Obradoiro gratuíto sobre paisaxe en Rianxo

13 Mar

Obradoido sobre paisaxe

Rianxo vai ser a primeira localidade en acoller un abradoiro do Instituto de Estudos do Territorio. Pode inscribirse calquera veciño e alí poderanse expresar as ideas ou opinións relativos a temas de calidade paisaxística, medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.

Seguir lendo

Vistas da nosa localidade dende o Castro Barbudo

12 Mar

Vistas da parroquia de Taragoña, Rianxo e Asados dende o Castro Barbudo neste vídeo en timelapse:

Fotos antigas de grupos de xente

9 Mar

Hoxe recompilamos neste post unha serie de fotos antigas do noso concello con grupos de persoas.

01-01-2010 11-21-18_0525

01-01-2010 11-24-54_0527

01-01-2010 11-26-34_0528

02-11-2009 17-39-27_0116

01-01-2010 11-30-04_0530

 

02-11-2009 17-08-06_0098

02-11-2009 17-11-38_0099

02-11-2009 17-16-58_0102

02-11-2009 17-18-42_0103

02-11-2009 17-29-20_0109

02-11-2009 17-46-08_0121

Solpor no porto de Rianxo

4 Mar

Velaquí un vídeo en timelapse dende o porto de Rianxo, co sol poñéndose na Serra do Barbanza.

Presentación equipacións do Clube Voleibol Rianxo

2 Mar

presentación

.- O pasado domingo, 21 de febreiro, ás 11 h., no salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a presentación das novas equipacións do Club Voleibol Rianxo – Mexillón de Ouro para o ano 2016. O club lucirá a partir de agora camisetas cun deseño inspirado en elementos da cultura rianxeira e que inclúe debuxos “Cousas da vida” de Castelao e a imaxe da escultura da Rianxeira de Buciños. O obxectivo é mesturar deporte, cultura e tradicións de Rianxo, dándoos a coñecer por toda Galicia nos desprazamentos da entidade.

Seguir lendo

Norberto Uzal deixa o Pleno da Corporación Municipal de Rianxo

1 Mar

José Norberto Uzal Tresandi, que ata o de agora era número dous do PP de Rianxo e, como tal, edil no Pleno da Corporación Municipal, vai abandonar o seu cargo. As razóns que o levaron a tomar esta decisión son puramente profesionais, como indica o propio Uzal.

Seguir lendo

“Isto é un despropósito. Tomáronnos por tontos”

28 Feb

Os propietarios das fincas afectadas polo viaducto do AVE ao seu paso por Isorna están en pé de guerra. E non é para menos. Séntense enganados despois de dar todas as facilidades para construír unha obra que consideran de interese público. Sete anos despois, as fincas produtivas nas que levan anos traballando, son unha especie de pedregal que en nada se parece aos terreos que tiveron que deixar. E reclaman, como é lóxico, que a empresa deixe as fincas non de calquera maneira, senón intentando que queden en condicións moi semellantes a como se entregaron.

AVE (18)

Seguir lendo

Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

Seguir lendo

Xornadas de Rosalía de Castro 2016

24 Feb

cartel Rosalia 2016

Hoxe e mañá celebraranse en Rianxo duas xornadas de lembranza a Rosalía de Castro no 179 aniversario do seu nacemento.

Seguir lendo

Proba de pastores alemáns no Araño

24 Feb

21022016-HPIM1842

Esta fin de semana tivo lugar no Araño unha proba da Delegación de Galicia do Real Club Español do Can Pastor Alemán (CEPPA). Tratábase dun evento clasificatorio para o Campionato de España.
Seguir lendo