Este ano, o feirón mariñeiro foi o domingo. E o ambiente foi inmellorable. O sol e as ganas de festa fixeron que todo Rianxo saíse a celebralo.
O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro
22 SetUn dos momentos máis fermosos do feirón mariñeiro tivo lugar ás 8 da tarde na praza da Igrexa. Alí xuntouse boa parte do pobo de Rianxo para cantar unidos a unha voz a “Rianxeira”:
Como a xente pedía máis, os músicos animáronse e cantaron tamén “Rianxo, pájaro pinto”:
Festas da Guadalupe 2013: o feirón mariñeiro
22 SetDe novo, un dos momentos máis agardados polos rianxeiros foi o do feirón mariñeiro, no que cada vez nos involucramos máis. Só hai que ver a xente que vai ataviada de época polas rúas. E, de novo, a cantidade de persoas que van cos amigos, a gaita ou un tambor e amenizan con música a xornada.
Novidades sobre a festa da Guadalupe: cartel gañador e feirón mariñeiro
17 XulO cartel do rianxeiro Lorenzo Méndez foi o escollido como base para anunciar as fests da Guadalupe 2013. Fonte: web da comisión de festas
Ademais, os interesados tamén poden inscribirse no X Feirón Mariñeiro “A Feira de 1913” para a Guadalupe 2013 a través de http://www.guadaluperianxo.org/feiron