Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

Concerto de Sés no auditorio de Rianxo

17 Feb

Image

Este pasado sábado María Xosé Silvar (Sés) presentou o seu último disco Co xenio destrozado no auditorio rianxeiro.

Durante dúas horas, a banda deleitou a un auditorio cheo, con cancións repletas de potencia, feminismo e cargadas de denuncia social, que nos fixeron vibrar e emocionarnos a cada golpe da voz desgarradora e doce desta magnífica artista.

Velaquí vos deixamos unha pequena escolla de fotos que fomos facendo ó longo do concerto.

Seguir lendo

Fermosa posta de sol en Rianxo

16 Feb

Un incrible vídeo onde podemos apreciar un momento tan bonito como o paso do atardecer ao anoitecer en Rianxo.

As obras da gasolineira do porto de Rianxo, a bo ritmo

10 Feb

gasolinerarianxo

Trátase dunha demanda que vén de antigo en Rianxo. Pero, por fin, semella que a gasolineira do porto de Rianxo será realidade nunhas semanas. De feito, xa podemos ver moi avanzada a obra que promove a empresa Neumáticos Soto (que xa ten outra estación de servizo en Taragoña).

Seguir lendo

Os do Clube de Remo non paran

10 Feb

Xa podemos estar todos con frío na casa, sen gañas de saír á rúa, que aí tedes aos do Clube de Remo de Rianxo, un sábado á mañá adestrando, faga o tempo que faga. Uns campións!

remo

Porto de Rianxo

13 Xan

Velaquí unha imaxe do porto de Rianxo un sábado á tarde, desfrutando dun tranquilo paseo:

porto

Cabalgata de Reis de Rianxo, 2014

7 Xan

Na tarde de onte celebrouse como cada ano a tradicional cabalgata de reis en Rianxo.

Este ano, truncáronse todos os prognósticos.  Tanto organizadores (Concello), como colaboradores (Comisión das Juadalupeñas e Cafetería Toffe) afanáronse en cumprir a programación que estaba prevista, pero debido ás inclemencias meteorolóxicas tan adversas, houbo un cambio de plans e, finalmente, o evento tivo que desenvolverse no Auditorio.

Ainda así, a afluencia do público foi moi grande, e tanto grandes coma cativ@s achegáronse polo Auditorio para poder desfrutar dunha tarde das máis entrañables de todo o ano para nenas e nenos (e non tan cativos).

Nós puidemos estar no backstage, polo que acompañamos e sacamos fotos ás súas Maxestades, paxes e demais acompañantes antes de que os cativos de Rianxo lles contaras os regalos que lles pediran. Velaquí a secuencia:

_MG_0426 copia

Seguir lendo

Os Reis Magos de Oriente no Toffe

7 Xan

O sábado pola tarde pasáronse polo Toffe as SSMM, Os Reis Magos de Oriente.

_MG_0425

 

Seguir lendo

Galardón a Adolfo Muíños

4 Xan

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, acaba de ser galardoado co premio “Osíxeno”, pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA. Segundo esta organización, é merecente deste premio “pola valente decisión de abandonar SOGAMA e a incineración e solicitar a incorporación á Mancomunidade do Barbanza para compostar os residuos urbanos”.

adolfo

Un ano máis, e van xa 13 edicións, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA). En 2009 instituiuse o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira edición recibíu D. Isaac Díaz-Pardo.

Dende aquí queremos agradecer a Adolfo por amosarnos que pasiño a pasiño un outro mundo é posíbel!!!

Descansa en paz, Popoio

4 Xan

Hai uns días, entereime de que morreu en Rianxo o Popoio. De seguro que moitos sabedes quen é, porque é un dos rostros inconfundibles da vila que asociamos sen dúbida ás festas da Guadalupe. Era unha desas persoas que sempre vías de bo humor e que lembras bailando diante da orquestra ou pasándoo ben neses días de setembro nos que o municipio se transforma e nos sentimos as persoas máis felices do mundo durante oito días.

popoio1

Seguir lendo

Precísanse figurantes para a belén vivente de Rianxo

2 Xan

Este ano a cabalgata de Reis, organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Cabalar e as Juadalupeñas, precisa de figurantes para o belén vivente.

Veña, anímate e participa na actividade! Se estás interesado, podes pode dirixirte ás oficinas de Cultura, no Auditorio, ou ben avisar á Concellería de Cultura do Concello: cultura@concelloderianxo.es

De seguro que o pasas moi ben e coa túa axuda ducias de nenos rianxeiros (e non tan nenos) pasarán un día de Reis marabilloso.