Este xoves, 1 de maio, en Isorna, haberá un concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. Realizarase no Souto de Isorna e, dende as 16.00h haberá inchables, xogos e obradoiros. No evento, no que colabora o Toffe, poderase desfrutar do concerto a partir das 18.00h
De novo, os rapaces do Félix Muriel realizaron un interesante documento: unha entrevista a Moncho Ces, dos primeiros rianxeiros en comezar a investigar sobre os petróglifos en Rianxo, ata o punto de qeu foi o descubrir dos Mouchos, en Leiro.
Como nos contou o seu fillo, Carlos Ces, “estaba aquela tempada rastrexando o monte entre Rianxiño e Brión porque hai aí unha liña importante de gravados. E un día deu con eles, que eran difíciles de ver pola terra e vexetación que os cubría”. O caso é un día Carlos acompañou o seu pai. Tiña daquela 16 anos Carlos, cando o seu pai lle “pediu que o axudase a turrar dunhas xestas para seguir unha liña grosa que ao principio pensamos que era da pedra. Ata que, sorpresa, apareceu o gran cervo da pedra nº1, ese de case 1 metro de altura. Imaxina o gozo de tal descubrimento!”
A información sobre estes petróglifos foi recompilada no traballo “Un complexo de gravados rupestres en Rianxo”, da revista Brigantium (volume 8, anos 1993/94), elaborador por Xoán Andrés Fernández Castro, Pedro Piñeiro Hermida e Ramón Ces Castaño.
Como cada mes de maio, os amigos da Pena Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña organizan unha proba polos montes de Rianxo, a Subida ao Castro Barbudo. Este ano realizarase o sábado 17 de maio.
Hai un límite de 200 participantes e o prazo de inscrición remata o 15 de maio. Este ano rebaixaron a cota de inscrición, que será de 10 euros para federados e de 12 euros para non federados (polo seguro obrigatorio de un día por imposición da Federación Galega de Ciclismo).
Hoxe tócalle o turno ó Santo Encontro do venres pola mañá. Coido foi a procesión que máis xente xuntou de todas as que houbo esta Semana Santa en Rianxo. Aí van unhas fotiños:
Imos hoxe coas fotos da procesión do pasado xoves (Xoves Santo) en Rianxo, na que puidemos ver escenificada a última cea previa ó apresamento de Xesús.
Unha vez pasada a Semana Santa rianxeira, comezamos coas fotos que fomos facendo estes días. O primeiro álbum de foto é do mércores noite, co Vía Crucis, que estivo marcado pola retrasmisión do partido Barça-Madrid, pois moita da xente deixouse quedar nos bares da vila e da que ía na procesión, moita dela ía máis pendente do que pasaba no partido que da procesión en si 🙂
O pasado sábado, 12 de abril, celebrouse na nosa localidade a I Regata de Kayak de Rianxo. Aquí vos deixamos algunhas estupendas fotografías realizadas por Xigui. Iso si, trátase dunhas poucas imaxes que forman parten dun completo álbum que podedes visitar en tufutografia.es
O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.