Arquivo | Taragoña RSS feed for this section

Fotos e crónica da XVII Subida ao Castro Barbudo

16 Xuñ

IMG (103)

Semella complicado que en 17 edicións dunha proba se poida innovar e sorprender, pero a Peña Cicloturista Castro Barbudo fíxoo no evento deste ano. Na súa tradicional proba de xuño non só ofreceron unha nova variante polas corredoiras e camiños de Rianxo e Lousame, senón que tamén incorporaron unha nova andaina, demostrando que peóns e bicicletas son os mellores compañeiros de viaxe no monte.

Seguir lendo

Mañá, último día para apuntarse á XVII Subida ao Castro Barbudo

8 Xuñ

Os amigos da Peña Ciclista Castro Barbudo organizan nin máis nin menos que a 17ª edición da súa tradicional Subida ata o monte que dá nome á súa asociación. Este ano, ademais, organizan unha andaina e a actividade será pola mañá, en concreto o domingo 12 de xuño.

Seguir lendo

Festa das Letras Galegas 2016 en Taragoña

21 Mai

HPIM1876

Compartimos hoxe con todos vós estas imaxes dalgúns dos momentos da Festas das Letras Galegas que tivo lugar o pasado martes 17 de maio en Taragoña, organizada pola Asociación do Festival Antrospinos.

Seguir lendo

Open de Galicia BTT no Castro Barbudo

19 Abr

Este sábado 23 de abril terá lugar no monte Castro Barbudo o V Trofeo Castro barbudo XCO 2016. As inscricións serán alí mesmo antes da carreira, a partir das 15.00 horas. a

Rianxo, no programa “Ribeiras de salitre” da TVG

7 Abr

O domingo pasado, o programa da TVG “Ribeira de salitre” estivo dedicado ao noso concello. Contou coa actuación das pandereteiras “Teidexal”, mentres que entrevistan ás mariscadoras Carmen Triñanes, Arancha Abuín e Carmen Ordóñez. Tamén falaron co bateeiro Ramón Vicente, con Eva Lesende, traballadora dunha das conserveiras de Rianxo e con Miguel Ángel Iglesias, Patrón Maior.

rianxo2

Vistas da nosa localidade dende o Castro Barbudo

12 Mar

Vistas da parroquia de Taragoña, Rianxo e Asados dende o Castro Barbudo neste vídeo en timelapse:

Fotos e crónica da IV BTT Concello de Rianxo

25 Feb

23022016-saida (2)

Sabemos que hai moita xente impaciente por esta entrada coas fotos e a crónica da cuarta edición da BTT Concello de Rianxo, que ademais este ano, como novidade, tamén foi andaina. E aquí a tedes. Faltan algunhas fotos por saír do forno, pero xa temos listas máis de 2.750 imaxes, polo que tedes para buscarvos e buscarvos.

Seguir lendo

Carrozas de Taragoña 2016

20 Feb

carrozas_taragonha 001

Por culpa do mal tempo, as carrozas de Taragoña tiveron que atrasarse ata hoxe. O tempo, por sorte, estivo de 10, polo que acompañou o evento, onde houbo un alto nivel, con cinco participantes.

Seguir lendo

Francisco Alcalde: “A nova lei de Acuicultura pon en perigo os sectores que viven do mar”

10 Feb

francisco-alcalde

Francisco Alcalde (1973), coñece ben o mar. Antes de ocupar a presidencia no Consello Regulador do Mexillón de Galicia foi produtor. Natural de Taragoña, coñece a importancia que ten o sector para a economía local e costeira de Galicia. Por iso é unha das voces críticas da Lei de Acuicultura, contra a que toda a xente do mar se uníu como unha piña en Fuenteovejuna.

Seguir lendo

XV Autocross O Castro

5 Out

autocross

Este próximo sábado, 10 de outubro, terá lugar en Taragoña o XV Autocross o Castro. A xornada comezará cediño, ás 9 da mañá, coa chegada dos participicantes e as oportunas verificacións. Así e todo, os motores comezarán a ruxir a partir do mediodía, cos adestramentos. E a adrenalina, derrapes e aceleróns viviranse sobre todo a partir das 14.45 horas, cando comezan as semifinais.