Noites de Jazz 2015 (martes)

29 Xul

_MG_1745

Seguindo coa programación das Noites de Jazz, onte pola noite tocoulle o turno ó Combo Next Generation da Estudio Escola de Música.

Seguir lendo

Noites de Jazz 2015 (luns)

28 Xul

_MG_1619

Impresionante o comezo das Noites de Jazz 2015 coa Orquestra Xuvenil da Estudio Escola de Música, dirixida polo mestre José Nine Ces, que a ritmo de blues, funky e rock fixeron desfrutar ó numeroso público que se xuntou na praza de Rafael Dieste para ver o concerto.

Seguir lendo

Entrevista a Gonzalo Hermo, poeta gañador do Premio da Crítica e do Premio Nacional de Literatura 2015

27 Xul
No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

Ten só 28 anos, pero a Asociación Española de Críticos Literarios xa lle concedeu o seu premio pola súa obra Celebración. Gonzalo Hermo, de Taragoña, daba xa antes mostra do seu talento como poeta en Crac, un poemario convertido en mediametraxe polo director Lázaro Louzao. Por se isto fose foi, acaba de ser premiado co Premio Nacional de Literatura 2015, na modalidade de Poesía Jovén “Miguel Hernández”, dotado con 20.000€. A súa obra, escrita en galego, vemos que ten un gran recoñecemento. De feito, o xurado valorou “a aposta por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora”.

Aínda que hai máis de 10 anos que non vive aquí, preguntámoslle que significa para el Taragoña, como foi a presentación do seu libro no Curral do Marqués e sobre a saúde da poesía e da nosa lingua.

Seguir lendo

A Feira do Libro 2015, xa en Rianxo

23 Xul

Dende esta mañá, e ata o domingo, poderemos desfrutar en Rianxo dunha nova Feira do Libro. As casetas estarán abertas de 12.00 a 14.00 horas (ata as 14:30 horas na fin de semana e festivo), e de 18.30 a 22.30 horas.

Seguir lendo

Cristina Noya, este venres no Mundial

22 Xul

cristina1

A  deportista rianxeira Cristina Noya Río, quen conta con grandes títulos ás súas costas, como o Campionato de España na modalidade C-1 sénior en 200 metros, estará este venres no Campionato do Mundo na modalidad de C2 sub 23 mulleres. Sen dúbida, xa un merecido premio para o Club Piragüismo Rianxo, canteira de grandes palistas como a propia Cristina.

Seguir lendo

Falece o médico e concelleiro Ricardo Besada

22 Xul

De novo, no día de hoxe, temos que dar conta dunha tráxica noticia que afecta á corporación municipal. José Ricardo Besada Gesto faleceu esta pasada noite. Era un veciño coñecido en todo Rianxo, non só por ser concelleiro senón, sobre todo, por ser un médico. Moitos veciños tíñano de médico de cabeceira, e de seguro que algunha vez nos coincidiu en urxencias de velo no centro de saúde, onde levaba traballando varias décadas.

Seguir lendo

Fotodenuncia: sen espazo para transitar

22 Xul

colchon1

Unha lectora do blog de Asados mándanos esta fotografía a modo de fotodenuncia do que acontece nunha das estreitas rúas da Atalaia, polo que case non poden transitar.

Seguir lendo

Artefacto incendiario en Rianxo ou bengala marítima?

21 Xul
artefacto

Imaxe de Julio Tubío

Un veciño de Abuín, en Leiro, denuncia a través da súa conta no Twitter que onte pola tarde caeu un suposto artefacto incendiario diante súa casa. Na fotografía, difundida por Julio Tubío, pode apreciarse o dispositivo. Abaixo de todo entendemos que estaría o resorte que prendería o lume, xa queimado.

Seguir lendo

Rianxo continúa baixando a súa débeda, pero aumenta o prazo no que paga a provedores

20 Xul

debedaRianxo
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de facer público o informe sobre a “débeda viva” das entidades locais a peche de 2014.  Nel podemos observar como do 2011 ao 2014 os cartos pendentes de pagamento en Rianxo se reduciron ata a metade.

Seguir lendo

Festival Internacional de Baile Tradicional

20 Xul

Actualización: por mor do falecemento do concelleiro Ricardo Besada, esta actividade queda suspendida.

Un ano máis terá lugar no noso concello o Festival Internacional de Danza. Será o mércores 22 de xullo na Praza Castelao ás 22.00 horas. Nesta ocasión participarán o Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira, Portugal) e un grupo holandés folclórico de imposible dición para un galego coma min (Achterhookse Folkloredansers de Ruurlo). Ademais, visto o cartel, os holandeses están en pleno forma, porque máis que bailar semella que fan acrobacias.