Por terceiro ano consecutivo as rúas do polígono de Te convertéronse nun circuíto no que demostrar non só quen é o máis rápido, senón quen é o máis hábil ao volante.
Fotos da XVIII Subida Castro Barbudo
7 AgoUn ano máis a Peña Cicloturista Castro Barbudo celebrou a súa proba máis veterana, que chegaba á maioría de idade. Desta vez chegou con novidades, xa que en lugar do sábado á tarde se desenvolveu durante a mañá do domingo. Ademais, había dúas categorías, a habitual marcha cicloturista, duns 31 quilómetros, e unha ruta de 62 kilómetros, puntuable para o Open De Galicia Xcm.
Fotos e crónica do II Trail Subida Pico Muralla “Concello de Rianxo”
25 XulO 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.
Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?
7 XulNo noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.
Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.
Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.
A noite na que a Santa Compaña regresa aos montes de Rianxo
28 MaiEsta pasada madrugada, entre o 27 e o 28 de maio, os montes de Rianxo enchéronse de luces. Ao lonxe, semellaba que as ducias e ducias de puntos luminosos que se estiraban e serpenteaban os carreiros formaban unha procesión de almas. A mesmísima Santa Compaña, que regresaba para guiar a vivos e defuntos ao máis alá.
Día das carrozas de entroido en Taragoña 2017
14 Mar
O pasado sábado 11 de marzo pola tarde celebrouse en Campo de Pasos, o tradicional desfile de carrozas e entroido que este ano tivo que ser adíado unha semana por mor do tempo. Aquí vos deixamos unhas cantas instantáneas do que por alí se viu así como a entrega de premios.
Fotos do entroido na escola Brea Segade de Taragoña 2017
26 FebQueremos darlle as grazas ao CEP Brea Segade de Taragoña, que nos pasaron as imaxes de como pasaron alumnos e mestres o venres de entroido.
IX Festival Antrospinos en Taragoña
29 XulHoxe comeza un dos grandes festivais de música organizados no Concello. En concreto, o Festival Antrospinos, que xa vai pola súa edición número nove e que se celebra en Taragoña.
Festas de Taragoña 2016
21 XulUnha das festas máis agardadas e con mellor cartel do ano acaba de chegar. Son das festas de Taragoña, que este ano se celebrarán entre o xoves 21 de xullo e o domingo 24 de xullo.
No cartel podemos ver grandes orquestras como Olympus, Abanico ou Super Fama. Ademais doutras como Aramio, La Nuevo Phila, Ritmo Joven, Terranova e D’Moda, ás que se unirán na animación musical as charangas e os grupos de gaitas. O dito, a desfrutar do verán coas Festas de Taragoña 2016.
Únete á Santa Compaña
21 XuñEste sábado 25 de xuño, pola noite, terá lugar unha iniciativa moi curiosa. Está organizada polo Club Barbantia Roda, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Sairase ás 23.00 horas de Campo Maneiro (Taragoña) e regresarase ao mesmo lugar despois de andar uns 10 quilómetros.