O venres 31 de xaneiro presentouse no auditorio rianxeiro a revista do mes de xaneiro de A Voz de Barbantia e tamén o libro de Anxos Sumai A lúa da colleita. Ó acto asistiron o alcalde Adolfo Muíños, a autora do libro e os tamén escritores Antón Riveiro Coello, Iria Lago e Uxía Casal.
Actos Castelao 2014 e xira da Escola de Música de Rianxo
22 XanXa están dispoñibles as actividades a desenvolver polo concello de Rianxo con motivo dos actos Castelao 2014.
Cabalgata de Reis de Rianxo, 2014
7 XanNa tarde de onte celebrouse como cada ano a tradicional cabalgata de reis en Rianxo.
Este ano, truncáronse todos os prognósticos. Tanto organizadores (Concello), como colaboradores (Comisión das Juadalupeñas e Cafetería Toffe) afanáronse en cumprir a programación que estaba prevista, pero debido ás inclemencias meteorolóxicas tan adversas, houbo un cambio de plans e, finalmente, o evento tivo que desenvolverse no Auditorio.
Ainda así, a afluencia do público foi moi grande, e tanto grandes coma cativ@s achegáronse polo Auditorio para poder desfrutar dunha tarde das máis entrañables de todo o ano para nenas e nenos (e non tan cativos).
Nós puidemos estar no backstage, polo que acompañamos e sacamos fotos ás súas Maxestades, paxes e demais acompañantes antes de que os cativos de Rianxo lles contaras os regalos que lles pediran. Velaquí a secuencia:

Galardón a Adolfo Muíños
4 XanO alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, acaba de ser galardoado co premio “Osíxeno”, pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA. Segundo esta organización, é merecente deste premio “pola valente decisión de abandonar SOGAMA e a incineración e solicitar a incorporación á Mancomunidade do Barbanza para compostar os residuos urbanos”.
Un ano máis, e van xa 13 edicións, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA). En 2009 instituiuse o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira edición recibíu D. Isaac Díaz-Pardo.
Dende aquí queremos agradecer a Adolfo por amosarnos que pasiño a pasiño un outro mundo é posíbel!!!
Presentación do libro Sobre Ruinas
27 DecO pasado 13 de decembro presentouse no Auditorio de Rianxo Sobre ruínas, o novo poemario de Xesús Rábade Paredes, escritor cospeitense, pero rianxeiro de adopción.
Imaxes con Fondo
18 DecDende o 13 de decembro até o 4 de xaneiro do 2014, poderemos desfrutar dunha exposición do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A exposición Imaxes con Fondo, que nace dun concurso de fotografía, pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe.
Nesta expo, participa unha rianxeira de 23 anos que se chama Raquel Cespón Romero, quen nos conta que a súa formación en fotografía comezou en outubro do ano pasado con algúns cursos que organiza a USC, como obradoiros de creatividade fotográfica ou creación de proxectos fotográficos. Na actualizade participa en diferentes actividades do Fotoforum Compostela, como algunha exposición colectiva, un fotolibro ou actividades mensuais como a fotoliga que organizan.
Tempo de acivros. Tempo de libros
17 DecO venres 13 de presentouse no auditorio de Rianxo o tríptico de recomendacións lectoras Tempo de acivros. Tempo de libros.
O tríptico está elaborado polas bibliotecas escolares do CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel e a Escola Infantil A Galiña Azul de Rianxo xunto coa Biblioteca Pública Municipal Castelao.
Velaquí unhas poucas fotos da gala:
Partido Unión – Rois (prebenxamíns)
27 NovO sábado 23 disputouse no campo de Vilas o segundo partido de liga dos prebenxamíns.
Nesta ocasión, a superioridade dos pequechos do Unión fíxose palpable e acadaron un resultado de 22-0!!!
Non arranca mal esta primeira toma de contacto dos nosos cativos co futbol, despois do empate na casa dos de Cesures. Agardemos que siga a racha e os nenos sigan divertíndose que, a fin de contas, é o que importan a estas idades.
Deixamos unhas poucas fotos do transcurso do encontro:
V Trofeo de Xadrez Distribunosa-Concello de Rianxo
26 NovO pasado 31 de agosto, celebrouse na nosa localidade o V Trofeo Internacional Distribunosa-Concello de Rianxo. Nós estivemos alí, polo que temos en fotos algúns deses momentos do encontro e tamén a entrega de trofeos.
Houbo máis de 250 participantes de todas as idades e de moitos lugares (galegos e do resto de España, pero tamén de Francia, Cuba, Serbia, Inglaterra, Uzbekistán, Portugal ou Lituania), o que demostra a capacidade de convocatoria deste trofeo rianxeiro. Ademais, en Rianxo participaron tres Grandes Mestres Internacionais (a nivel mundial hai 1.420).










