Arquivo | política RSS feed for this section

Debate electoral no Canal Rías Baixas

15 Mai

Acaba de celebrarse na televisión Canal Rías Baixas un debate entre catro dos seis candidatos nas eleccións municipais de Rianxo. Segundo puidemos saber, a norma do debate era que participasen os partidos con representación na actualidade no Concello, por iso non estaban os candidatos de Ciudadanos e de Compromiso por Galicia.

Sen máis, compartimos o vídeo no que participan Adolfo Muíños (BNG), Germán Allut (PP), Mari Carmen Figueira (PSOE) e Julián Bustelo (Compromiso por Galicia).

Listas para as municipais 2019 no concello de Rianxo

7 Mai

A final de mes terán lugar as eleccións locais. Nesta ocasión concorren en Rianxo 6 partidos, dous máis que nos anteriores comicios. Compartimos con vós as candidaturas e as listas. Establecemos a mesma orde que o número de candidatura da circunscrición electoral de Rianxo e compartimos as imaxes de cada partido.

Seguir lendo

Resultados das eleccións xerais 2019 en Rianxo

28 Abr

Co 100% dos votos escrutados en Rianxo nas eleccións xerais ao Congreso, o partido máis votado foi o PSOE. Pasamos a reproducir as papeletas que recibiu cada formación:

  • PSOE: 2.020 (29,45% dos votos)
  • PP: 1.641 votos (23,92%)
  • Unidas Podemos: 1.137 votos (16,57%)
  • BNG: 879 votos (12,81%)
  • Ciudadanos: 572 votos (8,34%)
  • VOX: 334 votos (4,87%)
  • Nulos: 102 (1,47%)
  • En Marea: 84 votos (1,28%)
  • PACMA: 70 votos (1,02%)
  • En branco: 60 votos (0,87%)
  • PCOE: 16 votos (0,23%)
  • Converxencia por Galicia: 16 votos (0,23%)

Seguir lendo

Canto debe o concello de Rianxo? Dato a finais de 2017

24 Ago

O Ministerio de Facenda acaba de publicar a débeda bruta e a débeta por habitante de cada concello. A última vez que a analizamos neste blog foi en 2014, cun dato relativo ao ano anterior. Daquela debíanse 3,27 millóns de euros. Baixou, subiu ou está a cousa igual?

Seguir lendo

“Todos en Rianxo queremos un centro de día”

30 Ago

Cúmprense 50 días dende a Plataforma Centro de Día para Rianxo se pechara no Concello reivindicando a necesidade deste servizo para a nosa localidade. Nese sentido, quixemos saber de primeira man as impresións do equipo de goberno sobre este tema e sobre os servizos sociais en Rianxo.

Seguir lendo

Video promoción Rianxo

19 Xan

Video que se fixo de Rianxo para promocionar o concello na feira Fitur, que se está a celebrar estes días en Madrid.

A chegada dos Reis Magos a Rianxo

6 Xan

A pasada noite os Reis Magos tiveron moitísimo traballo repartindo centos de regalos entre os nenos da localidade e da comarca. Pero antes, recibiron aos cativos de Rianxo tras chegar en barco.