Dende a Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” do CEIP Ana María Diéguez de Asados coméntanos que onte decidiron, nunha reunión, non mandar mañá aos seus fillos á presentación do curso escolar. Nesta xuntanza estivo un representante do CEP de Taragoña (con que comparten o mestre especialista en Audición e Linguaxe), ademais de membros do Concello, o BNG, o PSOE e Rianxo en Común.
Seguir lendo
Os nenos do CEIP Ana María Diéguez non irán ao inicio do curso escolar
9 SetO CEIP Ana María Diéguez, sen cubrir as súas necesidades educativas
8 Set
Imaxe da ANPA Fonte da Revolta
A Asociación de Nais e Pais “Fonte da Revolta” vén de informarnos que despois das mobilizacións do pasado mes de maio, “as necesidades dos alumnos e alumnas do CEIP Ana María Diéguez seguen sen estar totalmente cubertas pola Xunta de Galicia”. Comentan que para este curso non se asigna “un mestre especialista en Audición e Linguaxe a tempo completo, como o precisan os alumnos e alumnas do Centro, e non dota dun mestre de apoio como correspondería ó novo número de unidades de infantil”.
Fotos da andaina ata o Pozo Bastón
10 AgoOnte pola mañá convocamos a quen se animase a participar nunha andaina duns 11 quilómetros, os que unen a Ponte de Té, en Taragoña, co Pozo Bastón, no Araño. E a verdade é que a experiencia non puido resultar mellor, xa que ao percorrido fomos unhas 42 persoas, ás que se uníu outra media ducia na Ferrería. Velaquí un pequeno resumo rápido de como foi a mañá.
Ruta polo río Te ata o Pozo Bastón
2 AgoDende Rabunho Rexeita e dende Fotos de Rianxo gústanos presumir, e moito, das paraxes de Rianxo. Por esa razón, o próximo domingo, 9 de agosto se nos ocurríu facer unha ruta de sendeirismo, á que vos animamos a unirvos. Se queres pasar unha agradable mañá desfrutando da paisaxe rianxeira, só te tes que apuntar en http://ir.gl/rutaTe
Fotos de San Pedro de Vilas 2015
29 XuñO pasado sábado 27 de xuño, baixo un sol de verán duro e a sombra das árbores de Vilas, tivo lugar a romaría de San Pedro. Nesta ocasión o día non amenceu cun torrente de auga, como si acontecera no 2014. E tendo a opción de ir á praia, moitos rianxeiros decidíronse por unha festa no monte cun encanto que non atopamos noutras celebracións.
Seguir lendo
Dende a ANPA da escola de Asados denuncian o abandono por parte da Xunta
26 Mai
Imaxe da ANPA Fonte da Revolta
Hoxe vin en La Voz de Galicia que dende a Asociación de Nais e Pais Fonte da Revolta do CEIP Ana María Diéguez de Asados enviaron 1.847 sinatura á Consellería de Educación 1.847 para que se habilite unha nova unidade de infantil “dada a masificación que hai nas dúas aulas existentes”. Por outra banda, solicitan a “dotación dun mestre especialista en Audición e Linguaxe (AL) con dedicación completa, por non seren atendidos todos os nenos e nenas que o precisan”.
Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo
26 FebXa temos lista a colección completa de imaxes do que deu de si a III Marcha BTT de Rianxo. En concreto xuntamos 2.530 fotografías de distintos puntos da proba. Para que vexades mellor as imaxes, velaquí todo organizadiño por zonas:
Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo
17 FebUn Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.







