Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

Vídeo de Rianxo… o paraíso existe

9 Xuñ

Realizado por Begoña Rodríguez:

Días sen gloria

5 Xuñ

O pasado sábado 1 de xuño poidemos desfrutar dunha obra de teatro a cargo do Centro Dramático Galego no auditorio de Rianxo.

“Días sen gloria” é unha obra de Roberto Vidal Bolaño, desta vez dirixida pola galega aínda que afincada en Madrid, Fefa Noia. Esta obra de Bolaño xa fora esceneografiada polo propio autor hai xa 20 anos con el mesmo no papel de protagonista. Nesta ocasión, o actor Manuel Manquiña protagoniza o papel principal nun reparto no que tamén participan Eva Souto, Borja Fernández, Felisa Segade e Sergio Zearreta.

Image

“Días sen gloria” fala dun camiño que xunta a dous personaxes ben distintos, por un lado unha moza prostituta que trata de darlle caza a un cabaleiro que marchou a Compostela sen terlle pagado os seus servizos de duas semanas. Por outro lado, estará acompañada no seu periplo por un vello esmoleiro que a cambio de levala por atallos lle esixe unha recompensa en cartos e algo máis…

ImageImageImage

As aventuras e desventuras desta peculiar parella vanse debullando ó longo de 30 días en 50 escenarios diferentes que se condensan en hora e media de tensión continua, e na que se van atopando con cegos, tolos, prostitutas, predicadores, etc, e tamén co propio  cabaleiro rodeado dos seus achegados máis fieis.

ImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImage

Finalmente e logo de algunha que outra sorpresa inesperada, a obra remata co triunfo da solidariedade, do amor e, como non, coa morte, que dende un primeiro instante da obra xa se vén insinuando.

ImageImageImage

ImageImageImage

Fotos da III Travesía a nado Vila de Rianxo

4 Xuñ

O pasaso domingo 2 de xuño, tivo lugar a III Travesía a nado “Vila de Rianxo”. A proba comezaba no peirao e facíase por fases, xa que había tres categorías, correspondentes a tres distancias: 900, 1.500 e 2.000 metros.

travesia11

travesia1

travesia2

travesia3

travesia31

travesia4

travesia5

travesia6

travesia61

Son Brasilego

30 Mai

O pasado 24 de maio, no Auditorio de Rianxo tivo lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza a Central Folque co Concello de Rianxo.

Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentou o seu novo traballo Son Brasilego e estivo acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva (percusións, Baía). Na gravación deste último traballo, Sérgio estivo acompañado dunha constelación de máis de 40 artistas do Brasil, Portugal e Galiza: Uxía, António Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Emilio Rua, Carlos do Carmo, Óscar Fernández, Xoán Curiel, Pepe Sendón, Marcos Teira, Couple Coffe, Ariel Ninas…

Image

Polo escenario do auditorio poidemos ver pasar dende varias clases de guitarras, unha gaita, violín, e mesmo unha zanfoña.

Image

Image

ImageImage

Image

Image

Image

Image

Coido que para os alí asistentes a experiencia nos resultou gratificante, e os tres artistas afanáronse en esgrimir toda a súa arte para facérnolo pasar o mellor posible.

Ó saír do concerto fixémonos co CD, e o trío de artístas estiveron encantados de asinarnos nel.

Serán Mar de Rianxo

26 Mai

Na tarde noite de onte 25 de maio celebrouse no Campo de Arriba en Rianxo o VIII Serán Mar de Rianxo de Vai de Roda.

Ás oito da tarde comezaron a chegar xentes do Concello e doutros lugares da contorna e como non, os e as protagonistas do serán.

Iniciouse co “Seranciño”, no que os nenos e nenas das distintas agrupacións foron subindo ó escenario e deleitándonos coas súas actuacións.

ImageImageImage

Logo das dez da noite foi o turno para o Serán a cargo dos maiores de Vai de Roda e grupos da contorna de Rianxo que foron convidados pola agrupación local.

Image

Image

O ambiente durante toda a noite, e pese ó frío que facía, foi moi concurrido e os bailes moi frecuentes entre o público.

ImageImage

Tamén puidemos degustar tortilla de patacas con cebola e empanada de atún que os rapaces e rapazas de Vai de Roda foron repartindo polo campo adiante.

