Archive by Author

Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo

15 Abr

IMG_0077 copia

O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.

Seguir lendo →

Acto cívico en lembranza da República

14 Abr

IMG_0330 copia

O pasado domingo 13 de abril, celebrouse en Rianxo unha xuntanza en lembranza da República, constituída o 14 de abril. Xunto ao monolito no que estivo emprazado o antigo campo de concentración rianxeiro, xuntouse un grupo de persoeiros rianxeiros e chegados doutros lugares, para lembrar a data e realizar unha ofrenda floral en lembranza das vítimas da guerra.

Seguir lendo →

Premios Irmandade do Libro

10 Abr

IMG_0001 copia

O pasado sábado 5 de abril, puidemos asistir ós XXIII Premios Irmandade do Libro, entregados pola Federación de Librarías de Galicia no Auditorio de Rianxo.

Seguir lendo →

Crónica dunha morte anunciada

8 Abr

Hoxe queremos lembrar aquel famoso “edificio da farmacia”, que estaba á entrada do centro urbán de Rianxo, e ó cal tantas e tantas voltas se lle dou, ata que ó final acabaron por derrubalo.

Deixamos aquí a secuencia de fotos que fomos facendo do seu derrubamento ata o actual estado do solar hoxe en dia.

_MG_8496 copia _MG_0891 copia _MG_0896 copia _MG_0898 copia _MG_2305 copia edificio farmacia

 

Mulleres que rompen Moldes

24 Mar

IMG_0343 copia

Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalizción lingüística do Concello de Rianxo encargoulle ao Cadro Artístico Airiños a realización dun novo TEATRO-EXPRÉS, que fale aos pequenos da vilae aos que se queiran achegar, das MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.

Seguir lendo →

O Día do Deporte Choqueiro

10 Mar

Image

O luns pasado, dentro das actividades do Concello para o Entroido 2014, celebrouse o Día do Deporte Choqueiro no pavillón municipal.

@s máis cativos tiveron ocasión de pasalo en grande cos inchabeis, zancos, cars e demais entretementos que o Concello puxo á disposición dos nenos e nenas. E vaia se o pasaron ben!

Durante toda a tarde @s animador@s de DFábula Ocio Infantil afánaronse en compracer @s inqued@s cativ@s que non pararon en ningún intre de troulear por todo o pavillón de deportes.

Aquí vos deixamos unhas fotiños do que foi dando de si a tarde:

Image

 

Seguir lendo →

Candidatura ás eleccións na ARE 2014

21 Feb

candidatura1ok

Onte pola noite, presentouse no restaurante Tanxil unha das candidaturas ás proximas elecións na Asociación de Empresarios de Rianxo (ARE). A candidatura, capitaneada por Alfonso Castro Rodríguez acudiu á presentación co ánimo de mostrarlles @s presentes as liñas de actuación no caso de gañar as elecións que se van celebrar no local da ARE o próximo día 7 de marzo, ás 21:00 horas. Estes son os compoñentes da lista: Presidente: Alfonso Castro, Vicepresidenta: Mirian del Río, Vicepresidente: Rafael Maroñas, Interventor: David Alcalde, Tesoureiro: Vicente Martinez e secretario: Luis Duro

Seguir lendo →

Concerto de Sés no auditorio de Rianxo

17 Feb

Image

Este pasado sábado María Xosé Silvar (Sés) presentou o seu último disco Co xenio destrozado no auditorio rianxeiro.

Durante dúas horas, a banda deleitou a un auditorio cheo, con cancións repletas de potencia, feminismo e cargadas de denuncia social, que nos fixeron vibrar e emocionarnos a cada golpe da voz desgarradora e doce desta magnífica artista.

Velaquí vos deixamos unha pequena escolla de fotos que fomos facendo ó longo do concerto.

Seguir lendo →

Historia de Rianxo

12 Feb

HISTORIA DE RIANXO, así se chama unha nova páxina que dende o 7 de febreiro está a colgar fotos antigas da vila.

Coma esta do dique, cando aínda tiña auga e a súa Virxe da Guadalupe no alto, e dende onde os rapaces de Rianxo, aínda non hai moitos anos, se atrevían a tirarse dende aló enriba.

Image

Ou estoutra, que amosa a tal cantidade de barcos que había amarrados no paseo da Ribeira, cargadiños de sacos de berberechos!!!

Image

Démolle a benvida a esta páxina e augurémolle moitas, moitas visitas e boas lembranzas para @s rianxeiros e os que non son do Concello tamén.

Concerto de María Xosé Silvar (Sés) en Rianxo

6 Feb

O próximo día 15 de febreiro ás 21:00 horas teremos un gran concerto en Rianxo, xa que Sés presenta o seu novo disco “Co Xenio Destrozado”, no Auditorio de Rianxo

As entradas están á venda na cafetería Castelao Rianxo e na Cervexería Gallaecia. Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto os tickets, pero hai que enviar un mail a info@dezetapro.com

O prezo é de 10€.

Ses_CoXenioDestrozado

Como sinalan dende a promotora do concerto, “se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido”.

“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome “caseir”» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Así que, xa sabedes. Se queredes pasar unha boa velada escoitando mellor música, alí nos vemos!