Despois da lixeira chuvia que tivemos o domingo de noite, o luns das Juadalupeñas amenceu con moito sol e calor. O tempo ideal para participar nos xogos juadalupeños e gañar un xamón
Fotos e vídeos da Guadalupe 2017: procesión marítima
10 SetUn ano máis o domingo foi o día grande das festas da Guadalupe. O momento no que a Moreniña saíu de procesión dende a capela que ten no Campo de Arriba para percorrer en barco parte da ría de Arousa e volver precisamente a Rianxo, a localidade na que tanta devoción lle teñen os seus veciños.
Festas da Guadalupe 2017: o pregón de Eva Iglesias
9 SetNervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.
O festival Rock in Rian celebra hoxe o seu 10º aniversario
9 Set
“Dez anos de traballo e de esforzo. Dez anos de música galega e en galego. Dez anos de música de balde”. Así resumían dende o Rock in Rian o 10º aniversario do Rock in Rian.
Fotos da Guadalupe 2017: o chupitaso
9 SetUn ano máis as festas da Guadalupe comezaron co tradicional chupitaso, onde as peñas, os disfraces e as ganas de pasalo ben reinaron.
Seguir lendo
Orquestras e programa completo das festas da Guadalupe de Rianxo 2017
7 Set
Chegou o día. Ou máis ben chegaron os oito días máis agardados do ano. Os que compoñen as festas da Guadalupe. Velaquí o programa diario, as orquestras e as actividades que terás nesta intensa festividade.
Fotos do I Tríatlon Concello de Rianxo
7 SetO sábado 2 de setembro tivo lugar o I Tríatlon Concello de Rianxo. Trátase dunha proba onde os deportistas que compiten combinan natación, ciclismo e carreira a pé.
Eva Iglesias: “Dar o pregón da Guadalupe supón o broche a un ano redondo”
7 SetEste sábado, 9 de setembro, ás 14.00 horas, a nosa veciña Eva Iglesias será a encargada de inaugurar oficialmente as festas da Guadalupe. Farao lendo un pregón polo que di sentir unha gran “responsabilidade porque vai estar todo o concello pendente”. Así e todo, está “moi contenta e desexando que chegue ese día”.
Fotos do III Slálom Concello de Rianxo
6 SetPor terceiro ano consecutivo as rúas do polígono de Te convertéronse nun circuíto no que demostrar non só quen é o máis rápido, senón quen é o máis hábil ao volante.







