Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

O invernadoiro con fiestra de alumunio de dobre cristal

2 Feb

IMG_5232

 

Ola. Hoxe traémosvos unha destas cousas totalmente intrascendentes, pero ben curiosas 🙂 O primeiro invernadoiro de Rianxo con fiestra das boas, como as das casas.  Seguir lendo

De cando sor Lucía, a do milagre de Fátima, veraneou en Rianxo, se lle apareceu Deus e foi a un discurso de Castelao

8 Xan

Antes de nada, teño que comentar que este post é todo mérito de Rabunho Rexeita. Para quen non o coñeza, é unha das referencias do noso Concello en canto a historia, curiosades e información. E máis en concreto na parroquia do Araño. O caso é que un día estando con Tito, de Rabunho Rexeita, e con Juan Carlos Collazo, experto no noso patrimonio arqueolóxico, faláronme desta historia, que por outra banda xa publicara Tito.

Seguir lendo

María, lavando á man nun lavadoiro de Taragoña

8 Xan

lavandeira

Hai varias décadas, cando non existían electrodomésticos e había que lavar a roupa, os lavadoiros eran un punto de referencia para a veciñanza. Alí xuntábanse as mulleres coas sabas, roupa interior, pantalóns e saias para fregar e refregar contra a pedra, dándolle con xabón e cepillo. No noso Concello hai moitos lavadoiros e, aínda que parezan cousa do pasado, aínda hai xente que os usa.
Seguir lendo

Datos do blog no 2014

1 Xan

Como cada ano, a xente de WordPress, a plataforma na que temos o noso blog, fixo un pequeno resumo dos datos da nosa páxina durante o 2014, que podes consultar de forma completa facendo clic aquí.

Facendo un breve resumo, dicirvos que se xa no 2013 estabamos moi contentos coas visitas, este ano a cousa foi aínda mellor e chegamos á incrible cifra de máis de 100.000 visitas en todo o ano. En concreto, 100.828 visitas como podedes ver na seguinte táboa. Só no mes de setembro, con todo o relacionado coa Guadalupe, acadamos preto de 18.000 visitas.

cifras2014

 

Tivemos visitantes virtuais de 88 países do mundo, algúns de seguro que entraron por despiste, porque entrou xente de Bangladesh, Zimbabwe ou Mozambique. Aínda que rianxeiros xa sabemos que hai por todo o mundo 😉

Iso si, os EEUU foron con 1.960 visitas o país estranxeiro que máis nos seguíu. A continuación o Reino Unido, con 1.588 visitas e despois A Arxentina, con 637 ou Suíza con 603.

Publicamos 193 artigos en todo o 2014. En canto aos temas que máis interese espertaron, este foi o top 5:

1. Fotos e crónica da II Marcha BTT de Rianxo (2.029 visitas)
2. Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso (1.736 visitas)
3. Malestar en Asados por un cartel (1.623 visitas)
4. Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro (1.615 visitas)
5. O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro (1.504 visitas)

Neste 2015 sabemos que será complicado chegar outra vez a esas 100.000 visitas, pero intentaremos sorprendervos con novos temas, curiosidades, cousas divertidas, cultura e imaxes do noso Concello.

Feliz 2015

30 Dec

Dende fotosderianxo.com, tanto Xoán coma Óscar, queremos desexarvos moi felices festas e bo 2015. Agardamos poder seguir contándovos no vindeiro ano moitas cousas sobre todo o que acontece Rianxo, fotografando as nosas xentes e os recunchos máis fermosos do noso concello. E sobre todo, desexamos publicar cousas positivas, que o 2015 veña cargado de boas noticias, de saúde e de ledicia. Unha aperta!

(Fai clic sobre a imaxe para vela en grande)

fin de ano (1 de 1)

A igrexa de Rianxo, por Castelao

20 Dec

Sabemos que Castelao ten moitos debuxos. Seguramente tantos, que non adoitamos relacionalos con Rianxo. Noutro post xa vos amosamos os dos escudos do concello. Hoxe queremos que vexades un par deles sobre a igrexa de Rianxo.

igrexasantacolumba

Ilustración no libro Cousas

Non me digades que non está igual a igrexa de Santa Columba que hoxe en día:

O primeiro deles é do tímpano da igrexa de Santa Columba. A imaxe está sacada do blog de Xosé Comoxo:

E aquí a comparativa cunha foto da igrexa:

Adorna Rianxo

17 Dec

ÁRBORE DE NADAL Auditoiro

Queremos hoxe amosarvos un fermoso traballo que podemos contemplar polas rúas de Rianxo. Trátase de “Adorna Rianxo“, unha iniciativa popular coordinada por Pepa Martínez (A Fiestra artesanía) e secundada por unha chea de veciños de entre 6 e 80 anos, que consistíu en confecionar durante dous meses adornos de Nadal feitos con material de refugallo tales como lá, tapóns de botellas e botes, cd´s, anacos de teas, latas…, as cales foron dispoñendo de tal maneira que é unha marabilla podelas contemplar pola vila adiante.

Seguir lendo

As casas das cunchas rianxeiras

16 Nov

casa

Todos coñecemos de seguro a capela da Illa da Toxa. A súa gran peculiaridade é que está cuberta de cunhas de vieira. Aínda que no noso concello esa solución non é habitual, si que temos algúns exemplos parecidos.

Seguir lendo

A que lle chaman “rianxo” en Ourense?

16 Nov

Faro de Vigo. Foto de Jesús Regal

Para nós Rianxo é o noso concello. A terra de grandes escritores, de bos músicos, de mellor xente, de grandes produtos do mar e da terra… Pero en Ourense, a palabra “rianxo” ten o seu propio significado.

Seguir lendo

Rianxo, no programa “España, entre el cielo y la tierra”

1 Nov

rianxo

Nun dos programas de TVE, “España, entre el cielo y la tierra”, podemos ver un minutiño a Rianxo dende o ceo. O programa era sobre Galicia, pero no minuto 44:30 pasan por Rianxo.

O programa emitiuse por primeira vez o 17 de xullo de 2005, polo que podemos apreciar algún que outro cambio. O máis chamativo, sen dúbida, é o do porto, totalmente cambiado. Hoxe en día a distribución é moi diferente e non estaba tampouco o peirao da T.