Ás veces sorprende como cambia o mundo e como hai profesións que no seu día eran moi coñecidas e como hoxe en día son unha anécdota. Manuela Cándida Vicente Vicente (14/03/1921) é historia viva de como hai anos, cando non había nin Zaras, nin grandes centros comerciais a xente chamaba a costureiras que facían traballos por xornada.
José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro
24 XanAbril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.
Pecha a residencia de escritores e de creadores de Axóuxere
1 XanA través do xornal Certo acabo de enterarme de que pechou a residencia que abriu hai dous anos a editora rianxeira Axóuxere na aldea de Brión, en Leiro. Era un espazo no que creadores de todo o mundo podía pasar uns meses e escribir, compoñer ou desenvolver a súa obra con total liberdade e sen gastar un peso. Ademais, organizaban cursos e xornadas con eses novos artistas, para que os rianxeiros puidesen, ao tempo, aproveitar esas estadías e aprender novas cousas.

Foto de La Voz de Galicia. Irene La Sen na Residencia de Escritores
Agora, este fermoso proxecto, ten que pechar por falta de apoio institucional e sen capacidade de recursos por parte de Axóuxere, que continuará editando libros. Velaquí o seu comunicado:
Guía para a visita aos petróglifos dos Mouchos
16 DecHoxe quero poñer outro interesante documento do Centro Arqueolóxico do Barbanza, unha guía explicativa para a visita aos petróglifos dos Mouchos, preto da praia de Cunchas. Como comentan Juan Carlos Collazo, “a dos Mouchos é a escena de caza e de monta (equitación) máis espectacular de toda Europa”.
Guía para a visita aos Mouchos
O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)
23 NovNa aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.
O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión
21 AgoEn Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.
A historia do gato que mira o mundo dende o alto dun hórreo
3 AgoNa aldea de Brión, en Leiro, hai un gato que leva décadas mirando a vida dende o alto dun hórreo. É un gato inmóvil, paciente e coa mirada fixa. Un gato de pedra. Os camiñantes que pasen polo lado, de seguro que se preguntan que fai un micho alí arriba nesa graneira, onde máis ben debería ir unha cruz ou outro tipo de adorno. Pois aquí temos a resposta.
En Rianxo tamén hai desfiuzamentos
8 XuñAínda que moitas veces semella que a traxedia de que os bancos se queden coa túa casa pasa en cidades ou sitios máis afastados, o certo é que hai máis casos dos que pensamos preto de nós. É o caso desta veciña de Rianxo, que ten uns ingresos de 400 euros e non pode nin facer fronte aos gastos máis habituais. Agora, o seu home deixouna tras deixar tras de si unha gran débeda. É de recoñecer a labor do alcalde de Rianxo, que a puxo en contacto con Stop Desahucios para que a asesoren e traten de arranxar o seu problema:








