Archive by Author

Cine e teatro esta fin de semana

8 Out

Esta fin de semana comeza no noso municipio o programa “Noites de Cine“, que terá lugar durante outubro. Está organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello e poderanse ver as películas Enrugas, Frozen e Oz, mundo de fantasía. Esta fin de semana será en Rianxo, a próxima en Leiro e o 23 de outubro no Araño.

Seguir lendo

Festas de Leiro 2015

7 Out

festasdeleiro

Esta fin de semana, o 8, 9 e 10 de outubro, son das festas da parroquia de Leiro. E coo cada ano, o cartel é de luxo, xa que traen grandísimas orquestras. Así, entre as actuacións destacan Filadelfia, Pontevedra, Metrópolis, Fania Blanco Show, Claxxon e Aché.

Non deixedes de ir, que agora que rematou o verán todo semella máis triste, pero para iso están as festas de Leiro, para animarnos 😉

XV Autocross O Castro

5 Out

autocross

Este próximo sábado, 10 de outubro, terá lugar en Taragoña o XV Autocross o Castro. A xornada comezará cediño, ás 9 da mañá, coa chegada dos participicantes e as oportunas verificacións. Así e todo, os motores comezarán a ruxir a partir do mediodía, cos adestramentos. E a adrenalina, derrapes e aceleróns viviranse sobre todo a partir das 14.45 horas, cando comezan as semifinais.

IX Ruta Cabalar de Rianxo

27 Set

campo1

Hoxe, no lugar do Xogo dos Bolos, tivo lugar a IX Ruta Cabalar de Rianxo. Os xinetes apuntados saíron do punto de encontro ás 10.30h para percorrer os montes do municipio, parando na praia das Cunchas a tomar un picho.

Seguir lendo

Limpeza no río Te

26 Set

A través de La Voz enterámonos de que mañá, 27 de setembro, Rianxo participa no proxecto “Móllate polos ríos”. A idea é realizar unha limpeza de forma simultánea en distintos ríos de 40 concellos galegos e un deles será o Té, onde a xente pode ir de forma voluntaria e botar unha man.

Seguir lendo

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2015

24 Set

feiron2015

ultimodia2015

chupitaso2015

juadalupenas2015

festadaescuma2015

Rianxolandia2015

rockinrian2015

xoves2015

procesion2015

Vídeos do feirón mariñeiro 2015

24 Set

Un dos momentos máis emotivos da Guadalupe é cando todos os veciños se xuntan para tocar e cantar no feirón mariñeiro. Nesta ocasión o punto de encontro foi a praza da Manuela, onde as pezas non pararon de soar durante máis de media hora.

Velaquí a canción da Rianxeira e de Rianxo Pájaro Pinto:

E aquí tedes outra peza rianxeira que se vivíu moito, A Camposa, dos Rosales:

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro

23 Set

feiron 1 001

Un dos días máis esperados por todos os rianxeiros nas festas da Guadalupe é o feirón mariñeiro. Semella que leva toda a vida celebránse, pero van 12 edicións deste popular evento que reúne a todos os veciños polas rúas da vila, comentando, cantando, bailando, comprando e desfrutando do día.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día

22 Set

Guadalupe 2015 bengalas 004

O último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.

Seguir lendo

Fotos das Festas da Guadalupe 2015: a festa da escuma

21 Set

Escuma (1)

As imaxes da festa da escuma o venres da Guadalupe en Rianxo.

Seguir lendo