Tag Archives: fotos

De cando case me cortan a cabeza, pero ao final gañei 15€

28 Xuñ

cabezaprimeira

A verdade é sempre me sorprendeu a programación cultural de Rianxo. Cada semana sempre hai moitas e diversas actividades. E o Auditorio é un bulir de representacións teatrais, exposicións, clases maxistrais, concertos… Como traballo na Coruña e a miña moza tamén, lamentablemente só podo baixar a Rianxo cada dúas fins de semana. Por sorte, desta vez puidemos vir o venres cedo, así que aproveitamos para acudir a unha desas actividades programadas, ao espectáculo do Mago Antón.

Seguir lendo

VIII Copa Maristas Galicia

11 Xuñ

índice

O sábado 7 de xuño, celebrouse en Ourense a VIII Copa Maristas Galicia de xadrez valedoira para o campionato galego desta disciplina. Alí desprazouse un grupo de nen@s do Clube Xadrez de Rianxo, para facer o que mellor saben, xogar e pasalo ben nunha xornada chea de contrincantes.

Seguir lendo

Fotos do Clube de Remo de Rianxo

30 Mai

Remo (5) copia

O ano pasado, con motivo do traballo para a exposición de Ruando Rianxo, quedamos cos deportistas do Clube de Remo de Rianxo. Xa puidestes ver na mostra unha gran foto deles, pero nesa sesión sacamos moitas outras que hoxe queremos compartir con vós.

Seguir lendo

O Clube de Remo de Rianxo salva dun naufraxio a dous fotógrafos de patacón

3 Abr

remo01

Por fin podemos desvelar un suceso que aconteceu o ano pasado que, afortunadamente, non tivo consecuencias maiores. Este material non puido ver a luz ata o día de hoxe, porque os seus protagonistas tiñan o material gráfico oculto. Agora, en exclusiva, podedes ver as fotos do que aconteceu.

Seguir lendo

Fotos e crónica da II Marcha BTT de Rianxo

26 Feb

saida1

Fotografías

Por fin chegou o que estabades agardando, as ansiadas fotos da II Marcha BTT Concello de Rianxo. Temos máis de 5.000 imaxes e como son demasiadas para poñer neste blog, fixemos varios álbumes para que as poidades ver con calma en distintos álbumes segundo a ruta que fixestes:

Durante os próximos días enviaremos as imaxes en alta resolución aos que contrataron as fotos no momento da inscrición. Iso si, fáltanos o correo dos dorsais 66, 129, 173, 175, 247, 264, 326, 356 e 435.

O correo do dorsal 28 (Gustavo Riveiro) tamén nos dan erro. Por favor, contacta con nós no en fotosderianxo@gmail.com para que saibamos a onde envialas.

Se non contrataches o servizo de fotografías e desexas agora as imaxes nas que saes (en rede, nos álbumes arriba indicados, témolas colgadas con moi baixa resolución), o custo é de 3€. Escríbenos a fotosderianxo@gmail.com se estás interesado.

Crónica

O domingo 23 de febreiro tivo lugar a II Marcha BTT Concello de Rianxo, na que participaron máis de 520 corredores de toda Galicia. A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña, tiña tres niveis distintos 27, 40 e 60 kilómetros. Así que podían participar dende os Chuck Norris da mountain bike ata aqueles que están comezando. Iso si, incluso na ruta máis pequena había tramos complicados e había que darlle duro ás pernas.

O rexistro de participantes abriuse ás 8 da mañá. Dende ese momento, Rianxo comezou a ser invadido. Non, non eran os vikingos. Eran btteiros con ganas de marcha.

vikingo

Ademais, a diferenza do ano pasado, o tempo foi espectacular. Foi un deses días marabillosos para practicar a bicicleta de montaña, xa que non choveu nada de nada e a temperatura era agradable. Facía fresco a primeira hora da mañá, iso si, pero a medida que os corredores ían facendo quilómetros, tamén se sacaban as chaquetas de enriba porque non as necesitaban.

Por outra banda, cada vez son máis os que veñen ata Rianxo a desfrutar desta proba. A pesar do segundo ano desta marcha, estase a converter nunha referencia para moitos deportistas de nivel, xa que participaron o subcampión galego da categoría Elite, Manuel Para; o campión galego da categoría Master 30, Alex Trasbach; o campión galego Master 30, Gómez Bestilleiro, ademais de moitos dos mellores corredores do campionato galego.

saidameta

Eran as 9.30 da mañá e xa moitos corredores estaban preparados para a saída. Ao tempo, algún que outro despistado aínda estaba chegando a Rianxo, polo que tiña que preparar a bici, inscribirse e demais. Está claro que os sábados tamén pasan factura e os domingos custa madrugar en ocasións.

A saída tiña lugar ás 9.35, uns minutiños por riba do previsto. Poñíase entón en marcha un espectacular grupo de deportistas amantes das dúas rodas, dispostos a coñecer como eran os montes de Rianxo.

carballeira

O ano pasado os primeiros quilómetros foron bastante problemáticos, xunto ao mar, en canto que había certos tramos moi moi estreitos nos que só se podía pasar de un en un. Así que este ano se decidiu corrixir este tema e a primeira parte foi polo monte. Non houbo, pois, ocasión de ir pegados á costa rianxeira, pero si se puideron apreciar zonas fermosas como a carballeira que hai arriba destas liñas ou paraxes misteriosas como a Aldea Maldita de Abuín.

A partir do quilómetro 8 a cousa xa se comezou a complicar e chegaba o momento de descubrir se as pernas necesitaban aceite ou estaban con forzas. Subíase por Leiro e por Isorna, para despois tirar por debaixo da autovía do Barbanza cara ao monte da Lioira. O día era estupendo, pero a intensa chuvia das últimas semanas notábase nos camiños.

