Como cada domingo de festa, á medianoite todas as luces da Ribeira apagáronse para que puidésemos desfrutar das cores, formas e brillos que nos brindan os fogos de artificio. Velaquí un pequeno resumo do que foi o espectáculo pirotécnico.
Fotos da Guadalupe 2013: danzas o domingo pola tarde
20 SetO domingo pola tarde, na praza de Rafael Dieste tivemos ocasión de ver actuar a Vai de Roda e a dous grupos convidados por este: Taranvainas (Vigo) e Rancho Folclórico de Rebordoes, Santo Tirso (Portugal). Velaquí algunhas fotiñas sacadas por Xoán Antón Castro durante o acto, do que desfrutaron centos de rianxeiros:
Festas da Guadalupe 2013: a procesión
16 SetVelaquí a máis completa reportaxe fotográfica do que foi a procesión da Guadalupe en Rianxo neste 2013. Un traballo conxunto entre Xoán Antón Castro e Óscar Reboiras.
De novo, o tempo non puido ser mellor e, a pesar de que coincidía co Nazareno na Pobra, miles de persoas acompañaron a Virxe moreniña. Aínda que antes tocoulle o turno á misa no Campo de Arriba, oficiada polo padre Santiago Agrelo.
Festas da Guadalupe 2013: o Rock in Rian
16 SetDe novo, un gran traballo da Comisión de Juadalupeñas, que trouxo a Rianxo a Medomedá, á Compañía do Ruído, Terbutalina e Sonoro Maxín. En total, 7 horas de boa música nun gran festival. Velaquí unhas poucas fotos.
Festas da Guadalupe 2013: o chupitaso
14 SetNeste 2013 tivemos un pregoeiro de excepción: o actor e monologuista Carlos Blanco. Nada máis comezar xa dixo que lle comentaran que o ía ter complicado, que era difícil iso de dar o pregón en Rianxo. Así e todo, comentou que como “o currara”, pois que o ía ler.
Rianxo on Fire ‘13
13 SetA Festa da Guadalupe é un momento moi esperado para moitos, porque son moitos días de festa, de boa música e de interesantes actividades. Unha delas será o Rianxo on Fire ’13, que se celebra 16 de setembro na praza da Virxe da Guadalupe. Falamos con Héitor González, un dos organizadores e músicos que van actuar. E animámosvos a todos a non perder este evento, que esperemos que se acabe consolidando en Rianxo.
Os nenos e os pais da Vacariza non se renden
11 SetEsta mañá puidemos ver como as familias da Vacariza (Isorna), seguen a loitar porque os seus nenos estuden nunha escola unitaria que leva décadas aberta. A Consellería e a Delegación Territorial de momento non o permiten, a pesar de que si o fan con outro centro. Hai que ter en conta que este ano habería cinco nenos, pero que para o ano aumentarían a sete. Iso si, cando unha escola rural peche as portas, nunca máis as volve abrir.
Entrevista co Xixí sobre a Guadalupe 2013
6 SetRamón Iglesias Sánchez (1938), máis coñecido como o Xixí, é desas persoas que che sorprenden. Máis que nada porque leva unha cuarta parte da súa vida á fronte da Comisión de Festas de Rianxo. Con 75 anos enriba podemos velo cada día da Guadalupe pendente de como tocan ás orquestras ás 4 da mañá, e a primeira hora xa acompañando gaiteiros e bandas. Persoalmente creo que é moi de agradecer o traballo que se fai dende a Comisión de Festas, porque a todos nos gusta divertirnos, pero moi pouca xente se implica nunha tarefa que require de todo un ano. O Xixí, por certo, tamén estará na expo de Ruando Rianxo para a que contamos co apoio e o patrocinio do Concello.
Antonio Gómez Campaña, bateeiro
5 SetUn vídeo de Youtube no que se pode ver un rianxeiro adicado ás bateas dende o ano 1963.
Fotos antigas de Rianxo: reunións, festas, celebracións
2 SetDe novo, o noso agradecemento público a Rafael Caamaño, de Disteva, pola súa xenerosidade á hora de facernos chegar estas imaxes. Como vedes, hai fotografías antigas de Rianxo de xuntanzas entre amigos, actos sociais, vodas, do entroido…








