Habitualmente pensamos nesta época como meses fríos e grises. Pero realmente os matices e as cores desta estación con únicos. Nos montes de Rianxo pensamos habitualmente en piñeiros e en eucaliptos, que son de folla perenne, e están verdes todo o ano. Pero hai grande abundancia de carballos e cada vez temos máis castiñeiros, sobre todo á beira do río Te. Velaquí algunhas estampas do outono no noso concello.
Canto cobra un concelleiro en Rianxo?
27 NovEsta semana, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, terceiro tenente de alcalde de Rianxo e concelleiro de Deportes e Patrimonio Histórico sorprendíamos ao publicar as súas nóminas. Fíxoo na súa páxina Rabunho Rexeita, para que así puidésemos coñecer de primeira man canto cobra polo seu traballo no Concello.
Marcha protesta pola supresión do autobús dende Isorna ao instituto
7 NovMañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.
Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.
Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.
O magosto 2015 no Araño
2 NovO pasado sábado celebrouse no centro sociocultural do Araño o tradicional magosto que organiza a asociación de veciños. Nesta ocasión asáronse preto de 40 quilos de castañas que estaban boísimas. Aquí podedes ver un pequeno resumo do que foi a xornada.
Os camposantos de Rianxo en Defuntos
1 NovO Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.
Magosto no Araño
30 Out
Quen ten ganas de castañas quentiñas? Pois mañá, 31 de novembro, no Araño haberá a fartar e de xeito gratuíto. Na Centro Sociocultural van celebrar o magosto, contando ademais con inchables e noso Magosto. Este ano pensamos nos máis cativos, polo que teremos inchables e tamén coa actuación de Fanfarra Títeres coa súa obra “A caixiña máxica”. O grupo A Restreva tamén animará a tarde e se queredes tomar algo na cantina, os prezos estarán tirados 😉
2 de novembro, III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo
21 Out
É, sen dúbidas, unha das citas deportivas do ano en Rianxo, non porque veñan corredores de todos os lados, senón sobre todo polo volume de xente que move o evento. Hai que pensar que o ano pasado se inscribiron máis de 900 persoas, e este ano agárdanse, alomenos, outras tantas. É a III Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.
A libraría Cándido, un establecemento con máis de 110 anos
13 OutUnha das librarías máis antigas de Galicia está en Rianxo. En concreto é a libraría Cándido. Hai documentos que a data de 1904, aínda que se cre que comezou a funcionar antes. Iso si, daquela chamábase “Establecimientos La Colmena” e tiña fíos, agullas e de todo un pouco.
Alí estivo a primeira imprenta de Rianxo, que era manual.







