Arquivo | cultura RSS feed for this section

Sés, gañadora do premio Leixaprén

24 Xuñ

A cantante María Xosé Silvar, Sés, foi a gañadora do premio Leixaprén, que recoñece a defensa e promoción da lingua galega. Sés, considera como a grande innovación artística da música galega, resultou ser a máis votada polos
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián e a defensa e promoción que fai da lingua galega.

Seguir lendo

Presentación de Remontar o río

18 Xuñ

10264752_789433577747570_8063633826135492642_n

O pasado 30 de maio, tivemos a oportunidade de asistir no salón de actos do auditorio de Rianxo, á presentación do libro de poemas “Remontar o río” da nosa veciña e grande escritora Helena Villar Janeiro.

Seguir lendo

O labor dos creadores do século XXI

10 Xuñ

Hoxe é un día grande para Fotos de Rianxo, pois vense de presentar o libro O  labor dos creadores do século XXI. Nel Óscar Reboiras e Xoán Antón Castro, ámbolos dous integrantes desta nosa/vosa bitácora nos vemos representados.

Podedes atopar toda  a información no web http://www.rianxofala.com/#!labor1/c1bys

Queremos dende aquí agradecer ó C.R.A de Rianxo, ó CEP “Brea Segade” de Taragoña e ó IES “Félix Muriel” de Rianxo por contar connosco para este proxecto que valoramos tanto.

Moitas grazas!!!

 

Día das Letras Galegas 2014 en Taragoña

23 Mai

Taragonha01

O pasado 17 de maio, a xente da Asociación Antrospinos organizaba en Taragoña unha festa. Celebrábase a festa das nosas letras, o Día das Letras Galegas 2014. Ademais, pedían ir coa indunmentaria de 1906 para facelo máis enxebre.

Seguir lendo

IX Serán Mar de Rianxo

20 Mai

A Asociación de música e baile tradicional de Rianxo Vai de Roda organiza o próximo 31 de maio no Campo de Arriba o IX Serán Mar de Rianxo.

IXSeraMarRianxo

Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal

29 Abr

IMG_0009 copia

O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.

Seguir lendo

Presentación do disco Once Badaladas

27 Abr

A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, organiza o 4 de maio concerto-presentación do disco Once Badaladas da agrupación Alvariza. Será no Auditorio de Rianxo a partir das 19:00 h. Alí poderán mercarse as entradas (1€) e entrar no sorteo de 2 CDs de Alvariza.

Concerto e inchables en Isorna

27 Abr

 

Este xoves, 1 de maio, en Isorna, haberá un concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. Realizarase no Souto de Isorna e, dende as 16.00h haberá inchables, xogos e obradoiros. No evento, no que colabora o Toffe, poderase desfrutar do concerto a partir das 18.00h

Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo

15 Abr

IMG_0077 copia

O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.

Seguir lendo

Premios Irmandade do Libro

10 Abr

IMG_0001 copia

O pasado sábado 5 de abril, puidemos asistir ós XXIII Premios Irmandade do Libro, entregados pola Federación de Librarías de Galicia no Auditorio de Rianxo.

Seguir lendo