ImageImage

A verdade é que foi un pracer ver como nenos e nenas nos fixeron pasar tan bo rato, e logo cos maiores a festa xa foi rachada!!!

Podedes ver un bo lote de fotos mais na nosa páxina do facebok: aquí o enlace para poder velas.

Agardemos un aniño máis polo xa IX SERÁN MAR DE RIANXO

II Macro-recital ao son das letras vivas

19 Mai

O sábado 18 de maio tivo lugar no auditorio de Rianxo o II MACRO-RECITAL “ao son das letras vivas”, 50 rapsodas – 50 escritor@s (galeg@s e viv@s).

O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas organizou este II Macro-recital  para o cal se pretendía xuntar a 50 persoas que quixesenn subir a recitar/ler durante un minuto, os textos dalgún autor/a viv@ galeg@.

O evento foi moi entretido, e a poesía e prosa ían acompañadas nalgúns fragmentos por diversos instrumentos, dende a guitarra acústica, a guitarra eléctrica, o acordeón…, e mesmo dunha zanfoña. Polo escenario pasaron tanto persoeiros da política local de Rianxo, nenos e nenas, integrantes de Airiños e xentes vidas doutros lugares de Galicia. Todo istoo adobado pola agradable  presentación da directora de Airiños,  Esther Carrodeguas.

Image

Agardaremos un ano máis para poder desfrutar de eventos coma este e que o público sexa cada vez máis numeroso, pois onte no auditorio, a verdade, é que collía un bo fato de xente máis. “Aínda que, claro, o evento coincidiu con Eurovisión”…, jejeje

O Campo de Arriba

17 Mai

Hoxe imos deixar unha foto do Campo de Arriba, unha estampa típica de Rianxo.

Quen non se pasou horas e horas neste lugar emblemático da vila?

Image

Aproveitamos tamén, e agora que xa pasaron uns meses, para que nos deas a túa opinión de que che pareceu que se trasladara o mercado para aquí…

Fotos antigas de Rianxo

15 Mai

A Fonte do Campo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Barcos pescando en Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

A praia de Tanxil e o dique de Baltar. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Concello de Rianxo durante a ditadura franquista: Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Procesión da Guadalupe en Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Fachada marítima de Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Homenaxe a José Carnero Valenzuela, antigo boticario de Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

A U.D. Rianjesa, sociedade futbolística creada en 1928. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

A exposición rianxeira gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2013 da Xunta

14 Mai

Como sabedes, por segundo ano consecutivo, o colexio ADR Castelao de Rianxo foi o gañado do Concurso-Exposición Letras Galegas 2013 de educación primaria. Toda unha honra que dá mostra do seu gran traballo.

Esta mostra será exposta en todos os centros de Galicia, o que non deixa de ser un orgullo. E, como non podía ser menos, colgamos aquí os materiais que elaboraron:

A banda da Escola de Música de Rianxo cumpre 10 anos

13 Mai

Con motivo do X aniversario da banda Escola de Música de Rianxo, tivemos o pracer de asistir o sábado 11 de maio a un expectacular concerto da banda interpretando duas composicións de Johan Meij.

A primeira foi Aquarium, que viu precedida dunha proxección na que o propio autor das obras saudou a banda.

Image

Logo, e ante un auditorio abarrotado até a bandeira, a banda deleitounos coa sinfonía nº1 do Señor dos Aneis.

Cabe dicir que o auditorio se quedou pequeno, tanto pola xente que tentou entrar para ver o concerto como para os propios integrantes da banda que estaban cubrindo cada centímetro do escenario.

Logo da interpretación das obras interviron o presidente da banda Tobías Betanzos, e a concelleira de cultura  Hadriana Ordóñez, que se afanaron en loubar o labor da banda nestes anos.

Image     Image

Como colofón final houbo unha interpretación da Marcha Ceremonial do rianxeiro Antón Alcalde.

Precederon os saúdos do director da banda Rafael Collazo:

Image

Image

ImageImage

E o saúdo de toda a banda ao público asistente ao concerto:

Image

Dende aquí non nos queda míais que desexarlle á Banda da Escola de Música de Rianxo moitos anos máis de vida!!!