Para os da ruta de 40 e 60 kilómetros había un avituallamento no Alto da Paradegua. Era momento de descansar e coller de novo enerxía. Os que facían a marcha máis longa ben a necesitaban. Aínda que outros, como Brandán Márquez, non a precisaban. Por algo Brandán rima con Supermán. Vaia maneira de correr.

Mirade agora o cortalumes que hai debaixo destas liñas. Brandán chegaba a este punto ás 11.00 da mañá. Unha hora e media despois da saída. Ía acompañado de tres motos de trial e baixou el máis rápido que as motos. Alucinante.

baixada

O segundo corredor pasaban cinco minutos despois de Brandán. O que daba xa unha idea de como podería quedar a carreira. Iso si, aínda quedaba moito por diante e a subida ao Pico Muralla era dura, moi dura.

Ademais, a lama non fai amigos. Iso si, hai quen pasa por riba dela case voando, levitando, como quen cruza asfalto.

auga

E despois están a maioría, eses que caen atrapados nas lameiras como moscas nas teas de araña e despois se teñen que parar pensando que foi o que pasou.

saida

A marcha non fai amigos. E as pedras do camiño e as costas do monte son duras. Para o cambio, para os freos, para as rodas e para as pernas. Iso si, a organización estivo á altura, con máis de 30 persoas pendentes de que todo o mundo estivese ben atendido e ninguén quedase sen asistencia. Tanto é así, que incluso había servizo de taxi ata a meta 🙂

moto

Os que remataron, puideron desfrutar duns pinchos entre amigos, para comentar a xornada. Sacándose previamente a terra de enriba, iso si, porque medio monte de Rianxo estaba na cara, na roupa e nas rodas das 500 mountain bikes participantes.

Velaquí os premiados:

maior

Bernardino Otero, premio ao máis veterano da marcha. 64 anos

guitiriz

Cova da Serpe de Guitiriz, clube participante máis lonxano. Fixeron máis de 110 kilómetros só en coche

numerosos

Clube participante máis numeroso, Os Esfola Arrós

muller

Gañadora feminina: Silvia Dosil

homes

Gañador masculino: Supermán Brandán Márquez

Fotos da exposición de Ruando Rianxo

16 Xan

Velaquí algo que nos pedíades: a recompilación de todas as fotos que forman parte da exposición Ruando Rianxo. Cal vos gusta máis?

Andres Lojo Angeles Figueira

Seguir lendo

O novo aspecto da pasarela sobre o río Te

22 Dec

Como sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.

pasarelaantiga

Seguir lendo

Catálogo da necrópole tumular dos Campiños, en Leiro

10 Dec

Hoxe quero poñer un gran documento realizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza. Trátase do catálogo dos Campiños e que recolle con todo detalle o que alí podemos ver. Así que é moi importante destacar o labor que realizan dende Neixón e que poidamos ter este tipo de documentos.

docCatálogo da necrópole tumular dos_Campiños

Oxalá algún día poidamos ter unha sinalización correcta ou algún tipo senda ou percorrido que nos permita descubrir os tesouros históricos que agochan os montes de Rianxo e que realmente a día de hoxe permanecen ocultos para unha maioría, xa que son moi difíciles de atopar.

campinhos1

No punto marcado como Campiños 6, podemos atopar a fermosa mámoa dos Campiños, que segundo se pode ver no catálogo elaborado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza Centro Arqueolóxico do Barbanza foi “explorada no ano 1977 por aficionados vencellados ao Teleclube de Leiro”. Trátase dunha sepultura de corredor curto que sufriu unha espoliación na súa cámara norte, polo que venceu a parede do corredor dese lado.

Trátase dun momumento funerario “construído e utilizado no momento de pleno apoxeo do megalitismo galaico, quizais correspondendo a unha fase asimilable ao Neolítico Final I-Calcocítico Precampaniforme”.

No lugar tamén se atoparon instrumentos como machados, unha aixola (ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns 10 cm, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira), dúas láminas de sílex ou tres puntas de frecha de base triangular ou restos cerámicos.

mamoacampinhos

> Post no blog de cando estivemos alí con Juan Carlos Collazo e con Rabunho Rexeita.

 

Pasarela Castelo da Lúa: Centro Óptico Grela

27 Out

Ben, despois de dúas semaniñas editando e repasando as fotos que fixemos na “Pasarela Castelo da Lúa”, aquí tedes un bo feixe de instantáneas. Imos subilas por tandas. Aquí tedes as do Centro Óptico Grela co estilismo e os peiteados de Peluquería Imperial.

Moitas grazas á ARE, CCA e ao concello de Rianxo polo seu traballo e confianza. Comentar que aquí están as fotos en baixa calidade e con marca de auga, pero que na Asociación de Empresarios de Rianxo teñen todas as imaxes orixais e en alta calidade.

 

Castelo da Lua -216 copia Castelo da Lua -217 copia

Seguir lendo

Pasarela Castelo da Lúa: Acuarela

27 Out

Ben, despois de dúas semaniñas editando e repasando as fotos que fixemos na “Pasarela Castelo da Lúa”, aquí tedes un bo feixe de instantáneas. Imos subilas por tandas. Aquí están as de Acuarela con Lydia Mariño Peluquería.

Moitas grazas á ARE, CCA e ao concello de Rianxo polo seu traballo. Comentar que aquí están as fotos en baixa calidade e con marca de auga, pero que na Asociación de Empresarios de Rianxo teñen todas as imaxes orixais e en alta calidade.

Castelo da Lua -196 copia Castelo da Lua -197 copia

Seguir lendo