Como cada venres de Guadalupe, os máis pequechos puideron gozar durante todo o día de actividades, xogos e inchables gratuítos. Nesta ocasión a actividade concentrouse precisamente na praza da Guadalupe.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o xoves
17 SetEste xoves tiña que celebrarse o feirón mariñeiro, pero aprazouse ao domingo por mor do mal tempo. A chuvia fixo acto de presenza durante a mañá, pero a partir do mediodía escampou e a xente polas tardes saíu ás rúas con ganas de festa. Alí tamén estiveron Cé Orquestra Pantasma e a charanga rianxeira NASA, que se despedía na súa terra.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o Rock in Rian
16 SetOutro ano máis hai que felicitar á xente da Comisión de Juadalupeñas pola estupenda edición de Rock in Rian.
Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas
14 SetUn dos mellores día das Guadalupe, sen dúbida, é o das Juadalupeñas, onde as novas xeracións de rianxeiros se unen para desfrutar botando unha risas durante todo o día. Durante os xogos juadalupeiros que se fan pola mañá estivo un equipo de Vaia Troula da TVG, así que este domingo todos a ver a Galega 😉
Darlle a noraboa á Comisión polos novos xogos deste ano, xa que o curling humano e o rebenta-cús fixeron rir aos centos de persoas que estabamos alí, e sempre é de agradecer que se vaian renovando para ben as probas.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: a procesión do domingo
14 SetVelaquí as fotos do que foi a procesión do domingo, moi marcada pola ameaza da chuvia. De feito, a misa fíxose na igrexa en lugar de no Campo de Arriba, xunto á capela da Guadalupe. E se ben durante a misa o mal tempo non foi impedimento, nada máis chegar ao barco para a procesión marítima, houbo que gardar as imaxes a resgardo pola que caeu.
Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso
12 SetA pesar das previsións de chuvia para este venres en Rianxo, na praza de Castelao o único que choveron foron litros e litros de alcol. Nada máis entrar no Campo xa chegaba o olor a viño tinto. As peñas ían inundando o lugar, con ganas de dar comezo a unha das festas máis importantes de Galicia. É o caso de Perdoa… estaba borracho, que cada ano nos sorprenden e diverten coa súa idumentaria e posta en escea.
Concentración diante do CEIP Ana María Diéguez de Asados
10 Set
Como esta previsto, a primeira hora desta mañá o curso escolar non comezou para as nenas e nenos de Asados. Pola contra, foron os pais os que acudiron ás portadas do centro para reinvidicar o que lles corresponde por lei, un mestre mestre especialista en Audición e Linguaxe para que os cativos estean ben atendidos. Ao tempo, tampouco se dota dun mestre de apoio como correspondería ao novo número de unidades de infantil.
Duarte Galbán, xefe de produción e guionista de Gafas e Pallaso: “Nunca pensamos que a nosa webserie tería esta repercusión”
10 SetNa web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.
Os nenos do CEIP Ana María Diéguez non irán ao inicio do curso escolar
9 SetDende a Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” do CEIP Ana María Diéguez de Asados coméntanos que onte decidiron, nunha reunión, non mandar mañá aos seus fillos á presentación do curso escolar. Nesta xuntanza estivo un representante do CEP de Taragoña (con que comparten o mestre especialista en Audición e Linguaxe), ademais de membros do Concello, o BNG, o PSOE e Rianxo en Común.
Seguir lendo
Todo listo para a Guadalupe 2015
9 SetTodo listo para comece unha das mellores festas de Galicia. Todo preparado para 8 intensos días de festas que lle poñen o colofón ao verán. Chega a Gualudape 2015!








