Arquivo | política RSS feed for this section

Entrevista a Oscar Rial, candidato á alcaldía de Rianxo polo PSOE

19 Mai

Oscar_Rial_1

Velaquí o cuestionario que lle realizamos a Oscar Rial, que se presenta a través do PSOE á alcaldía de Rianxo.

– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).

– Boas, son Oscar Rial Lago, teño 42 anos, nacido en Isorna, onde teño un sentimento de pertenza moi grande a pesar de que vivín en Rianxo dende os 2 ata os 29 anos, xa que é a terra onde viven meus avós e gran parte da miña familia. Tamén vivín en Boiro e, na actualidade, levo 7 anos vivindo na Laxe Pequena, en Taragoña, coa miña muller Yolanda (Yoli) e os meus tres fillos: Sofía, Manuel e Pedro.

Seguir lendo

Entrevista a Julián Bustelo, candidato á alcaldía de Rianxo por Rianxo en Común

14 Mai

Velaquí o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.

– Cóntanos un pouco sobre ti para que non te coñeza (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).

– O meu nome completo é Julián Bustelo Abuín, son de Traba (Araño) e traballo como arqueólogo. Presenteime ás elección por primeira vez fai catro anos e dende entón son o Voceiro de Rianxo en Común no Pleno da Corporación.

Seguir lendo

Pleno extraordinario no que se aproba o PXOM de Rianxo

13 Mai

Velaquí o pleno extraordinario onde se debate e se aproba provisionalmente o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello.

Debate entre os candidatos á alcaldía ao concello de Rianxo en Canal Rías Baixas

12 Mai

Velaquí o debate que tivo lugar na televisión Canal Rías Baixas. Participan Xusto Xosé Ordóñez, do BNG; José Luis Castiñeiras, do PP; Óscar Rial, do PSOE e Julián Bustelo, de Rianxo en Común.

Listas para as municipais 2023 no concello de Rianxo

25 Abr

O 28 de maio son as eleccións municipais, polo que toca escoller á corporación municipal. A principal novidade deste ano nas eleccións de Rianxo é que hai menos opcións á hora de votar. Se no 2019 se presentaron seis formacións políticas aos comicios locais, desta vez son catro os partidos que van disputar a alcaldía. En concreto, non terán listas nin Ciudadanos nin Compromiso por Galicia. Por outra banda, tres formacións presentan un novo cabeza de lista. Só repite como primeiro de lista Julián Bustelo en Rianxo en Común, mentres que Xusto Xosé Ordóñez (BNG), José Luis Castiñeiras (PP) e Óscar Rial (PSOE) se estrean como candidatos á alcaldía. 

Seguir lendo

Mari Carmen Figueira non repetirá polo PSOE nas próximas locais

23 Out

A Agrupación Socialista de Rianxo mandou unha nota de prensa indicando que “Mari Carmen Figueira, candidata socialista á alcaldía de Rianxo en 2015 e 2019, e actual primeira tenente de alcalde do municipio, non encabezará de novo a lista do PSdeG nos próximos comicios de maio de 2023”.

Seguir lendo

Fotos e vídeos do domingo nas festas da Guadalupe 2022 de Rianxo

12 Set

O domingo da Guadalupe é dos días grandes, porque A Moreniña pasea pola ría de Arousa. Faino nunha procesión marítima na que participan centos de rianxeiros e ducias de barcos, lanchas e ata motos acuáticas.

Seguir lendo

Inaugúrase o restaurante Aghro da Corna

17 Mai

Hoxe queremos felicitar dende aquí a Manu Gómez por apostar pola súa terra, por Rianxo, para abrir un novo restaurante. Neste caso trátase do Aghro da Corna, un local que está onde antes se situaba o portiño.

A verdade é que ten unha pinta inmellorable. O restaurante está decorado con moi bo gusto, non lle falta detalle e todo o equipo, nesta xornada de estrea, volcouse para que que o arrinque do Aghro da Corna fose todo un éxito.

Graciñas, Os Rosales!

5 Xuñ

“Sentíminos grandes e pequenos ao mesmo tempo”. Quen así falaba era Maruxa Miguéns, a metade de Os Rosales de Asados. Falaba en nome dela e do seu home, de Xosé Romero. Toda unha vida xuntos. Historia viva da música tradicional galega. Paixón e amor polo folclore, tal e como se recolle no libro que se presentou onte no auditorio, “Os Rosales. O son da festa”. 

Seguir lendo

Resultados das eleccións xerais de novembro de 2019 en Rianxo

11 Nov

Analizados os resultados das eleccións xerais de novembro no concello de Rianxo, a pregunta que nos facemos moitos é: cambiou moito o voto? Hai partidos que gañan e que perden votos. Vaiamos cos titulares:

Seguir lendo