Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

Saraiba e mal tempo

10 Feb

Pode semellar neve, pero non, é saraiba. A imaxe está tomada no Araño e xa vedes que o mal tempo non só é chuvia, vento e frío.

saraiba

José María Vicente, o descubridor do casco de ouro de Leiro

24 Xan

josemaria1

Abril de 1976. En Estados Unidos acábase de fundar un xigante tecnolóxico, Apple. Mentres, en Rianxo, José María Vicente (25/05/1936) un mariñeiro de Leiro, está a traballar. O choio é o choio e os tempos son os que son. Andan a roubar o gasoil para os barcos, botando nas garrafas auga, para que a xente non desconfiase, pero iso despois trae consecuencias para os motores.

Seguir lendo

De Rianxo a Santiago en 2 minutos

21 Xan

Non vos mareedes 😉

Datos de fotosderianxo.com no 2013

1 Xan

Como dá comezo o 2014, queremos compartir con vós as cifras do blog durante o ano pasado. Realmente o que nos motiva a traballar e a sacar noticias e cousas interesantes é saber que hai moita xente detrás que nos segue, que nos le e que difunde o que facemos, aí que queremos compartir con vós o informe que nos manda WordPress do 2013.

datos2013Pero tamén queremos nós debullarvos as cifras, para que non teñades que andar traducindo do inglés 😉 Comezamos!

Seguir lendo

Os escudos de Rianxo debuxados por Castelao

26 Dec

Como ben sabedes, hais uns días publicamos un post sobre os escudos rianxeiros nos que se baseou Castelao para facer o de “Denantes mortos que escravos”. Aí comentamos que fixo un traballo xunto con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado pola revista Nós, no nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle máis de 30 escudos diferentes.

Grazas ao Museo de Pontevedra, podemos ver eses escudos, algúns dos cales non chegaron ata os nosos días:

casamaroma

Escudo na chamada Casa da Maroma, en Rianxo

Seguir lendo

A inspiración do escudo de Castelao

12 Dec

Como sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?

escudocastelao

Seguir lendo

Onde se atopa esta imaxe?

8 Dec

imaxe

Alguén sabería dicir en que sitio do Concello de Rianxo se atopa esta imaxe? O único que podemos dicir é que está na fachada dunha casa particular.

Por que aos de Taragoña lles chaman “Cangrexeiros”?

25 Nov

Este verán, grazas ao amigo Carlos Bastos, descubrín a historia de por que aos habitantes de Taragoña tamén lles chaman “Cangrexeiros”.

O caso é que todo vén a raíz dunha historia acontecida por un veciño da parroquia. Este home chamábase Felipe “O Delgado” e vivía na aldea do Burato. Viña dunha familia de cartos, pero foron vendendo aos poucos todo o seu patrimonio, acabandando co capital e quedaron sen un can.

Seguir lendo

O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)

23 Nov

Na aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.

horreosmeiquiz1

Seguir lendo

100.000 visitas!

22 Out

Onte chegamos ás 100.000 visitas no blog, así que vos queremos dar as grazas as dúas persoas que conformamos fotosderianxo.com! A verdade é que están a ser meses moi intensos e estamos moi agradecidos por todo o voso apoio e cariño, tanto a través do blog, como do facebook e dos encontros en persoa para a exposición de Ruando Rianxo.

Ademais, curiosamente onte batemos a marca de visitas, con 2.342 grazas ás imaxes dos photocall da Pasarela da Lúa 2013. Vemos que estades moi pendentes desas fotos, así que sabede que as estamos rematando de editalas todas 😉

_MG_7608