De cando sor Lucía, a do milagre de Fátima, veraneou en Rianxo, se lle apareceu Deus e foi a un discurso de Castelao

8 Xan

Antes de nada, teño que comentar que este post é todo mérito de Rabunho Rexeita. Para quen non o coñeza, é unha das referencias do noso Concello en canto a historia, curiosades e información. E máis en concreto na parroquia do Araño. O caso é que un día estando con Tito, de Rabunho Rexeita, e con Juan Carlos Collazo, experto no noso patrimonio arqueolóxico, faláronme desta historia, que por outra banda xa publicara Tito.

Seguir lendo

María, lavando á man nun lavadoiro de Taragoña

8 Xan

lavandeira

Hai varias décadas, cando non existían electrodomésticos e había que lavar a roupa, os lavadoiros eran un punto de referencia para a veciñanza. Alí xuntábanse as mulleres coas sabas, roupa interior, pantalóns e saias para fregar e refregar contra a pedra, dándolle con xabón e cepillo. No noso Concello hai moitos lavadoiros e, aínda que parezan cousa do pasado, aínda hai xente que os usa.
Seguir lendo

Imaxes do último e espectacular solpor de Rianxo no 2014

2 Xan

Poucas cousas hai máis fermosas que unha posta de sol. Se esta ten lugar o último día do ano e nos deixa estampas tan fermosas como as que puidemos ver dende Rianxo, pois que menos que recollelas coa nosa cámara e tratar de gardalas na memoria para desfrutar destes intres.

solpor_Rianxo

solpor_Rianxo (2)

solpor_Rianxo (3)

solpor_Rianxo (4)

solpor_Rianxo (5)

solpor_Rianxo (6)

Todo listo para a cabalgata de Reis en Rianxo

2 Xan

cabalgata

 

O día 5 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos pasarán por Rianxo para estaren cos nenos da nosa localidade antes de comezar co reparto dos regalos.

Seguir lendo

O xeito en Bruxelas

1 Xan

Velaquí este vídeo que acabamos de atopar sobre como se presentou en Bruxelas, na Comisión Europea, o problema do xeito, unha arte de pesca tradicional que se confunde coa pesa masiva e destrutora doutro tipo de artes.

Por certo, que no facebook se creou a páxina “Salvemos o xeito” onde se poden seguir as últimas noticias relacionadas co tema.

Como foi a festa de fin de ano 2014 en Rianxo

1 Xan

1

 

Outro ano máis, puidemos desfrutar dos primeiros momentos do novo ano en Rianxo grazas a un traballo estupendo da Comisión de Juadalupeñas. Por ese motivo, moita da xente que saía ata Boiro an fin de ano agora queda aquí e dinamízase un pouco todo o que ten que ver coa hostalería.

Seguir lendo

Datos do blog no 2014

1 Xan

Como cada ano, a xente de WordPress, a plataforma na que temos o noso blog, fixo un pequeno resumo dos datos da nosa páxina durante o 2014, que podes consultar de forma completa facendo clic aquí.

Facendo un breve resumo, dicirvos que se xa no 2013 estabamos moi contentos coas visitas, este ano a cousa foi aínda mellor e chegamos á incrible cifra de máis de 100.000 visitas en todo o ano. En concreto, 100.828 visitas como podedes ver na seguinte táboa. Só no mes de setembro, con todo o relacionado coa Guadalupe, acadamos preto de 18.000 visitas.

cifras2014

 

Tivemos visitantes virtuais de 88 países do mundo, algúns de seguro que entraron por despiste, porque entrou xente de Bangladesh, Zimbabwe ou Mozambique. Aínda que rianxeiros xa sabemos que hai por todo o mundo 😉

Iso si, os EEUU foron con 1.960 visitas o país estranxeiro que máis nos seguíu. A continuación o Reino Unido, con 1.588 visitas e despois A Arxentina, con 637 ou Suíza con 603.

Publicamos 193 artigos en todo o 2014. En canto aos temas que máis interese espertaron, este foi o top 5:

1. Fotos e crónica da II Marcha BTT de Rianxo (2.029 visitas)
2. Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso (1.736 visitas)
3. Malestar en Asados por un cartel (1.623 visitas)
4. Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro (1.615 visitas)
5. O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro (1.504 visitas)

Neste 2015 sabemos que será complicado chegar outra vez a esas 100.000 visitas, pero intentaremos sorprendervos con novos temas, curiosidades, cousas divertidas, cultura e imaxes do noso Concello.

Feliz 2015

30 Dec

Dende fotosderianxo.com, tanto Xoán coma Óscar, queremos desexarvos moi felices festas e bo 2015. Agardamos poder seguir contándovos no vindeiro ano moitas cousas sobre todo o que acontece Rianxo, fotografando as nosas xentes e os recunchos máis fermosos do noso concello. E sobre todo, desexamos publicar cousas positivas, que o 2015 veña cargado de boas noticias, de saúde e de ledicia. Unha aperta!

(Fai clic sobre a imaxe para vela en grande)

fin de ano (1 de 1)

Fin de ano 2014 en Rianxo

29 Dec

finano

A chegada do 2015 poderemos celebrala outro anos máis grazas á Comisión de Juadalupeñas, que instalará unha carpa na praza de Castelao.

Actuarán DJ Peri, Goxi DJ, H. Freak e o trío Unión y Fuerza. A apertura será á 1 da mañá, momento para darlle xa movemento ao corpo. Ás 3.30 horas celebraranse as baladalas con gominolas en lugar de uvas, e un cuarto de hora despois cantarase a Rianxeira, como non podía ser menos. E para os que teñan fame e frío, ás 5.30 haberá chocolate con churros.

Así que un ano máis, podes quedar na túa vila para despedir o ano e desfrutar do novo.

O porto de Rianxo dende o aire

23 Dec

portoPlan de Ordenación do Litoral de Galicia: Rianxo