Archive by Author

O CEIP Ana María Diéguez, sen cubrir as súas necesidades educativas

8 Set

Imaxe da ANPA Fonte da Revolta

A Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” vén de informarnos que despois das mobilizacións do pasado mes de maio, “as necesidades dos alumnos e alumnas do CEIP Ana María Diéguez seguen sen estar totalmente cubertas pola Xunta de Galicia”. Comentan que para este curso non se asigna “un mestre especialista en Audición e Linguaxe a tempo completo, como o precisan os alumnos e alumnas do Centro, e non dota dun mestre de apoio como correspondería ó novo número de unidades de infantil”.

Seguir lendo

Tanxil no programa “Aquí hai praia” da TVG

4 Set

tanxil

O programa Aquí hai praia, que percorre distintos areais de toda Galicia que se emite cada xoves na TVG tamén estivo en Rianxo. En concreto a parte relativa a Tanxil comeza no minuto 30:24. E, como non, os entrevistados falan de temas como o tipo de area que hai agora e tamén da lonxitude da nova praia, aínda que sen polemizar demasiado 🙂

O Rianjo FC

2 Set

c (126)

Se hai algo que me escoce é ver ou escoitar por aí Rianjo en lugar de Rianxo, porque ademais de soar horrible, non llo escoitei a ninguén do noso concello na vida. Pero vese que hai anos, na escrita, con outro réxime, era habitual escribilo así. Mirade senón este documento gráfico cedido por Manolo Franco, no cal se ve ao Rianjo FC.

Evangelina, 103 anos, e unha memoria prodixiosa

30 Ago

Evangelina (1)

É unha das persoas con máis anos do Concello de Rianxo. Igual ata é a que máis, pero iso non o sabemos ao 100%. O que si, para os anos que ten, está estupenda. De feito, non fago máis que repetirlle que coñezo xente de setenta e pico anos que está peor ca ela. Ela, Evangelina Frieiro Varela, rise e dime que foi unha lástima que non a collese cunha roupa mellor, para disimularlle as engurras da gorxa. Vamos, que xa que lle saco as fotos, que saia o mellor posible.

Seguir lendo

Foto antiga da rúa do Medio

30 Ago

15-11-2009 10-46-32_0340

Velaquí unha fodo que nos cedeu Manolo Franco da rúa do Medio, onde podemos apreciar o antigo bar Ela e tamén, en fronte, a terraza do Feliciano.

Praias de Rianxo: A Torre

29 Ago

torre1

Velaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.

Seguir lendo

Nespras asiáticas en Taragoña

26 Ago

Diferenza de tamaño entre unha avespa normal e a asiática. Fonte http://www.telecinco.es

Dende Taragoña, en concreto dende o lugar do Montiño, unha lectora do blog, Verónica, acaba de avisarnos de que descubriron un niño de nespras asiáticas. Por ese motivo, e mentres non se retire do lugar, os veciños andan con bastante medo. De feito, Verónica indícanos que “tocaremos a todalas portas que sexa necesario para que nos quiten o antes posible ese perigo de onda nós”.

Seguir lendo

Os Irlandeses de Rianxo gañan o I Torneo de Rugby Praia celebrado no noso concello

25 Ago

Rubgy 001

O pasado sábado, 22 de agosto, celebrouse no areal de Tanxil o I Torneo de Rugbi praia de Rianxo, onde participaron distintos equipos de toda Galicia, ao tempo que se contaba cun clube local, Os Irlandeses. Había equipos femininos e masculinos e, a pesar de que o tempo facía pensar que non se podería xogar, ao final disputáronse todos os partidos nun moi bo amabiente.

Seguir lendo

Roteiro Goza do Ulla en Rianxo

21 Ago

Continuamos cas andainas neste mes de agosto (como se nota que no verán nos gusta saír da casa). O sábado 29 de agosto de aproximadamente, dentro do programa Goza do Ulla 2015 terá lugar unha ruta duns 12 km (4 horas aproximadamente).

Seguir lendo

V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño

21 Ago

aranhoandainaComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.

A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