoxe recollemos o que foron as creacións florais feitas polos veciños de Rianxo durante o domindo de Corpus. Moito colorido e moito traballo para estas efémeras obras de arte. Repasamos por zonas o que deron de si as alfombras.

Seguir lendo

Crónica do IV Torneo EBO, memorial Abel

30 Mai

IMG_20160528_091647_1

Esta fin de semana, o campo de fútbol de Vilas, en Asados, acolleu o mellor fútbol. Os rapaces que seguramente nuns anos estean a xogar nas categorías superiores do fútbol, nos equipos máis recoñecidos e nas competicións máis esixentes, pasaron por aquí para deleitarnos co seu fútbol.

Seguir lendo

Fotos do XI Serán de Rianxo

30 Mai

VaideRoda (34)

Este pasado sábado, 28 de maio, tivo lugar o XI Serán de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. Hai que dicir que tiveron un mérito enorme, xa que ao mal tempo lle houbo que sumar que ese día foi a final da Champions. Non era fácil competir contra ese evento deportivo, pero xa vedes que houbo resposta e que a xente foi ata o Campo de Arriba a cantar, bailar e divertirse.

Seguir lendo

Así se fixeron as alfombras do Corpus de Rianxo 2016

29 Mai

alfombras_Rianxo_2016_mo (1)

Na rúa do Medio xa dende primeira hora da tarde comezaron a traballar na elaboración das alfombras florais para celebrar o Corpus. Os preparativos iniciáronse moitas semanas antes, xa que xuntar todo o material e preparar algo así leva moito tempo, algo que a maioría non coñecemos.

Seguir lendo

A Rianxeira, por Víctor Grande

27 Mai

Fragmento dun monólogo de Víctor Grande feito na Coruña coa Rianxeira como tema principal 🙂